Señorín, O Carballiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Señorín
Igrexa de Señorín.jpg
Igrexa de San Roque de Señorín.
ConcelloO Carballiño
Poboación433 hab. (2017)
Entidades de poboación5

San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño. Segundo o IGE en 2010 tiña 397 habitantes (210 mulleres e 187 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 364 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.

O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES nº1 do Carballiño (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Chamoso Lamas, de Mesego).

É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero as súas vivendas son unifamiliares.

A súa altitude media é duns 400 metros.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia. Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Señorín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Señorín no concello do Carballiño (Ourense)

Centeás | A Pena | Señorín | O Tellado | O Torrón

Parroquias do Carballiño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Carballiño

Arcos (Santa María) | Banga (Santa Baia) | O Barón (San Fiz) | Cabanelas (San Xoán) | O Carballiño (San Cibrao) | Lobás (Santa Ouxea) | Longoseiros (Santa Mariña) | Madarnás (San Tomé) | Mesego (Santa María) | Mudelos (Santiago) | Partovia (Santiago) | A Piteira (San Miguel) | Ponte Veiga (San Lourenzo) | Sagra (San Martiño) | Señorín (San Roque) | Seoane de Arcos (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]