Saltar ao contido

Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Montañeros CF»)
Atlético Coruña Montañeros
NomeAtlético Coruña Montañeros Club de Fútbol
Fundación1978[1][2]
PresidenteGalicia Luis Cousillas
AdestradorGalicia Jairo Arias
LigaPreferente - Grupo I
2023/24
Na rede
http://www.atleticocoruna.com/monta/
Facebook: atlcorunamontaneros Instagram: atlcorunamonta Editar o valor en Wikidata
Titular

O Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[3] é un club de fútbol galego da cidade da Coruña, que compite no Grupo 1 da Preferente Galicia. Foi fundado en 1978[1][2] e chegou a competir na Segunda División B entre as tempadas 2009/10 e 2011/12

Partido entre o Montañeros CF e o Cidade de Santiago.

O Montañeros xorde no ano 1968 como unha asociación de “boy scouts” chamada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón vinculada ao colexio dos xesuítas da Coruña. A partir de 1973 comeza a práctica do fútbol, feito que levaría a que no ano 1978 se crease un club de fútbol federado chamado Club Montañeros del Sagrado Corazón que participa en categorías xuvenís. Nesta época xorde do club unha peña madridista[1][2].

En 1994, co club ao bordo da desapación, un grupo liderado por Fausto Vázquez faise coa dirección do club e faino rexurdir. A entidade cambia o seu nome polo de Montañeros Club de Fútbol e poténcianse os equipos de fútbol base. No ano 2003, tralo ascenso do equipo xuvenil á División de Honra, e co apoio do Banco Gallego, créase o equipo sénior[4]. O club adoptará o nome de Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego.

Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións autonómicas galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006/07 acadando o cuarto ascenso consecutivo chegando á Terceira División. Na súa primeira tempada na categoría o equipo conseguiu salvar a categoría quedando no oitavo posto. Na tempada 2008/09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar a promoción de ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado[5]. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º. Logo de tres anos na categoría de bronce, remata a tempada 2011-12 en 18º lugar e descende á Terceira División.

Porén, a falla de apoios económicos provocou que o equipo nunca chegase a competir de novo nesa categoría. O 1 de xuño de 2012, o Montañeros anuncia a disolución do seu equipo sénior e a súa vontade de centrarse no traballo coa canteira.[6] En 2014 o club foi absorbido polo Atlético Coruña Club de Fútbol xunto co Sporting Universidade[7][8]. En 2016 o club cambia o seu nome polo de Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[9]. A partir de 2016 volve contar con equipo sénior tras herdar a praza do Sporting Universidade.

  • Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón morado e medias moradas.

Uniformes históricos

[editar | editar a fonte]
Titular (2012)


Suplente (2012)


O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Durante a etapa 2003-2012, o equipo sénior xogaba os seus partidos na Grela e, posteriormente, en Elviña, aínda que tamén chegou a disputar un partido en Riazor fronte ao Alavés[10] despois de llo solicitar ao concello[11].

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
desde 1978 ?
ata 2003 ?
2003/04 3ª Autonómica
2004/05 2ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 Preferente
2007/08
2008/09
2009/10 2ªB 10º
2010/11 2ªB 12º
2011/12 2ªB 18º
desde 2012 Sen equipo sénior
ata 2016
Tempada Categoría Posto
2016/17 1ª Galicia
2017/18 1ª Galicia
2018/19 Preferente 10º
2019/20 Preferente 17º
2020/21 Preferente /
2021/22 Preferente /
2022/23 Preferente 12º
2023/24 Preferente
2024/25 Preferente

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Montañeros". La Futbolteca (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 Historia do Montañeros C.F. na súa páxina web oficial Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 13 de marzo de 2016.
  3. Ficha do club na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 3 de maio de 2017.
  4. "Fin a un memorable ciclo de nueve años". DEPOR Sport nº 11.753 (en castelán). 3 de xuño de 2012. p. 19. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  5. La Voz de Galicia, ed. (7 de agosto de 2009). ""O Montañeros xa é de Segunda B"". Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  6. "El Montañeros C. F. disuelve su equipo sénior" Arquivado 04 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Vavel, 1 de xuño de 2012.
  7. "El Atlético Coruña, otro impulso para la cantera local". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 2014. 
  8. "Atlético Coruña, un nuevo proyecto se consolida en la ciudad herculina". onosofutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  9. "El Montañeros CF cambia oficialmente su nombre por el de Atlético Coruña Montañeros". onosofutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  10. "Pólvora mojada en el majestuoso escenario". DEPOR Sport nº 10.859 (en castelán). 14 de decembro de 2009. p. 16. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  11. "El Montañeros solicita al Ayuntamiento jugar tres partidos en Riazor por ser el estadio municipal". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]