Lexión Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lexión Española
Legion-esp.svg
Tipounidade militar e tropas de elite
Data de fundación20 de setembro de 1920
Fundador(es)José Millán-Astray
Organización matrizExército de Terra de España
PremiosLegion memorial
SedeViator, Ronda, Ceuta e Melilla
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Lexión Española (en castelán: Legión Española) é unha unidade do Exército de Terra de España.

Orixe[editar | editar a fonte]

Fundada en 1920 por José Millán-Astray, foi creada orixinalmente como un terzo estranxeiro similar á Lexión Estranxeira Francesa. Despois de participar na guerra do Rif e na folga xeral revolucionaria de 1934 en Asturias, púxose do lado do bando sublevado rebelde durante a guerra civil española.

Polémica polo seu vínculo co franquismo[editar | editar a fonte]

En 2021 o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida restituíu o nome dunha rúa ao fundador da Lexión, que fora retirada para cumprir coa Lei de memoria histórica, feito amplamente criticado[1][2]. O argumento da sentenza que obrigou a restaurar o nome foi que a Lexión tamén tivo períodos democráticos e que o seu fundador non participara na guerra civil.[3]

Formación[editar | editar a fonte]

A Lexión está formada por catro terzos: "Gran Capitán" (1º), "Duque de Alba" (2º), "Don Juan de Austria" (3º) e "Alejandro Farnesio" (4º).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castrillo, Álvaro Sánchez (2021-08-26). "Una docena de calles honran aún a Millán Astray a pesar de su papel “fundamental” en el bando golpista". infoLibre (en castelán). Consultado o 2022-04-29. 
  2. León, Pablo Sánchez. "El caso Millán Astray: el juez, el historiador y el fin de un mundo". ctxt.es (en castelán). Consultado o 2022-04-29. 
  3. Riaño, Peio H. (2021-05-13). "Historiadores, contra la sentencia que mantiene una calle para Millán Astray: "¡Claro que participó en la Guerra Civil!"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-04-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]