AD Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AD Miño
NomeAsociación Deportiva Miño
Fundación1983
EstadioCampo Municipal Gallamonde,
Miño
Capacidade1000
PresidenteGalicia Juan Ramon Anido Vidal
AdestradorGalicia Manuel A. Montero López
LigaPreferente – Grupo Norte
Grupo Lugo1.º
PatrocinadorPomesa
Na rede
web
Facebook: ADMINOCF Twitter: _AD_MINO Instagram: _ad_mino Editar o valor em Wikidata

A Asociación Deportiva Miño é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1983 no concello brigantino de Miño. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.

Compite coma local no Campo Municipal de Gallamonde de herba artificial, con capacidade para 1000 persoas.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2014/15 2ª Galicia 1.º
2015/16 1ª Galicia
2016/17 1ª Galicia
2017/18 1ª Galicia
2018/19 1ª Galicia
2019/20 1ª Galicia
2021/22 1ª Galicia
2022/23 1ª Galicia 1.º
2023/24 Preferente

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado orixinalmente no ano 1935 como Miño Club de Fútbol. O seu maior esplendor deportivo tería lugar na década de 1970, ao proclamarse campión das Mariñas, da Copa Coruña, do Mini Teresa Herrera, do conde de Fenosa e tamén do Trofeo García que enfrontaba o campión da zona das Mariñas contra o da zona da Costa.

Unha das vitorias máis prezadas polo club miñés tomou lugar ante o UD Salamanca no 1976 por 2-1 por aquel entón un conxunto de Primeira División con xogadores de renome coma o cabanés Juan Alberto Bustillo.

No 1983 adquiriu o seu nome actual Asociación Deportiva Miño sendo refundado, dous ascensos tomarían lugar dende a Segunda autonómica Galicia o último na tempada 2014/2015 superando o Galicia de Caranza e ó filial do CD As Pontes chegando a Primeira Autonómica Galicia para quedar, nestes anos de crecemento o club tamén acadou dous Campionatos da Copa de Delegación de Ferrol exactamente no 2014 e 2018.

O incríbel nivel de xogo do club miñés aseguraríalle o segundo posto na tempada do ascenso con 67 puntos, sendo superado unicamente polo Betanzos Club de Fútbol. Isto permitiu que xogaran a promoción a Preferente o 22 de maio, perdendo no Gallamonde 1-2 ante o SD Sofán, un terceiro posto na tempada 2016/2017 por detrás do Boimorto Club de Fútbol e a SD O Val, nas seguintes tempadas perderían folgos ocupando a sétima (2017-2018), novena (2018-2019) e quinta (2019-2020) prazas nunha Primeira autonómica de Galicia.

Tras o descanso marcado pola Covid 19, na tempada 2021/2022, o conxunto brigantino quedaría integrado no acabado de crear Grupo 1 Subgrupo A (a división en dous do Grupo A Coruña/Ferrol) con conxuntos da súa contorna. Nunha tempada con altos e baixos os de Miño rematarían terceiros por detrás do CD Narón e Cultural Maniños perdendo a oportunidade de unirse ó grupo de ascenso.

Favoreceu e moito ao club miñés a volta á normalidade da competición xa que acabaría grazas a dirección de Manuel A. Montero López líder do Grupo Coruña/Ferrol con 78 puntos derrotando a perseguidores constantes coma o Olímpico CF e Eume Deportivo, tras o empate a 2-2 da xornada 33 entre o conxunto e o Olímpico Cf todo se decidiría na último partido da tempada no que o club miñés non fallaría en A Grela campo do Ural CF cun demoledor 1-5 e con 3 puntos de vantaxe sobre o Olímpico CF acadando o título de campión e a promoción por vez primeira a Preferente autonómica de Galicia.[1]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular:camiseta branca cunha franxa vermella, pantalón branco e medias vermellas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El AD Miño es de Preferente (Crónica,fotos y videos de la celebración)". FútbolFerrol (en castelán). 15 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2023. Consultado o 16 de Maio de 2023.