Xacobe
| Xacobe | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Xacobe[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xácome, Xaime, Santiago e Iago.[2]
En xaneiro de 2023 existían 230 varóns en Galicia co nome Xacobe, cunha media de idade de 20 anos[3] e 6 co nome Xacob, cunha media de idade de 23,3 anos.[4]
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Xacobe é a forma máis achegada ao orixinal hebraico, cuxa pronunciación é Iaakov, pasou ao latín como Iacobus e de aquí á forma galega. A Biblia di que Xacob tiña a súa man no talón de Esaú. A palabra hebraica para "talón" é akev, e para "man" é yad, representada pola letra hebraica "y", que se pronuncia iod e que significa "man". É dicir, que o nome Xacobe significa simplemente "man no talón".
De feito o seu nome hebraico ya'akov deriva dunha raíz hebraica que significa "protexer", polo que o nome tamén significaría "que Deus protexa" ou "Deus protexeu".
Xacobe noutras linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xacobe". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Xacobe na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Xacob na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.