O Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel (en sueco Sveriges Riksbanks pris i ekonomisk vetenskap till Alfred Nobels minne) foi instituído en 1969 polo Banco de Suecia (‘‘Sveriges Riksbank’‘), o máis antigo dos bancos centrais, para celebrar o tricentésimo aniversario da súa fundación.
O premio é xestionado pola Real Academia das Ciencias de Suecia, que o outorga anualmente, entregándose á vez que os premios Nobel (excepto o da Paz). Como nos premios Nobel, non pode repartirse entre máis de tres persoas en cada ocasión. O premio non é sufragado pola Fundación Nobel, senón polo Banco de Suecia, mais a cantidade é a mesma que a atribuída aos premios Nobel.
O premio acostuma ser citado como Premio Nobel de Economía, mais non é exactamente parte dos premios instituídos en 1895 por Alfred Nobel (distribuídos desde 1902), o que deu lugar a unha crecente polémica. Os críticos, entre os que se atopan membros da familia Nobel, consideran que o historial de concesións está nesgado para a economía neoclásica, especialmente a Escola de Chicago, e que o 80% dos premiados son estadounidenses (65%) ou británicos (15%). Alegouse tamén que despois dos primeiros anos non houbo suficientes economistas de mérito como para xustificar a concesión. Outro tipo de críticas procede das ciencias, desde as que se discute o carácter científico dos modelos teóricos desta disciplina.
2025: Joel Mokyr, "por identificar os requisitos previos para un crecemento sostido mediante o progreso tecnolóxico" e a Philippe Aghion e Peter Howitt, conxuntamente, "pola teoría do crecemento sostido a través da destrución creativa".[1][2]
2021: David Card, pola súa achega empírica ao estudo dos mercados laborais, e a Joshua Angrist e Guido Imbens, polas súas achegas metodolóxicas na análise das relacións causais en economía.
2018William Nordhaus e Paul Romer, por integraren nas análises macroeconómicas a longo prazo os factores ambientais e o cambio climático (Nordhaus) e as innovacións tecnolóxicas (Romer).
2009Elinor Ostrom, primeira muller a recibir esta distinción e Oliver Eaton Williamson, polas súas análises sobre o goberno económico e os límites das empresas.