Saltar ao contido

Sigmund Freud

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaSigmund Freud

(1935) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Sigismund Schlomo Freud Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1856 Editar o valor en Wikidata
Příbor (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Londres (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteEutanasia, cancro de larinxe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaViena
Londres
Birth house of Sigmund Freud (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicanálise e neuroloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres
Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicanalista, neurólogo, ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresCarl Friedrich Wilhelm Claus, Alois Pokorný (en) Traducir, Ernst Wilhelm von Brücke (pt) Traducir, Ambroise-Auguste Liébeault, Jean-Martin Charcot e Theodor Meynert Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlfred Adler e Henri Flournoy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoOtto Gross e Moshe Wulff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMartha Bernays (1886–1939) Editar o valor en Wikidata
FillosMathilde Freud, Martin Freud, Oliver Freud, Ernst Ludwig Freud, Sophie Freud, Anna Freud Editar o valor en Wikidata
PaisJacob Freud Editar o valor en Wikidata  e Amalie Nathanson Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlexander Freud
Anna Freud Bernays
Pauline Regine Freud
Esther Adolfine Freud
Maria Freud
Regina Debora Freud
Julian Freud Editar o valor en Wikidata
ParentesEdward Bernays, sobriño
Lucian Freud, neto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0294438 Allocine: 37052
BNE: XX882790 Dialnet: 21889 iTunes: 122049187 Musicbrainz: a8e73e7b-5b8c-4dda-86c4-6c4a1567787e Discogs: 761054 WikiTree: Freud-15 Find a Grave: 1377 Editar o valor en Wikidata

Sigmund Freud nado como Sigismund Shlomo Freud en Freiberg (actual Příbor, na República Checa) o 6 de maio de 1856 e finado en Londres o 23 de setembro de 1939[1], foi un médico neurólogo austríaco de orixe xudeu, pai do psicanálise e unha das maiores figuras intelectuais do século XX.[2]

Foi o fundador da escola psicanalítica de psicoloxía, baseada na súa teoría de que o inconsciente determina o comportamento, de que certos tipos de pensamentos e recordos inconscientes, especialmente os sexuais e agresivos, son a fonte da neurose, e de que a neurose pode ser tratada traéndoos á consciencia a través dun tratamento psicanalítico. Tras recorrer inicialmente á hipnose para tratar fenómenos de histeria, abandonaríaa en favor da «asociación libre» e da «cura lingüística», que se converteron nos elementos clave da psicanálise.

É xeralmente designado como "o pai da psicanálise". Foi unha personalidade revolucionaria e controvertida xa no seu tempo. Posiblemente ningún outro explorador da psique penetrou tan fondamente na mentalidade humana do século XX. O seu impacto sobordou os límites da psicanálise, abranguendo varias áreas da cultura, entre elas, a arte, a literatura, a relixión, a antropoloxía, e outras.

A división de opinións que a figura de Freud suscita podería resumirse do seguinte modo: uns considéranlle máis un gran científico no campo da medicina, que descubriu gran parte do funcionamento psíquico humano; e outros o ven especialmente como un filósofo que reformulou a natureza humana e axudou a derrubar tabúé, pero cuxas teorías, como ciencia, fallan nun exame rigoroso.

O 28 de agosto de 1930, Freud foi galardoado co premio Goethe da cidade de Frankfurt am Main pola súa actividade creativa. Tamén en honra de Freud, ao que frecuentemente se lle denomina o pai da psicanálise, deuse o nome «Freud» a un pequeno cráter de impacto lunar que se atopa nunha meseta dentro de Oceanus Procellarum, na parte noroccidental ao lado visible da Lúa. [3]

Ao fundar a psicanálise, Freud desenvolveu técnicas terapéuticas como o uso da asociación libre e descubriu a transferencia, establecendo o seu papel central no proceso analítico. A redefinición de Freud da sexualidade para incluír as súas formas infantís levouno a formular o complexo de Edipo como principio central da teoría psicanalítica.[4] A súa análise dos soños como realizacións de desexos proporcionoulle modelos para a análise clínica da formación de síntomas e os mecanismos subxacentes da represión. Sobre esta base, Freud elaborou a súa teoría do inconsciente e pasou a desenvolver un modelo de estrutura psíquica que comprende o ego, superego e id.[5] Freud postulou a existencia dunha libido, enerxía sexualizada coa que se invisten os procesos e estruturas mentais e que xera apegos eróticos, e unha pulsión de morte, fonte de repetición compulsiva, odio, agresividade e culpa neurótica.[6] Nas súas obras posteriores, Freud desenvolveu unha ampla interpretación e crítica da relixión e da cultura.

Aínda que está en declive xeral como práctica clínica e diagnóstica, a psicanálise segue a ser influente dentro da psicoloxía, psiquiatría e psicoterapia, e entre as humanidades. Así, segue xerando un amplo e moi disputado debate sobre a súa eficacia terapéutica, o seu status científico e se avanza ou dificulta a causa feminista.[7] Porén, a obra de Freud infundiu o pensamento occidental e a cultura popular contemporáneas. A homenaxe poética de W. H. Auden en 1940 a Freud descríbeo como o que creou "todo un clima de opinión / baixo o cal levamos as nosas diferentes vidas".[8]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa conmemorativa de Sigmund Freud no seu lugar de nacemento.

Vida temperá e educación

[editar | editar a fonte]
photograph
Lugar de nacemento de Freud, unha habitación alugada en casa dun cerralleiro, Freiberg, Imperio austríaco (posteriormente Příbor, República Checa)
fotografía
Freud (16 anos) e a súa nai, Amalia, en 1872

Sigmund Freud naceu na cidade de Freiberg (agora Příbor), unha pequena cidade de Moravia,[9][10] daquela parte do Imperio Austrohúngaro e hoxe parte da República Checa. Procedente dunha familia xudeus asquenací non practicante, nunca usou o seu apelido xudaico Shlomo e xermanizou para Sigmund o seu nome orixinal Sigismund, recibido en homenaxe a un rei polaco do século XVI que fora tolerante cos xudeus. En 1877, ós 21 anos, abreviou definitivamente o nome co que pasou á historia.[11]

Os seus pais eran de Galicia, unha provincia histórica que se atopa actualmente dividida entre a actual Ucraína occidental e o sueste de Polonia. O seu pai, Jacob Freud (1815–1896), era un modesto comerciante de la, tivo dous fillos, Emanuel (1833–1914) e Philipp (1836–1911), froito do seu primeiro matrimonio (casou tres veces). A familia de Jacob eran xudeus hasidistas, e aínda que o propio Jacob se afastaba da tradición, era coñecido polo seu estudo da Tora. El e a nai de Freud, Amalia Nathansohn,[12] que era 20 anos máis nova que el, e a súa terceira esposa, casaron co rabino Isaac Noah Mannheimer o 29 de xullo de 1855.[13] O matrimonio estaba a pasar apuros económicos e vivían nunha habitación alugada, en casa dun cerralleiro no nº 117 da rúa Schlossergasse, cando naceu o seu fillo Sigmund.[14] Durante o parto naceu rodeado do saco amniótico, feito que a súa nai viu como un augurio positivo para o futuro do neno.[15]

En 1859, a familia Freud abandonou Freiberg. Os medio irmáns de Freud emigraron a Manchester, Inglaterra, separándoo do "inseparable" compañeiro de xogos da súa primeira infancia, John, o fillo de Emanuel.[16] Jakob Freud levou á súa muller e aos seus dous fillos (a irmá de Freud, Anna, nacera en 1858; un irmán, Julius, nacido en 1857, morrera na infancia) primeiro a Leipzig e logo, en 1860, a Viena, onde naceron catro irmás máis e un irmán: Rosa (n. 1860), Marie (n. 1861), Adolfine (n. 1862), Paula (n. 1864), Alexander (n. 1866). En 1865, Freud, de nove anos, ingresou no Leopoldstädter Kommunal-Realgymnasium, un destacado instituto. Demostrou ser un alumno sobresaliente e se graduó da Matura en 1873 con honras. Amaba a literatura e dominaba o alemán, o francés, o italiano, o castelán, o inglés, o hebreo, o latín e o Grego.[17]

A familia, de recursos limitados, vivía modestamente nun apartamento pero os pais farían un esforzo importante na súa educación desde moi novo. Era a época da apertura liberal do Imperio Habsburgo, que permitía ós xudeus abeirar esperanzas de progreso económico e aceptación social. Brillante nos estudos, ano tras ano, foi o primeiro da súa clase na escola.

Ós 17 anos ingresa na Universidade de Viena na facultade de Medicina onde permanecerá de 1873 a 1881 a pesar do intenso antisemitismo que comeza a abrirse paso en Austria. Tiña planeado estudar dereito, pero uniuse á facultade de medicina da universidade, onde os seus estudos incluíron filosofía con Franz Brentano, fisioloxía con Ernst Brücke, e zooloxía baixo o profesor darwinista Carl Claus.[18] En 1876, Freud pasou catro semanas na estación de investigación zoolóxica de Claus en Trieste, diseccionando centos de anguías nunha procura inconclusa dos seus órganos reprodutores masculinos.[19] En 1877, Freud trasladouse ao laboratorio de fisioloxía de Ernst Brücke (o cal converteuse nun gran mentor intelectual para el, polo que o seu cuarto fillo foi chamado Ernst na súa honra), onde pasou seis anos comparando os cerebros de humanos e outros vertebrados cos de ras e invertebrados como o lagostino e as lampreas. O seu traballo de investigación sobre a bioloxía do tecido nervioso resultou fundamental para o descubrimento posterior da neurona na década de 1890.[20] O traballo de investigación de Freud viuse interrompido en 1879 pola obriga de realizar un ano de servizo militar obrigatorio. Os longos tempos de inactividade permitíronlle completar un encargo para traducir catro ensaios das obras recollidas de John Stuart Mill.[21] Licenciouse cun MD en marzo de 1881.[22]

Carreira inicial e matrimonio

[editar | editar a fonte]
Martha Bernays esposa de Sigmund_Freud

En 1882, ansioso por progresar na vida, deixa a desgusto o laboratorio de neurofisioloxía e entra no Hospital Xeral de Viena. O seu traballo de investigación en anatomía cerebral levou á publicación en 1884 dun artigo influente sobre os efectos paliativos da cocaína, e o seu traballo sobre a afasia constituiría a base do seu primeiro libro On Aphasia: A Critical Study, publicado en 1891.[23] Durante un período de tres anos, Freud traballou en varios departamentos do hospital. O tempo que pasou na clínica psiquiátrica de Theodor Meynert e como Locum tenens nun manicomio local levouno a interesarse cada vez máis polo traballo clínico. As súas numerosas investigacións publicadas leváronlle a ser nomeado profesor universitario ou docente en neuropatoloxía en 1885, un posto non remunerado pero que lle daba dereito a dar conferencias na Universidade de Viena.[24] Meses antes nunha visita á casa da súa irmá coñecera a Martha Bernays e acabou namorándose dela. (Martha era neta do rabino de Hamburgo Isaac Bernays, o primeiro en formular a ortodoxia xudaica moderna.) Xa o 17 de xuño 1882 Martha e Freud prometéronse. Cinco anos máis nova, Martha procedía dunha familia xudía ortodoxa, mentres que Freud era un incrédulo que intentou separala das súas crenzas relixiosa. Freud tamén foi austero sobre o papel que desempeñaría Martha na súa casa despois de casar: aínda que pensaba que, nalgún momento futuro, a lei concedería ás mulleres os dereitos ata agora negados, tamén cría: exemplo de burguesía da súa época, que a muller debía cumprir o seu papel coas tarefas domésticas e familiares.[25]

En 1886, Freud renunciou ao seu posto hospitalario e entrou na práctica privada especializada en "trastornos nerviosos". O mesmo ano casou con Martha aínda que Freud, como ateo, estaba consternado pola esixencia en Austria dunha cerimonia relixiosa xudía e considerou brevemente, antes de descartala, a perspectiva de unirse á dita "Confesión" protestante para evitar o matrimonio xudeu. [26] O 13 de setembro dese ano celebrouse unha cerimonia civil e ao día seguinte unha cerimonia relixiosa, na que Freud foi apresuradamente instruído sobre as oracións hebreas.[27] En nove anos os Freud terán seis fillos: Mathilde (b. 1887), Jean-Martin (b. 1889), Oliver (b. 1891), Ernst (b. 1892), Sophie (b. 1893), e Anna (b. 1895). Desde 1891 ata que deixaron Viena en 1938, Freud e a súa familia viviron nun apartamento no nº 19 da rúe Berggasse, preto de Innere Stadt, un barrio histórico de Viena. A máis nova, Ana Freud, confidente, secretaria, enfermeira, discípula e portavoz do pai, tornarase tamén unha eminente psicanalista.

fotografía
A casa de Freud no nº 19 da rúa Berggasse , Viena

En 1896, Minna Bernays, a irmá de Martha Freud, converteuse nun membro permanente da familia Freud despois da morte do seu prometido. A estreita relación que formou con Freud provocou rumores, dunha aventura, iniciados por Carl Jung. O descubrimento dunha entrada no libro de hóspedes dun hotel suízo para o 13 de agosto de 1898, asinada por Freud mentres viaxaba coa súa cuñada, presentouse como proba do asunto.[28]

Freud comezou a fumar tabaco aos 24 anos; inicialmente fumador de cigarros, fíxose fumador de puros.[29] Cría que fumar melloraba a súa capacidade de traballo e que podía exercer o seu autocontrol para moderalo. A pesar das advertencias sanitarias do seu colega Wilhelm Fliess, continuou como fumador, e finalmente sufriu un cancro bucal.[30] Freud suxeriu a Fliess en 1897 que as adiccións, incluída a do tabaco, eran substitutos da masturbación, "o único gran hábito".[31]

Freud admiraba moito ao seu titor de filosofía, Brentano, coñecido polas súas teorías sobre a percepción e a introspección. Brentano discutiu a posible existencia da mente inconsciente na súa Psychologie vom empirischen Standpunkte (Psicoloxía desde un punto de vista empírico) (1874). Aínda que Brentano negou a súa existencia, a súa discusión sobre o inconsciente probablemente axudou a introducir a Freud no concepto.[32] Freud posuía e utilizaba os principais escritos evolucionistas de Charles Darwin, e tamén se viu influído por Philosophie des Unbewussten (A filosofía do inconsciente) (1869) de Eduard von Hartmann. Outros textos de importancia para Freud foron os de Fechner e Herbart,[33] sendo posiblemente a obra deste último Psychologie als Wissenschaft (A psicoloxía como ciencia) considerada de importancia e infravalorada a este respecto..[34] Freud tamén se baseou na obra de Theodor Lipps, que foi un dos principais teóricos contemporáneos dos conceptos de inconsciente e empatía.[35]

Aínda que Freud era remiso a asociar as súas ideas psicanalíticas con teorías filosóficas anteriores, sinaláronse analoxías entre a súa obra e a de Schopenhauer[36] e Nietzsche. En 1908, Freud dixo que ocasionalmente lía a Nietzsche, e que estaba fortemente fascinado polos seus escritos, pero que non o estudaba, porque atopaba que as "intuicións" de Nietzsche parecíanse demasiado ao seu propio traballo nese momento, e tamén porque sentía atafegado pola "riqueza de ideas" que atopaba cando lía a Nietzsche. Freud negaba ás veces a influencia das ideas de Nietzsche. Un historiador cita a Peter L. Rudnytsky, quen afirma que, baseándose na correspondencia de Freud co seu amigo da adolescencia Eduard Silberstein, Freud leu Die Geburt der Tragödie aus dem Geiste der Musik (O nacemento da traxedia dende o espírito da música) de Nietzsche e probablemente a primeiras das dúas Unzeitgemässe Betrachtungen (Meditacións intempestivas) cando tiña dezasete anos.[37][38] En 1900, o ano da morte de Nietzsche, Freud comprou as súas obras recompiladas; díxolle ao seu amigo Fliess que esperaba atopar nas obras de Nietzsche "as palabras para moito do que permanece mudo en min". Máis tarde, dixo que aínda non as abría.[39] Freud chegou a tratar os escritos de Nietzsche "como textos aos que resistirse moito máis que aos que estudar". O seu interese pola filosofía decaeu cando se decidiu pola carreira de neuroloxía.[40]

Freud leu a William Shakespeare en inglés durante toda a súa vida, e suxeriuse que a súa comprensión da psicoloxía humana pode derivarse parcialmente das obras de Shakespeare.

As orixes xudías de Freud e a súa lealdade á súa identidade xudía secular influíron significativamente na formación da súa perspectiva intelectual e moral, especialmente no que respecta o seu inconformismo intelectual, como sinalou no seu Estudo autobiográfico.[41] Tamén terían un efecto substancial no contido das ideas psicanalíticas, en particular no que respecta ás súas preocupacións comúns sobre a interpretación profunda e «a limitación do desexo pola lei».[42]

Relación con Fliess

[editar | editar a fonte]

Durante o período de formación da súa obra, Freud valorou e chegou a confiar no apoio intelectual e emocional do seu amigo Wilhelm Fliess, un otorrinolaringólogo berlinés ao que coñecera en 1887. Ambos se consideraban illados da corrente clínica e teórica dominante pola súa ambición de desenvolver novas teorías radicais sobre a sexualidade. Fliess desenvolveu teorías moi excéntricas sobre o biorritmo humano e unha conexión nasoxenital que hoxe se consideran pseudocientíficas. Compartía as opinións de Freud sobre a importancia de certos aspectos da sexualidade -a masturbación, o coitus interruptus e o uso de preservativos- na etioloxía do que entón se denominaban as «neuroses reais», principalmente a neurastenia e certos síntomas de ansiedade manifestados fisicamente.[43] Mantiveron unha extensa correspondencia a partir da cal Freud baseouse nas especulacións de Fliess sobre a sexualidade infantil e a bisexualidade para elaborar e revisar as súas propias ideas. O seu primeiro intento dunha teoría sistemática da mente, o seu Proxecto para unha psicoloxía científica, desenvolveuse como unha metapsicoloxía con Fliess como interlocutor.[44] Con todo, os esforzos de Freud por tender unha ponte entre a neuroloxía e a psicoloxía acabaron por abandonarse tras chegar a un punto morto, como revelan as súas cartas a Fliess,[45] aínda que algunhas ideas do Proxecto retomaríanse no capítulo final de A interpretación dos soños.[46]

No esforzo por comprender mellor os seus pacientes, Freud iniciará un difícil proceso de autoanálise para o cal, non dispoñía de predecesores nin de ningún camiño trazado. Valéndose da introspección, da exploración dos recordos da nenez e da anotación dos seus soños, será o primeiro en desenvolver unha exposición sistemática do inconsciente, que marca o inicio da psicanálise, termo por el usado por primeira vez en 1896. Durante a autoanálise toma consciencia da hostilidade infantil que sentía polo seu pai e rememora os sentimentos sexuais por súa nai, que era segundo recorda atractiva e protectora. Esta é, segundo os biógrafos, a época máis creativa da súa vida, que culminará coa publicación de A interpretación dos soños (1900).

Posteriormente en Viena, afondará con Joseph Breuer nos estudos sobre hipnose e as súas posibilidades como axuda ós enfermos mentais . Despois abandonaría o hipnotismo pola «asociación libre» e a «análise dos soños» para desenvolver a «cura da fala», elemento de partida da psicanálise.

En xeral, sábese pouco dos primeiros anos da vida de Freud pois destruíu os seus papeis e documentos persoais dúas veces, unha en 1885 e outra en 1907. Posteriormente, a documentación tardía foi gardada nos Sigmund Freud Archives e só estiveron dispoñibles para Ernest Jones, o seu biógrafo oficial, e uns poucos membros do seu círculo de achegados da psicanálise. Freud mostrouse sempre pouco tolerante cos colegas que diverxían das súas doutrinas psicanalíticas. Os seus máis fieis adeptos foron Karl Abraham, Sandor Ferenczi e Ernest Jones, mentres que Alfred Adler e Carl Jung, discípulos e amigos, acabaron tornándose disidentes e sendo considerados heréticos polo movemento por el dirixido.

Trala anexión de Austria, Anschluss, polos nazis, que catro anos antes queimaran publicamente as súas obras en Berlín, Freud viuse obrigado a deixar Viena coa súa familia coa axuda económica dos seus amigos e pacientes, entre eles a Princesa Marie Bonaparte. O 4 de xuño de 1938 cruzaron a fronteira con Francia, dirixíndose a París e de aí a Hampstead, Londres, Inglaterra.

Mantívose activo ata a fin da súa vida como terapeuta e pensador sen que ninguén conseguise dobrar o seu orgullo: obrigado a asinar un documento polas autoridades nazis para ser autorizado a saír de Austria no que se dicía que foran ben tratado, engadiu ironicamente a frase: "Recomendo calorosamente a Gestapo para todos".

Fumador empedernido de cigarros puros, Freud sufriu durante 16 anos un cancro de padal e viuse obrigado a someterse a 33 operacións cirúrxicas.

As teorías de Freud e o trato dado ós seus pacientes foron revolucionarios na Viena da súa época. As súas ideas foron discutidas e criticadas como traballos de literatura e cultura xeral, e o debate sobre a súa obra científica e os tratamentos médicos continúa aínda na época actual. Como exemplo, nunha crítica do ano 2003, os seguidores de Sigmund Freud considerárono «...un gran científico da medicina que descubriu importantes verdades sobre a psicoloxía humana...», mentres outros (especialmente doutros campos como a psiquiatría) veno como «...un filósofo visionario que reformulou a natureza humana e axudounos a derrubar tabús, a pesar de que as súas teorías, divulgadas como ciencia, non resisten un exame minucioso».

Freud interesouse especialmente na histeria (que na actualidade podería chamarse trastorno de conversión segundo o DSM-IV) e na neurose (dividida segundo a nosoloxía psicanalítica en afeccións psicosomáticas, neuroses e psicoses).

Obras principais

[editar | editar a fonte]

As súas obras máis representativas foron A interpretación dos soños (1900). Tres ensaios sobre a sexualidade (1905), Tótem e tabú (1912) e Máis alá do principio do pracer (1920).

  1. La enciclopedia biográfica en linea (ed.). "Sigmund Freud". Biografías y Vida (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  2. Encyclopaedia Britannica, ed. (2006). "«Freud, Sigmund»" (en inglés). Londres. Consultado o 9 de decembro do 2015. artigo en inglés na páxina 712 da Britannica Concise Encyclopedia 
  3. "Ficha del cráter lunar «Freud» en la Gazetteer of Planetary Nomenclature". Consultado o 15 de xaneiro do 2010. 
  4. Jones, Ernest (1949) What is Psychoanalysis ? Londres: Allen & Unwin. p. 47.
  5. Mannoni, Octave, Freud: The Theory of the Unconscious, Londres: Verso 2015 [1971], pp. 49–51, 152–54.
  6. Mannoni, Octave, Freud: The Theory of the Unconscious, Londres: Verso 2015 [1971], pp. 146–47.
  7. Para a súa eficacia e a influencia da psicanálise na psiquiatría e a psicoterapia, véxase The Challenge to Psychoanalysis and Psychotherapy, Chapter 9, Psychoanalysis and Psychiatry: A Changing Relationship Arquivado 2009-06-06 en Wayback Machine. de Robert Michels, 1999 e Tom Burns Our Necessary Shadow: The Nature and Meaning of Psychiatry Londres: Allen Lane 2013 pp. 96–97.
    • Para a influencia na psicoloxía, véxase The Psychologist, December 2000 Arquivado 31 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
    • Para a influencia da psicanálise nas humanidades, véxase J. Forrester The Seductions of Psychoanalysis Cambridge University Press 1990, pp. 2–3.
    • Para o debate sobre a eficacia, véxase Fisher, S. e Greenberg, R.P., Freud Scientifically Reappraised: Testing the Theories and Therapy, New York: John Wiley, 1996, pp. 193–217
    • Para o debate sobre o status científico da psicanálise véxase Stevens, Richard (1985). Freud and Psychoanalysis. Milton Keynes: Open University Press. pp. 91–116. ISBN 978-0-335-10180-1. , Gay (2006) p. 745, e Solms, Mark (2018). "The scientific standing of psychoanalysis". BJPsych International 15 (1): 5–8. PMC 6020924. PMID 29953128. doi:10.1192/bji.2017.4. 
    • Para o debate sobre psicanálise e feminismo, véxase Appignanesi, Lisa & Forrester, John. Freud's Women. Londres: Penguin Books, 1992, pp. 455–74.
  8. "In Memory of Sigmund Freud"
  9. "Digitized Birth Records of Freiberg (Zemský archiv v Opavě)". digi.archives.cz. Consultado o 15 de xaneiro do 2023. 
  10. "Sigmund Freud | Biography, Theories, Works, & Facts". Encyclopedia Britannica. 
  11. O'Donoghue, Diane (2018-10-18). On Dangerous Ground: Freud’s Visual Cultures of the Unconscious (en inglés). Bloomsbury Publishing USA. 
  12. Gresser 1994, p. 225.
  13. Emanuel Rice (1990). Freud and Moses: The Long Journey Home. SUNY Press. p. 55. ISBN 978-0-7914-0453-9. 
  14. Gay 2006, pp. 4–8; Clark 1980, p. 4.
  15. Deborah P. Margolis, M.A. (1989). "Margolis 1989". Mod. Psychoanal. pp. 37–56. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro do 2023. 
  16. Jones, Ernest (1964) Sigmund Freud: Life and Work. Edited and abridged by Lionel Trilling and Stephen Marcus. Harmondsworth: Penguin Books p. 37.
  17. Hothersall 2004, p. 276.
  18. Hothersall 1995
  19. Véxase "estudos pasados sobre anguías" e referencias neles.
  20. Costandi, Mo (10 de marzo de 2014). The Guardian, ed. "Freud was a pioneering neuroscientist". Consultado o 16 de xaneiro do 2023. 
    Neste período publicou tres artigos: Para unha análise máis profunda: Gamwell, Lynn; Solms, Mark (2006). From Neurology to Psychoanalysis (PDF). Universidade Estatal de Nova York: Binghamton University Art Museum. pp. 29–33, 37–39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de agosto de 2017. 
  21. Gay 2006 p. 36.
  22. Sulloway 1992 [1979], p. 22.
  23. Wallesch, Claus (2004). "History of Aphasia Freud as an aphasiologist". Aphasiology 18 (abril). pp. 389–399. doi:10.1080/02687030344000599. 
  24. Gay 2006, pp. 42–47.
  25. Gay 2012, pp. 54-55.
  26. Jones, Ernest. Sigmund Freud: Life and Work, Vol. 1. London: Hogarth Press, 1953, p. 183, see also Vol. 2 pp. 19–20.
  27.  Elizabeth Roudinesco Freud: In His Time and Ours. Cambridge, MA: Harvard University Press, 2016. pp. 48–49
  28. Peter J. Swales, "Freud, Minna Bernays, and the Conquest of Rome: New Light on the Origins of Psychoanalysis", The New American Review, Spring/Summer 1982, pp. 1–23, que sostén que Freud deixou embarazada a Minna e organizoulle un aborto.
    • véxase Gay 2006, pp. 76, 752–53 para unha dúplica escéptica a Swales.
    • para o descubrimento do rexistro do hotel ver Blumenthal, Ralph (24 de decembro de 2006). "Hotel log hints at desire that Freud didn't repress – Europe – International Herald Tribune". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2017. Consultado o 17 de xaneiro do 2023. 
    • ver tamén 'Minna Bernays como "Mrs. Freud":Que tipo de relación tivo Sigmund Freud coa súa cuñada? por Franz Maciejewski e Jeremy Gaines, American Imago, Volume 65, número 1, primavera 2008, pp. 5–21.
  29. Eiland, Murray (2014). "Cigar Box Heraldry". The Armiger's News 36 (1). pp. 1–4 – vía academia.edu. 
  30. Gay 2006, pp. 77, 169.
  31. Freud e Bonaparte 2009, pp. 238–39.
  32. Vitz 1988, pp. 53-54.
  33. Sulloway 1992 [1979], pp. 66-67, 116.
  34. Darian Leader, Freud's Footnotes, Londres, Faber, 2000, pp. 34-45.
  35. Pigman, G.W. (1995). "Freud and the history of empathy". The International Journal of Psycho-Analysis 76 (Pt 2). pp. 237–56. PMID 7628894. 
  36. C. Young and A. Brook, "Schopenhauer and Freud", International Journal of Psychoanalysis, Vol. 75 (Pt. 1): 101-18, febreiro de 1994 ("Un estudo detallado da obra central de Schopenhauer, Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación, 1819)., revela que algunhas das doutrinas máis características de Freud foron articuladas por primeira vez por Schopenhauer. O concepto de vontade de Schopenhauer contén os fundamentos do que en Freud convértense nos conceptos de inconsciente e id. Os escritos de Schopenhauer sobre a tolemia anticipan a teoría da represión de Freud e a súa primeira teoría da etioloxía da neurose. A obra de Schopenhauer contén aspectos do que se converterá na teoría da asociación libre. E o que é máis importante, Schopenhauer articula partes importantes da teoría freudiana da sexualidade. Estas correspondencias expoñen un interrogante sobre a negación por parte de Freud de ler sequera a Schopenhauer ata unha etapa avanzada da súa vida".)
  37. Paul Roazen, in Dufresne, Todd (ed). Returns of the French Freud: Freud, Lacan, and Beyond. New York and London: Routledge Press, 1997, pp. 13–15.
  38. Rudnytsky, Peter L. Freud and Oedipus. Columbia University Press (1987), p. 198. ISBN 978-0231063531
  39. Gay 2006, p. 45.
  40. Holt 1989, p. 242.
  41. Robert, Marthe (1976) From Oedipus to Moses: Freud's Jewish Identity New York: Anchor, pp. 3–6.
  42. Frosh, Stephen (2006) "Psychoanalysis and Judaism" in Black, David M. (ed.) Psychoanalysis and Religion in the 21st Century: Competitors or Collaborators?, London and New York: Routledge, pp. 205–06.
  43. Masson, Jeffrey Moussaieff (2012) [1984]. The Assault on Truth. Untreed Reads. p. 18. ISBN 978-1-61187-280-4. 
  44. Kris, Ernst, Introduction to Sigmund Freud The Origins of Psychoanalysis. Letters to Wilhelm Fliess, Drafts and Notes 1887–1902. Eds. Marie Bonaparte, Anna Freud, Ernst Kris, E. Londres: Imago 1954.
  45. Reeder, Jurgen (2002). Reflecting Psychoanalysis. Narrative and Resolve in the Psychoanalytic Experience. Londres: Karnac Books. p. 10. ISBN 978-1-78049-710-5. 
  46. Mannoni, Octave, Freud: The Theory of the Unconscious, Londres: Verso 2015, pp. 40–41.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alexander, Sam. "In Memory of Sigmund Freud", The Modernism Lab, Yale University. recuperado o 23 de xuño de 2012.
  • Appignanesi, Lisa and Forrester, John. Freud's Women. Penguin Books, 2000.
  • Auden, W.H. "In Memory of Sigmund Freud", 1940, poets.org. recuperado o 23 de xuño de 2012.
  • Bloom, Harold. The Western Canon. Riverhead Books, 1994.
  • Blumenthal, Ralph. "Hotel log hints at desire that Freud didn't repress", International Herald Tribune, 24 December 2006.
  • Clark, Ronald W. (June 1980). Freud: The Man and the Cause (1st ed.). Random House Inc (T). ISBN 978-0-394-40983-2. 
  • Cohen, David. The Escape of Sigmund Freud. JR Books, 2009.
  • Cohen, Patricia. "Freud Is Widely Taught at Universities, Except in the Psychology Department", The New York Times, 25 November 2007.
  • Eissler, K.R. Freud and the Seduction Theory: A Brief Love Affair. Int. Univ. Press, 2005.
  • Eysenck, Hans. J. Decline and Fall of the Freudian Empire. Pelican Books, 1986.
  • Ford, Donald H. & Urban, Hugh B. Systems of Psychotherapy: A Comparative Study. John Wiley & Sons, Inc, 1965.
  • Freud, Sigmund (1896c). The Aetiology of Hysteria. Standard Edition 3.
  • Freud, Sigmund and Bonaparte, Marie (ed.). The Origins of Psychoanalysis. Letters to Wilhelm Fliess: Drafts and Notes 1887–1902. Kessinger Publishing, 2009.
  • Fuller, Andrew R. Psychology and Religion: Eight Points of View, Littlefield Adams, 1994.
  • Gay, Peter. Freud: A Life for Our Time. W. W. Norton & Company, 2006 (primeira publicación 1988).
  • Gay, Peter (ed.) The Freud Reader. W.W. Norton & Co., 1995.
  • Gresser, Moshe. Dual Allegiance: Freud As a Modern Jew. SUNY Press, 1994.
  • Holt, Robert. Freud Reappraised: A Fresh Look at Psychoanalytic Theory. The Guilford Press, 1989.
  • Hothersall, D. History of Psychology. 3rd edition, Mcgraw-Hill, 1995.
  • Jones, E. Sigmund Freud: Life and Work Vol 1: The Young Freud 1856–1900, Hogarth Press, 1953.
  • Jones, E. Sigmund Freud: Life and Work Vol 2: The Years of Maturity 1901–1919, Hogarth Press, 1955
  • Jones, E. Sigmund Freud: Life and Work Vol 3: The Final Years 1919–1939, Hogarth Press, 1957
  • Juergensmeyer, Mark. Terror in the Mind of God: The Global Rise of Religious Violence. University of California Press, 2004.
  • Juergensmeyer, Mark. "Religious Violence", in Peter B. Clarke (ed.). The Oxford Handbook of the Sociology of Religion. Oxford University Press, 2009.
  • Kovel, Joel. A Complete Guide to Therapy: From Psychoanalysis to Behaviour Modification. Penguin Books, 1991 (primeira publicación 1976).
  • Leeming, D.A.; Madden, Kathryn; and Marlan, Stanton. Encyclopedia of Psychology and Religion. Springer Verlag u. Co., 2004.
  • Mannoni, Octave. Freud: The Theory of the Unconscious, London: Verso, 2015 [1971].
  • Margolis, Deborah P. (1989). "Freud and his Mother". Modern Psychoanalsys 14. pp. 37–56. 
  • Masson, Jeffrey M. (ed.). The Complete Letters of Sigmund Freud to Wilhelm Fless, 1887–1904. Harvard University Press, 1985.
  • Meissner, William W. "Freud and the Bible" in Bruce M. Metzger and Michael David Coogan (eds.). The Oxford Companion to the Bible. Oxford University Press, 1993.
  • Michels, Robert. "Psychoanalysis and Psychiatry: A Changing Relationship", American Mental Health Foundation. recuperado o 23 de xuño de 2012.
  • Mitchell, Juliet. Psychoanalysis and Feminism: A Radical Reassessment of Freudian Psychoanalysis. Penguin Books, 2000.
  • Palmer, Michael. Freud and Jung on Religion. Routledge, 1997.
  • Pigman, G.W. (1995). "Freud and the history of empathy". The International Journal of Psychoanalysis 76 (2). pp. 237–56. PMID 7628894. 
  • Pombo Sánchez, Manuel (2005). Sigmund Freud. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-94-1. 
  • Rice, Emmanuel. Freud and Moses: The Long Journey Home. SUNY Press, 1990.
  • Roudinesco, Elisabeth. Jacques Lacan. Polity Press, 1997.
  • Sadock, Benjamin J. and Sadock, Virginia A. Kaplan and Sadock's Synopsis of Psychiatry. 10th ed. Lippincott Williams & Wilkins, 2007.
  • Sulloway, Frank J. (1992) [1979]. Freud, Biologist of the Mind: Beyond the Psychoanalytic Legend. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-32335-3. 
  • Vitz, Paul C. Sigmund Freud's Christian Unconscious. The Guilford Press, 1988.
  • Webster, Richard. Why Freud Was Wrong: Sin, Science and Psychoanalysis. HarperCollins, 1995.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]