Natalie Portman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natalie Portman
Natalie Portman, 2011.jpg
Natalie Portman no 2011
Nacemento 9 de xuño de 1981 (32 anos)
Xerusalén, Flag of Israel.svg Israel
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Benjamin Millepied (2012–presente)
Fillo(s) Aleph Millepied Portman
Ficha na IMDb

Natalie Hershlag (Hebreo: נטלי הרשלג), de nome artístico Natalie Portman (Hebreo: נטלי פורטמן), nada o 9 de xuño de 1981, é unha actriz israelí-americana gañadora do Globo de Ouro e gañadora do Oscar polo filme Black Swan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende pequena, Portman pasou os veráns en campamentos de teatro onde desenvolveu o seu amor pola actuación. Despois de traballar en varios musicais de Broadway, foi seleccionada para a película Léon á idade de 12 anos. Durante os anos 90, Portman traballou en películas como Heat, Everyone Says I Love You , Mars Attacks! e Beautiful Girls.

Fala hebreo e inglés, e aínda que non os domina, tomou clases de francés, xaponés, alemán e español. É vexetariana e segundo manifestou, non toma ningún tipo de droga nin alcol.

A finais dos anos 90, foi seleccionada para o papel de Padmé Amidala na Triloxía Star Wars. Pese a isto ela decidiu seguir cos seus estudos de psicoloxía na Universidade Harvard. Destacan os seus últimos papeis en películas como Garden State, Closer, e V for Vendetta. Polo seu papel en Closer, recibiu o Globo de ouro e foi nomeada ó Oscar.

No ano 2011 recibiu o Oscar á mellor actriz polo seu papel na película de Darren Aronofsky Black Swan.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filme Ano Papel Notas
Léon 1994 Mathilda
Developing 1994 Nina Curtametraxe de 23 minutos
Heat 1995 Lauren Gustafson
Beautiful Girls 1996 Marty
Everyone Says I Love You 1996 Laura Dandridge
Mars Attacks! 1996 Taffy Dale
Star Wars Episode I: The Phantom Menace 1999 Padmé Amidala
Anywhere but Here 1999 Ann August
Where the Heart Is 2000 Novalee Nation
Zoolander 2001 Si mesma cameo
Star Wars Episode II: Attack of the Clones 2002 Padmé Amidala
Cold Mountain 2003 Sara
Garden State 2004 Samantha
Closer 2004 Alice Ayres
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith 2005 Padmé Amidala
Free Zone 2005 Rebecca
V for Vendetta 2006 Evey Hammond
Paris, je t'aime 2006 Francine
Goya's Ghosts 2006 Inés Bilbatúa & Alicia
My Blueberry Nights 2007 Leslie
The Darjeeling Limited 2007 Jack's Ex-Girlfriend
Hotel Chevalier 2007 Jack's Ex-Girlfriend Curtametraxe
Mr. Magorium's Wonder Emporium 2007 Molly Mahoney
The Other Boleyn Girl 2008 Anne Boleyn
Love and Other Impossible Pursuits 2009 Emilia Greenleaf
New York, I Love You 2009 Rifka
Brothers 2009 Grace Cahill
Hesher 2010 Nicole
Black Swan 2010 Nina Sayers
No Strings Attached 2011 Emma Kurtzman
Your Highness 2011 Isabel
Thor 2011 Jane Foster

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]