Emmy Noether

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emmy Noether
Noether.jpg
Emmy Noether
Datos persoais
Nome completoAmalie Emmy Noether
Nacemento23 de marzo de 1882
LugarErlangen, Imperio Alemán Imperio Alemán
Falecemento4 de abril de 1935 (53 anos)
LugarBryn Mawr, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacisto ovariano
SoterradaOld Library
NacionalidadeAlemá
EtniaPobo xudeu
Actividade
CampoMatemáticas
Alma máterUniversidade de Erlangen
Director de tesePaul Gordan
Contribucións e premios
Coñecida porÁlxebra
Física teórica
PremiosPrêmio Memorial Ackermann-Teubner
editar datos en Wikidata ]

Amalie Noether, coñecida como Emmy Noether, nada en Erlangen (Baviera) o 23 de marzo de 1882 e finada en Bryn Mawr (EUA) o 14 de abril de 1935, foi unha matemática alemá, unha das de máis talento de finais do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de orixe xudía-asquenací. O seu pai, Max Noether, foi tamén un distinguido matemático e profesor na Universidade de Erlangen. Non amosou precocidade en matemáticas; de nova estaba máis interesada na música e na danza.

Doutorouse en 1907 e axiña acadou reputación a escala mundial. Porén, na Universidade de Gotinga, o seu compañeiro David Hilbert tivo que anunciar como propios no prospecto da universidade os cursos impartidos por ela. Seguiu unha longa controversia, na que saíron a relucir enquisas preguntando ós soldados o que pensarían se cando eles retornaran da guerra se atoparan con ter que aprender ós pés dunha muller, ou a consecuencia de que o seu ensino levaría aparellado o voto no claustro académico. Hilbert dixo "Non vexo que o sexo da candidata estea en contra da súa admisión na escala docente. Despois de todo, o claustro non é unha casa de baño". Foi finalmente admitida no ano 1919. Xudía, Noether foi forzada a saír da Alemaña nazi no 1933 cara aos EUA.

Fixo contribucións moi importantes ás matemáticas e á física teórica. Traballou en matemáticas sobre a teoría de invariantes e a teoría de aneis en álxebras non conmutativas. En física, chegou ó resultado crucial coñecido como Teorema de Noether, que converte condicións de invariancia respecto a transformacións xeneralizadas de sistemas físicos, é dicir, simetrías, en leis de conservación.

Os resultados do Teorema de Noether son parte fundamental da física moderna, baseada substancialmente en propiedades de simetría. Na súa honra foron nomeados os aneis de Noether.

Morreu en 1935, sendo o propio Albert Einstein autor dunha nota necrolóxica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88–91. ISBN 978-84-9043-882-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]