Marc Chagall
Marc Chagall | |
---|---|
![]() Marc Chagall fotografado en 1941 por Carl van Vechten. | |
Nome | Mark Zakharovich Shagalov |
Nacemento | 14 de xullo de 1887 e 7 de xullo de 1887 |
Viciebsk | |
Falecemento | 28 de marzo de 1985 |
Saint-Paul-de-Vence | |
Nacionalidade | Ruso-Francés |
Cónxuxe(s) | Bella Rosenfeld, Virginia Haggard e Valentina Brodsky |
Fillos | David McNeil e Ida Chagall |
Movemento | Surrealismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Moishe Zakharovich Shagalov, nado en Viciebsk (Belarús, entón no Imperio Ruso) o 7 de xullo de 1887 e finado en Saint-Paul de Vence (Francia) o 28 de marzo de 1985, foi un pintor francés de orixe xudía belaruso, de estiño surrealista, máis coñecido como Marc Chagall. En 1960 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chagall era o máis vello de oito fillos. En 1907, Marc Chagall marcha a San Petersburgo, alí estuda na Sociedade de Patrocinadores da Arte onde baixo a tutoría de Nikolai Roerich, en 1910 marcha a París, e entra en contacto coas novas tendencias que estaban a xurdir, en 1914 regresa á súa vila natal, logo da revolución rusa, Chagall foi comisario de arte da súa rexión, en 1923 volta de novo a París, e en 1937 obtén a cidadanía francesa. Durante a segunda guerra mundial, debido á persecución dos xudeus polos nazis, Chagall deixa Francia e instálase en Nova York.
As obras de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marc Chagall ![]() |