Samarcanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°39′15″N 66°57′35″L / 39.65417, -66.95972

Samarcanda
Samarqand, Самарқанд (en uzbeco)
Coat of arms of Samarkand.svg
Registan square 2014.JPG
Vista da praza central de Samarcanda
Situación xeográfica
Samarcanda en Uzbequistán
Samarcanda
Samarcanda
País Uzbequistán Uzbequistán
Provincia Samarcanda
Xeografía
Altitude 702 msnm
Superficie 108,0 km²
Poboación
Poboación 436 300 hab. (2008)
Densidade 5.521,3 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Akbar Shukurov
Páxina web Páxina oficial de Samarcanda

Samarcanda[1] (en uzbeco: Samarqand, Самарқанд), é a terceira meirande cidade de Uzbequistán e capital da Provincia de Samarcanda (Samarqand Viloyati). Foi capital do país entre 1925 e 1930. É unha cidade famosa pola súa céntrica posición na Ruta da Seda entre China e Occidente.

Está situada a unha altitude de 702 metros. A maioría dos seus habitantes (90 %) son falantes de taxico.

O seu nome significa probabelmente «lugar de encontro» ou «lugar do conflito» (samara: "encontro, conflito" en sánscrito, kand, kent: "cidade"), termo centro-asiático e ilustra ben a súa posición no límite dos mundos turco e persa.

Clima[editar | editar a fonte]

Samarcanda goza dun clima mediterráneo (Clasificación climática de Köppen Csa) que se abeira a un clima semirárido con veráns quentes e secos e invernos relativamente húmidos e variables que alternan períodos cálidos con outros fríos. Os meses de xullo e agosto son os máis quentes do ano, con temperaturas que chegan e mesmo superan os 40 °C. A maioría das precipitacións recóllense de decembro a abril. Xaneiro de 2008 foi especialmente frío, caendo a temperatura ata os -22 °C[2]

Datos climáticos para Samarkand
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 22,8 26,7 31,7 36,2 39,5 41,4 42,4 41,0 38,2 35,2 29,9 26,7 42,4
Media máxima en °C 6,8 9,1 14,2 21,1 26,4 32,2 34,1 32,9 28,3 21,6 15,3 9,1 20,9
Media diaria en °C 1,9 3,6 8,5 14,9 19,8 25,0 26,7 25,2 20,1 13,6 8,4 3,8 14,3
Media mínima en °C −1,7 −0,5 4,0 9,4 13,5 17,4 18,9 17,4 12,7 7,2 3,4 −0,2 8,5
Temperatura mínima en °C −25,4 −22 −14,9 −6,8 −1,3 4,8 8,6 5,9 0,0 −6,4 −18,1 −22,8 −25,4
Precipitación media mm 41 46 100 60 36 6 4 1 4 17 34 47 396
Media de días con precipitacións 12,4 12,4 14,6 12,6 8,4 2,8 1,7 0,7 1,8 6,4 8,5 10,7 93
Media de días con neve 9 7 3 0,3 0,03 0 0 0 0 0,3 2 6 28
Humidade relativa media (%) 76 74 70 63 55 42 42 43 47 59 68 74 60
Media de horas de sol mensuais 133,3 132,8 170,5 219,0 316,2 378,0 396,8 362,7 309,0 235,6 174,0 130,2 2 958,1
Fonte #1: Pogoda.ru.net,[3] Organización Meteorolóxica Mundial (ONU) (días de precipitacións só)[4]
Fonte #2: Observatorio de Hong Kong (só sol)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Samarkand.info. "Weather in Samarkand". Samarkand, Uzbekistan. Consultado o 2009-06-11. 
  3. "Weather and Climate-The Climate of Samarkand" (en ruso). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  4. "World Weather Information Service – Samarkand". World Meteorological Organization. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  5. "Climatological Normals of Samarkand, Uzbekistan". Hong Kong Observatory. Consultado o 16 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]