Saltar ao contido

Levante mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Levante peninsular
Levante mediterráneo
 Xentilicio
    Levantine (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Parcialmente coincidente con
Implicados
 Ocupante
Historia
 Historia
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 Localización
 Bañado por
 Continente
 Comparte fronteira con
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   44.550.926 (século XXI) Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   3.088 m Qurnat as Sawda' (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF239021011 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04l_r Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Países do Levante mediterráneo.
En verde escuro: países constituíntes (Chipre, provincia de Hatay, Israel, o Líbano, Siria e Xordania)
En verde medio: países dos que algunhas das súas rexións están incluídas na rexión do Levante (Iraq e Sinaí)
En verde claro: países incluídos ás veces na rexión do Levante (Exipto, Grecia e Turquía)

O termo Levante ou, máis especificamente, Levante mediterráneo, alude historicamente a unha gran zona de Oriente Próximo situada ao sur dos montes Tauros, limitada polo mar Mediterráneo ao oeste, o deserto árabe ao sur e Mesopotamia ao leste.

Non inclúe as montañas do Cáucaso nin ningunha parte da península árabe ou Anatolia, aínda que ocasionalmente inclúese Cilicia.

A península do Sinaí tamén se inclúe, pero como área marxinal, como ponte entre o Levante e o norte de Exipto.

Ocasionalmente, os pobos levantinos dominaron a rexión situada entre o Sinaí e o río Nilo, pero esta rexión exclúese do Levante xeográfico.

Esta rexión ten sido unha zona comercial por excelencia, con distintas rutas comerciais que unían a costa e Exipto cos países do Oriente Medio, o que tamén provocou que fose durante séculos o escenario de distintos conflitos bélicos entre os pobos que intentaban manter o control do lucrativo comercio que discorría pola zona.

O Levante é tamén o nome da conca oriental do mar Mediterráneo (mar Levantino). As súas fosas descenden até cerca de 3 300 m (cerca da illa de Creta).

Tamén foi un paso comercial importante, posto que está no cruzamento de varias vías de comunicación míticas: as antigas dos fenicios, ruta da seda, ruta marítima ao Extremo Oriente polo canal de Suez etc.

Está limitada por Turquía, Chipre, Israel, o Líbano, Siria e Exipto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Abarca principalmente os países de Israel, Xordania, o Líbano, Siria e os Territorios Palestinos. Na zona converxen tres placas tectónicas importantes: a africana, a eurasiática, mar Vermello e Irán. Os límites entre as placas tectónicas seguen a liña Azores, Xibraltar, África do Norte, mar Vermello e Irán.[1] A placa árabe estase movendo cara ao norte contra a placa de Anatolia (Turquía) na falla do leste de Anatolia,[2] e o límite entre a placa Exea e a Anatolia do leste é activo sismicamente.[1]

Os países do Levante son sobre todo áridos ou semiáridos, sometidos a frecuentes secas; porén, existen extensións de bosques e vales fértiles. A rexión abunda en prados, devesas, zonas desérticas e montañas. A escaseza de auga é un problema en moitas partes, cunha demanda de auga potábel en aumento debido a que as poboacións están en continuo crecemento, mentres que a salinización e a contaminación ameazan os ríos.[3] A maior fonte de auga é o mar de Galilea, desde o que se leva auga para regar amplas zonas, como o deserto do Néguev. En Libia realizouse unha grande obra de enxeñaría, o Gran Río Artificial, que leva auga por medio de acuedutos até as cidades, desde acuíferos orixinados na última glaciación, aínda que non renovábeis. A rega por inundación de sucos ou por aspersión utilízase extensivamente, cubriedo case o total das terras destinadas á agricultura.[4]

As temperaturas oscilan entre os -10 °C e os 25 °C en xaneiro, e entre os 20 °C e máis de 35 °C en xullo. As temperaturas anuais na maior parte da rexión non sufriron case ningún cambio durante o período 1901-96, pero se prevé un aumento de 1 ou 2 °C cara ao ano 2030.[3]

  1. 1 2 Beaumont, Peter; Blake, Gerald H. & Wagstaff, J. Malcolm (1988): The Middle East: A Geographical Study. David Fulton, Ed. ISBN 1-8534-6093-1, páx. 22.
  2. ↑ Muehlberger, Bill. "The Arabian Plate". NASA, Johnson Space Center. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
  3. 1 2 Watson, Robert T.; Zinyowera, Marufu C. & Moss, Richard H. "Chapter 7: Middle East and Arid Asia". IPCC Special Report on The Regional Impacts of Climate Change, An Assessment of Vulnerability. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
  4. ↑ "Water managed areas and irrigation". Food and Agriculture Organization (FAO). Consultado o 4 de febreiro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Roaf, Michael (1992). Mesopotamia y el antiguo Oriente Medio. Folio. ISBN 84-7583-347-0. 
  • Ben-Tor, Amnon (2004). La arqueología del antiguo Israel. Ediciones Cristiandad. ISBN 84-7057-482-5. 
  • Reichert, Rolf (1973). Historia de Palestina. Editorial Herder. ISBN 84-254-0604-8. 
  • Arab, Khaled (2006). Reflexiones de un árabe laico. Club Universitario. ISBN 84-8454-453-2. 
  • Shaban, M. A. (1979). Historia del Islam. Ediciones Guadarrama. ISBN 84-335-0252-2. 
  • Runciman, Steven (1973). Historia de las cruzadas. Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-2997-1. 
  • Maalouf, Amin (1996). Las cruzadas vistas por los árabes. Alianza Editorial. ISBN 84-206-0782-7. 
  • Braudel, Fernand (1987). El Mediterráneo y el mundo Mediterráneo en la época de Felipe II. Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0775-9. 
  • Lewis, Bernard (1996). El Oriente próximo: Dos mil años de historia. Crítica. ISBN 84-7423-801-3. 
  • Hourani, Albert (2007). La historia de los Arabes. Ediciones B - México. ISBN 84-666-1538-5. 
  • López García, Bernabé (1997). El mundo árabo-islámico contemporáneo: Una historia política. Ed. Síntesis. ISBN 84-7738-488-6. 
  • Gatier, Pierre-Louis; Binst, Oliver & Polidori, Robert (2000). Oriente próximo: Historia y arqueología. Könemann. ISBN 3-8290-0498-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.