Alfabeto hebreo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do alfabeto

Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O abxad hebreo, algunhas veces denominado mediante a súa forma hebrea alef-bet (אָלֶף-בֵּית), é a serie formada polas consoantes hebreas. Está composto por 22 caracteres, dos cales cinco teñen unha grafía distinta ao final das palabras. Utilízase para escribir o idioma hebreo, o yiddish e, en menor medida, o xudeu-español.

O alef-bet é propia e orixinalmente un abxad, é dicir, só contén caracteres consonánticos. A puntuación diacrítica dos masoretas utilízase unicamente como unha axuda na aprendizaxe do idioma, xa que orixinalmente o idioma hebreo -—xa sexa o moderno ou antigo— non a utiliza, é o lector quen a prové. O hebreo arcaico empregouse desde a súa creación até os patriarcas. O hebreo antigo aparece na época dos Reies (Saúl, David, Salomón, etc.), e o hebreo cadrado ou moderno aparece por primeira vez no século III a. C.

Letras do alfabeto hebreo[editar | editar a fonte]

Alef Bet Gimel Dalet He Vav Zayin Het Tet Yod Kaf
א א ב ב ג ג ד ד ה ה ו ו ז ז ח ח ט ט י י כ כ
ך ך
Lamed Mem Nun Samekh Ayin Pe Tsadi Qof Resh Shin Tav
ל ל מ מ נ נ ס ס ע ע פ פ צ צ ק ק ר ר ש ש ת ת
ם ם ן ן ף ף ץ ץ

Correspondencia de letras[editar | editar a fonte]

  • א - alef = a
  • ב - bet = b (nalgunahs palabras como v)
  • ג - gimel = g
  • ד - dalet = d
  • ה - hei = h
  • ו - vav = v (nalgunhas palabras como a vogal o ou u)
  • ז - zain = z
  • ח - het = r
  • ט - tet = t
  • י - iud = i
  • כ - caf/raf = k ou rr (depende de palabra) (no final dunha palabra ך )
  • ל - lamed = l
  • מ - men = m (no final dunha palabra ם)
  • נ - nun = n (no final dunha palabra ו)
  • ס - samaj = s
  • פ - pei/fei = p ou f ( depende da palabra )(no final de palabra ף)
  • ע - ain = a,e,i (depende da palabra,como se as vogais tivese un acento agudo)
  • צ - tzadic = tz (no final de palabra ץ)
  • ק - kuf = k
  • ר - reish = r
  • ש - shin/sin = x/s (depende da palabra)
  • ת - tav = t

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]