Beta Israel
Beta Israel (בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל) Xudeus etíopes | |
---|---|
Un neno Beta Israel en 2005 | |
Poboación | |
Poboación total: 150 000 | |
Rexións principais: | |
Etiopía | 4 000 [1] |
Israel | 138 200[2] (2014) 1,75% da poboación de Israel > 2,15% dos xudeus de Israel |
Estados Unidos | 1 000 [3] |
Aspectos culturais | |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Grupos relacionados | outros grupos xudeus. |
Os Beta Israel (hebreo: בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל, Beyte (beyt) Yisrael; ge'ezቤተ እስራኤል, Bēta 'Isrā'ēl}}[4][5]), tamén coñecidos como os xudeus etíopes (hebreo: יְהוּדֵי אֶתְיוֹפְּיָה: Yehudey Etyopyah; Ge'ez: የኢትዮጵያ አይሁድዊ, ye-Ityoppya Ayhudi) ou falashas (Ge'ez ፈላሻ, hebreo: פלאשים), son unha comunidade de xudeus que viviron e se desenvolveron durante séculos na área do Reino de Axum e no Imperio etíope, hoxe dividido nas rexións etíopes de Amhara e Tigray. Moitos deles emigraron a Israel durante o século XX.[6]
O termo falasha non adoita utilizarse polos xudeus etíopes que prefiren a forma Beta Israel. Significa en lingua amhárica "exiliados" ou "inmigrados", e polo habitual considerase como pexorativo. En varias rexións de Etiopía tamén adoitan utilizar os termos kayla e esra'elawi (israelita). Trala emigración a Israel, o termo Beta Israel comezou a ser substituído, polo de xudeus etíopes.[7] ou simplemente por etiopim ("Etíopes").
Este pobo vivía nas rexións norte e noroeste de Etiopía, en máis de 500 pequenos poboados repartidos por un amplo territorio, xunto a poboacións que eran musulmáns e principalmente cristiáns.[8] Moitos deles estaban concentrados nunha área arredor do lago Tana, na rexión de Gondar.
En 1975, o goberno de Israel recoñeceu a condición de xudeus dos Beta Israel. Isto deu lugar a unha difícil emigración ata Israel durante os anos 1980 e 1990, especialmente co establecemento dunha ponte aérea. En 2009, formaban parte desta comunidade preto de 110.000 persoas.[9] en Israel, e no 2014, o número aumentou a 138.200[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘Wings of the Dove’ brings Ethiopia’s Jews to Israel". The Jerusalem Post - JPost.com. Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "The Ethiopian Population in Israel 09.11.15". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 06 de febreiro de 2018.
- ↑ Mozgovaya, Natasha (2 de abril de 2008). "Focus U.S.A.-Israel News – Haaretz Israeli News source". Haaretz.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de decembro de 2010.
- ↑ Na súa forma moderna Bēte 'Isrā'ēl, EAE: "Betä Ǝsraʾel", "Casa de Israel" ou "Comunidade de Israel"
- ↑ Para o significado da palabra Beta no contexto socio-relixioso desta comunidade, vexa James Quirin, The Evolution of the Ethiopian Jews, 2010, p. xxi
- ↑ Weil, Shalva (1997) "Collective Designations and Collective Identity of Ethiopian Jews", in Shalva Weil (ed.) Ethiopian Jews in the Limelight, Jerusalem: NCJW Research Institute for Innovation in Education, Hebrew University, pp. 35–48. (Hebrew)
- ↑ Lisa Anteby-Yemini, Les juifs éthiopiens en Israël, p. 25.
- ↑ Weil, Shalva. (2012) "Ethiopian Jews: the Heterogeneity of a Group", in Grisaru, Nimrod and Witztum, Eliezer. Cultural, Social and Clinical Perspectives on Ethiopian Immigrants in Israel, Beersheba: Ben-Gurion University Press, pp. 1–17.
- ↑ Ruth Eglash (17 de abril de 2009). "Key Ethiopian advocacy group in danger". Jerusalem Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 06 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beta Israel |