Rishon LeZion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRishon LeZion
Imaxe

Localización
Mapa
 31°57′N 34°48′L / 31.95, 34.8Coordenadas: 31°57′N 34°48′L / 31.95, 34.8
EstadoIsrael
Distrito (pt) TraducirDistrito Central (pt) Traducir
Subdistrict of Israel (en) TraducirRehovot sub-district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación249.860 (2017) Editar o valor em Wikidata (4.234,92 hab./km²)
Xeografía
Superficie59 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude40 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1882 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRaz Kinstlich (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal75001–75199 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Téramo
Prešov (pt) Traducir
condado de Prince George
Heerenveen (pt) Traducir
Debrecen
Khárkiv
Lviv
Condado de Essex (pt) Traducir (1978–)
Münster (1981–)
Nîmes (1986–)
Lublin (1992–)
Heerenveen (1993–)
Tianjin (1994–)
Brașov (1996–)
San Petersburgo (2003–)
Qiryat-Chemoná (pt) Traducir (2006–)
Gondar, Etiopía (2008–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webrishonlezion.muni.il Editar o valor em Wikidata

Rishon LeZion (hebreo: ראשון לציון ) é unha cidade do Distrito Central de Israel, ao sur da cidade de Tel Aviv. Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Israel (CBS), a finais de 2015 a cidade tiña unha poboación de 243 973 habitantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Rishon LeZion tradúcese literalmente como ‘primeiro a Sion’. O termo ten a súa orixe no verso da Biblia:

Primeiro a Sion: «Mira, aquí están». E a Xerusalén: «Dareilles un mensaxeiro de boas novas»

Historia[editar | editar a fonte]

Rishon LeZion foi fundada o 31 de xullo de 1882 por inmigrantes xudeus do Imperio ruso.[2][3] Foi o segundo asentamento na Terra de Israel no século XIX, despois de Petah Tikva. Os pioneiros compraron 337.91 hectáreas de terra ao sueste da actual Tel Aviv, parte do territorio da vila árabe de Ayun Kara (literalmente 'fonte dos prantos').[3][4] Ayun Kara foi escenario dunha sanguenta batalla entre as tropas otománs e neozelandesas o 14 de novembro de 1917, como parte da primeira guerra mundial.[5] Os cidadáns levaron aos feridos a hospital de Rishon trala batalla.[6] En conmemoración dos soldados neozelandeses que caeron ese día, os habitantes de Rishon LeZion erixiron un cenotafio, porén este foi destruído máis adiante.[7][8]

Os fundadores da cidade tiveron diversas dificultades para asentarse debido ao terreo areoso, a escaseza de auga e a que carecían de experiencia na agricultura. Coa chegada de máis colonos, a cidade aumentou o tamaño. Durante a segunda ouleada de inmigrantes estaban membros notables como Fani Belkind, Israel Belkind, Shimshon Belkind, Yoel Drubin, Dr. Haim Hissin, e David Yudilovich. Cando o barón Edmond James de Rothschild chegou, enviou os seus administradores, grazas aos cales mellorouse a agricultura, o cultivo de cítricos e a viticultura. Baixo o padroado de Rothschild, estableceuse o viñedo Carmel-Mizrahi Winery.

En 1924, o exército británico contratou coa Compañía Eléctrica Palestina o tendido eléctrico. O contrato permitiu que a compañía estendera o tendido máis aló dos límites xeográficos orixinais que lle foran concedidos orixinalmente. A liña de alta tensión estendeuse a varias cidades e asentamentos agrícolas, ofrecendo conexións aos asentamentos xudeus de Rishon LeZion, Nez-Ziona e Rehovot, porén cidades árabes como Ramleh e Lydda quedaron fora da rede.[9] Segundo o censo palestino de 1922, levado a cabo polas autoridades británicas, Rishon LeZion contaba cunha poboacións de 1.396 habitantes, dos cales 1.373 eran xudeus e 23 musulmáns.[10] A poboación aumentou en 1931 ata os 2.525 habitantes repartidos en 648 casas.[11] Rishon foi erixida cidade en 1950. En 1983 contaba cunha poboación de 103,000. En 2006, 222,300 persoas habitaban na cidade. No ano 2007, Rishon LeZion foi galardoada co Premio do Ministerio do Interior israelí polo seu bo funcionamento.[12]

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do censo de 2016, a cidade conta cunha poboación de 243,973 habitantes,[13]: o que a sitúa como a cuarta cidade do país. Conta cun crecemento de poboación dun 5% anual[14] A maioría dos seus habitantes son xudeus.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais industrias de Rishon LeZion son o viño, construción, servizos e comercio. As fábricas e talleres sitúanse na vella área industrial, que chegou a ser moi popular polos seus pubs, discotecas e restaurantes. A industria da cidade divídese en dúas grandes áreas: a vella área industrial ao norte da cidade e a nova área situada ao oeste.[12]

Os dous grandes centros comerciais de Rishon LeZion son o Rothschild Center na zona vella e o Gold Mall (Kenyon HaZahav) no distrito novo occidental. Como parte dun plan quinquenal, para ser completamente autosuficiente en abastecemento de auga,[15] a cidade construíu unha planta desalinizadora, que produce 3,7 millóns de metros cúbicos de auga ao ano.[12]

Clima[editar | editar a fonte]

Rishon LeZion sitúase na costa mediterránea de Israel.

Datos climáticos para Rishon LeZion
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 17,8 18,4 21,3 25,9 27,9 29,2 30,6 30,5 28,8 25,2 20,1 18,5 24,52
Media mínima en °C 7,7 7,9 9,5 12,5 15,7 18,1 20,6 19,8 17,3 12,2 9,4 8,2 13,24
Precipitación media mm 244,7 108,9 61,4 25,3 3,5 0 0 0 2,1 47,9 73,7 236,8 804,3
Fonte: YR.NO[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En hebreo, el verso dice: ראשון לציון הנה הינם, ולירושלים מבשר אתן
  2. "History of Rishon LeZion". Rishon LeZion municipality. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 4 de febreiro 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Definition of enhakkore". Onlinedictionary.datasegment.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  4. "History of Rishon LeZion". Rishon LeZion municipality. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  5. "The Battle of Ayun Kara, Palestine, 14 November 1917". Desert-column.phpbb3now.com. Consultado o 24 de setembro 2011. 
  6. "Ayun Kara New Zealand Mounted Rifles". nzmr.org. 
  7. "Haswell-Hugh-Gordon-World-War-I,-1914-1918". Auckland War Memorial Museum. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  8. "Ayun Kara New Zealand Mounted Rifles". Nzmr.org. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  9. Shamir, Ronen (2013). Current Flow: The Electrification of Palestine. Stanford University Press. ISBN 978-0804787062. 
  10. [1]
  11. Mills, 1932, p. 23
  12. 12,0 12,1 12,2 "Municipality of Rishon LeZion Profile". Israel's Largest Enterprises 2008. Dun's 100. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 5 de abril de 2008. 
  13. "Instituto Central de Estatística de Israel - Listado de cidades" (PDF) (en hebreo). 31 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  14. "עיריית ראשון לציון - דף הבית". rishonlezion.muni.il. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2006. Consultado o 01 de febreiro de 2017. 
  15. Green, Michael (16 de outubro 2008). "Dig It!". The Jerusalem Post. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2008. 
  16. "Weather statistics for Rishon LeZion in Central Israel (Israel)". yr.no. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o September 1, 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]