Salomón
Aparencia
Salomón foi, segundo a Biblia, rei de Israel e fillo de David mais Batxeba.
Ó seu reinado atribúese a construción do primeiro Templo de Xerusalén, o chamado Templo de Salomón, no seu Sancta Sanctorum, gardábase a Arca da Alianza, que contiña as táboas da Lei, revelada por Deus a Moisés no monte Sinaí, o caxato de Moisés e a cobra de bronce coa que Moisés acabou coa praga que asolou o campamento xudeu durante o seu trasego polo deserto do Sinaí.
Considerado na Biblia como un rei sabio, a el se lle atribúen os libros chamados sapienciais.
| Predecesor: David |
SALOMÓN Rei de Israel —Reino unificado de Xudá e Israel— 965-928 a.E.C. |
Sucesor: Roboam (rei de Xudá) Ieroboam (rei de Israel). |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salomón |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |