Banga, O Carballiño
Aparencia
Banga | |
---|---|
Igrexa de Santa Baia de Banga. | |
Concello | O Carballiño[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′40″N 8°07′53″O / 42.3945303, -8.1315161 |
Poboación | 57 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Banga é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 81 habitantes (37 homes e 44 mulleres), dous menos ca no ano anterior.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa de Santa Baia de Banga é de orixe románica e foi reconstruída en diferentes épocas, a última delas no século XIX. Destacan os modillóns que sosteñen a cuberta decorada con motivos antropomorfos e zoomorfos. No seu interior consérvase un excepcional ciclo de pinturas murais baseadas nos gravados da Emblemata de Andrea Alciato. Estudadas polos profesores Xosé Manuel García Iglesias e Andrés Antonio Rosende Valdés, unha nova achega do profesor José Manuel B. López Vázquez dá unha análise moi convincente baseada en textos de Isaías e Xeremías.[2]
- Pazo de Banga, da familia Quiroga, onde residiu Emilia Pardo Bazán[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pazo de Banga.
-
Cabeceira da igrexa de Santa Baia de Banga.
-
Canzorros da igrexa de Santa Baia de Banga.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Banga
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Banga no concello do Carballiño (Ourense) | |
---|---|
O Campo | Casares | Cima de Vila | O Cruceiro | O Pazo | O Souto | Viñoa |
Parroquias do Carballiño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "La Emblemata de Alciato y el programa iconográfico de la capilla mayor de Santa Baia de Banga", en Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIII, Núm 129 (2016), pp. 343-385).
- ↑ "Pazo de Banga". Concello do Carballiño. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 23 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banga, O Carballiño |