Xudaísmo ortodoxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xudeu ortodoxo provisto de Kipá, Talit gadol e tefilín, preparándose para un servizo nunha sinagoga.

O xudaísmo ortodoxo é unha das grandes pólas da relixión xudía na actualidade, xunto co xudaísmo conservador ou masortí e o xudaísmo reformista. Distínguese delas pola súa adhesión rigorosa á Halajá. Carece dunha autoridade doutrinal central permitindo certa variación na práctica.

Segundo a súa actitude cara a cultura contemporánea, o xudaísmo ortodoxo divídese informalmente en xudaísmo ortodoxo moderno, que busca adecuar ata algún punto as súas prácticas e estudos á situación social contemporánea, e o xudaísmo haredí, que rexeita toda innovación que os seus líderes consideren contraria ó espírito da Torá.

As divisións doutrinais neste senso non se fixaron ata arredor do século XVIII, no que baixo o influxo da Ilustración, certos sectores da comunidade xudía rexeitaron a segregación imposta polas prácticas relixiosas convencionais e buscaron integrarse —malia o daquela dominante antisemitismo— nas comunidades nacionais. O rexeitamento a este movemento definiu a ortodoxia.[1] A ortodoxia é un movemento creado no século XIX en contra dos rabinos e dirixentes que ensaiaban xeitos de combinar xudaísmo e modernidade.

Crenzas[editar | editar a fonte]

O xudaísmo ortodoxo basea as súas crenzas nos "Trece principios de fe" de Maimónides:

  • A existencia de Deus
  • A singularidade e unidade de Deus
  • A natureza espiritual e abstracta de Deus
  • A eternidade de Deus
  • A revelación polos seus profetas
  • Moisés é o maior e principal profeta
  • Deus entregou a Lei no monte Sinaí
  • Esta Lei non pode ser cambiada
  • Deus coñece os futuros actos humanos
  • Deus recompensa a bondade e castiga a maldade
  • Deus mandará a un Mesías
  • Deus resucitará ós mortos

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xudaísmo ortodoxo
  1. Xudaísmo ortodoxo. MediterráneoSur.com