Percy H. Webb
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1856. |
Morte | 4 de marzo de 1937 (81 anos). Walton-on-Thames. Surrey Inglaterra. |
16º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1936 – 1937 ← George MacDonald – Edward Allen Sydenham → | |
14º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1930 – 1935 ← Charles Oman – George MacDonald → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Q89547790 | Estudos de numismática imperial romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | avogado, numismático, coleccionista |
Premios | |
1921: Medalla da RNS. |
Percy Henry Webb, nado en Hampshire en 1856 e finado en Walton-on-Thames, Surrey o 4 de marzo de 1937, foi un numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.
Foi presidente da Royal Numismatic Society, entidade á que estivo vinculado desde 1901 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Percy H. Webb procedía dunha familia con varias xeracións de arqueólogos e arquitectos. Educouse en Malborough e posteriormente graduouse en Dereito. Exerceu como avogado no distrito londiniense de Smithfield durante máis de cinco décadas.[1][2]
Web foi desde a súa xuventude un coleccionista de moedas do Imperio Romano e un estudoso da moeda desta época, sinaladamente das cuñaxes do século II. O seu traballo principal foi o tomo V da obra The Roman Imperial Coinage, publicada en dous volumes en 1927 e 1933, con Harold Mattingly e Edward Sydenham como coeditores.[3][4][5]
A súa traxectoria como numismático estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, de Londres, na que ingresou en 1901. Nesta sociedade accedeu ao cargo de tesoureiro en 1906 e ocupou a súa presidencia en dous períodos: 1930-1935 e 1936-1937.[2][3][5][6]
Webb foi un destacado colaborador no Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en Londres en 1936, organizado pola Royal Numismatic Society.[5][7][8]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Webb foi tamén un colaborador activo da Sociedade Arqueolóxica de Surrey, de cuxo consello directivo formou parte,[9] e da Sociedade Arqueolóxiva de Sussex.[1]
Percy H. Webb faleceu o 4 de marzo de 1937 na súa residencia, The Garden, en Walton-on-Thames, Surrey, aos 81 anos.[1][10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Honras
[editar | editar a fonte]Durante a primeira guerra mundial, Webb traballou para prestar axuda legal aos refuxiados belgas, o que lle valeu a concesión da medalla do rei Alberte de Bélxica.[2][7]
Por outros méritos na guerra foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico e recibiu o recoñecemento do Goberno de Nova Zelandia.[2][7]
Premios
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Ademais do seu traballo monográfico no que cataloga a moeda imperial romana entre Valeriano (253-260) e o rebelde galo Amando (finais do século III), weber publicou en Numismatic Chronicle diversos artigos acerca da numismática dese período, dos que aquí se recollen os máis salientables:[12][13]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1927). The Roman imperial coinage. Vol V. Part 1: Valerian to Florian. Spink, Londres.[14]
- (1933). The Roman imperial coinage. Vol V. Part 2. Probus to Amandus. Spink, Londres.[15]
Artigos en Numismatic Chronicle
[editar | editar a fonte]- (1907). "The reign and coinage of Carisius, A.D. 287-293". NC, 4ª serie. Vol. 7. páxinas 1-88. Parte II (páxinas 156-218); Parte III (páxinas 291-338); Parte IV (páxinas 373-428).
- (1906). "The coinage of Allectus". NC, 4ª serie. Vol. 6. Páxinas 127-171.
- (1910). "The coinage of the reign of Julian the Philosopher". NC, 4ª serie. Vol. 10. Páxinas 238-250.
- (1915). "Overstrikes of Carisius". NC, 4ª serie. Vol. 15. Páxinas 135-136.
- (1919). "The reform of Aurelian". NC, 4ª serie. Vol. 19. Páxinas 235-243.
- (1920). "The Alexandrian Mint". NC, 4ª serie. Vol. 20. Páxinas 208-215.
- (1921). "Third cebtury Roman mints and marks". NC, 4ª serie. Vol. 1. Páxinas 226-293.
- (1929). "The pre-reform coinage of Diocletian and his colleagues". NC, 4ª serie. Vol. 9. Páxinas 191-217.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 NC (1937). Páxina 21.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Percy H Webb". The British Museum.
- ↑ 3,0 3,1 NC (1937). Páxina 22.
- ↑ Véxase "Publicacións".
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxinas 27, 30, 33, 35, 74..
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NC (1937). Páxina 23.
- ↑ Allan, J.; Mattingly, H.; Robinson, E. (1938). Transactions of the International Numismatic Congress: organized and held in London by the Royal Numismatic Society, June 30-July 3, 1936, on the occasion of its centenary. B. Quaritch Ltd. Londres.
- ↑ "Surrey Archaeological Society: Council". En Surrey archaeological collections. Vol. 34 (1924). Páxina XIV.
- ↑ Comunicación do seu falecemento: The London Gazette. 2 de xullo de 1937. Páxina 4.294.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Webb, Percy H. 1856-1937". WorldCat Identities.
- ↑ "Webb, Percy Henry 1856-1937 Arquivado 24 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ Ficha do libro: Worldcat.org
- ↑ Ficha do libro: Worldcat.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8
- NC (1937). "Proceeedings of the Royal Numismatic Society", Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. XVII. Páxinas 9, 21-23.
Predecesor: Charles Oman George MacDonald |
Presidente da Royal Numismatic Society 1930-1935 1936-1937 |
Sucesor: George MacDonald Edward Allen Sydenham |