Cochin
Cochin | |
---|---|
കൊച്ചി - Cochim - Kochi | |
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Querala |
Xeografía | |
Altitude | 0 msnm |
Superficie | 94,88 km² |
Demografía | |
Poboación | 601 574 hab. (2011) |
Densidade | 7 139,34 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 682 |
Alcalde | Anil Kumar |
Cochin, en portugués Cochim,[1] en malayalam: കൊച്ചി, Kochi é a cidade máis grande do estado de Querala, na India cerca de 220 km ao norte da capital do estado, Tiruvanantapura. Formou parte do Estado Portugués da India entre 1503 e 1663. Hoxe pertence ao distrito de Ernakulam. É un dos principais portos na costa occidental do país. Tamén é a maior cidade da India que non ten máis da metade dos seus habitantes que profesan o hinduísmo.[2]
Topónimo[editar | editar a fonte]
Os xeógrafos, viaxeiros e comerciantes antigos referíanse ao asentamento nos seus escritos como Cochim, Cocym, Cochym, Cochin e Cochi.
Demografía[editar | editar a fonte]
A cidade de Cochin ten cerca de 600.000 habitantes, e a súa área metropolitana, mais de 1.500.000 habitantes, tornándoa a maior área urbana de Querala, a pesar de Tiruvanantapura ter, nos límites da cidade, mais habitantes que Cochin.
Linguas[editar | editar a fonte]
Como noutros centros urbanos da India, a lingua inglesa é falada, con distintos graos de soltura, por unha gran parte da poboación.
Historia[editar | editar a fonte]
Idade Media[editar | editar a fonte]
En 1102, Cochin converteuse na sede do Reino de Cochin, un principado con vínculos co Imperio Kulasekhara. Considerada como a "Raíña do Mar Arábigo", foi un importante centro de comercio de especias na costa dese mar desde o século XIV.
Idade Moderna e Contemporánea[editar | editar a fonte]
Ocupado por forzas portuguesas en 1503, pasou a ser un asentamento colonial europeo na India. Permaneceu a capital da India portuguesa até 1510, cando os portugueses elixiron Goa como a súa capital.

Máis tarde foi ocupada polos holandeses, os mysores e os británicos.
Séculos XX e XXI[editar | editar a fonte]

En 1947, cando a India obtivo a súa independencia do poder colonial británico, Cochin foi o primeiro principado en unirse voluntariamente á Unión India.[3]
Cochin creceu como un centro para a industria do transporte, o comercio internacional, o turismo e as tecnoloxías da información e da comunicación. É a localización comercial máis importante de Querala[4] e unha das metrópoles secundarias de máis rápido crecemento da India. Do mesmo xeito que outras grandes cidades dos países en desenvolvemento, Cochin segue loitando con problemas de urbanización como a conxestión do tráfico e o impacto ambiental da actividade humana.
Hoxe, a cidade mantén unha herdanza colonial de culturas e mestura tradición e modernidade.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Entre os moitos puntos históricos da cidade, relacionados co inicio do período colonial, destacan a Igrexa de San Francisco, onde foi enterrado Vasco da Gama (despois trasladado a Portugal), a Fortaleza de Cochin e a Sinagoga Paradesi, construída en 1568.
Edificios históricos[editar | editar a fonte]
- Igrexa de S. Francisco (1503), construída polos portugueses coa tumba baleira de Vasco da Gama
- Museo Indo-portugués
- Basílica de Santa Cruz
- Santuario construído xunto á Basílica de Santa Cruz dedicada á Nosa Señora de Fátima
- Distrito da fortaleza de Cochin
- Sinagoga de Cochin (1568)
- Palacio de Mattancherry
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Paulo, Correia (2020). "Toponímia da Índia — breve análise" (PDF). p. 4. ISSN 1830-7809. Consultado o 8 de outubro de 2020.
- ↑ Census of India, Religious demographics, 2001 - List of cities by population; Kochi: (Hindus 47%, Christians 35%, Muslims 17%)
- ↑ Corporation of Kochi. "History and culture of Kochi". Arquivado dende o orixinal o 2006-05-03. Consultado o 23-5-2006.
- ↑ "The Economy - Trade & Industry in Kochi". Arquivado dende o orixinal o 2006-05-03. Consultado o 2006-05-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cochin ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |