Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xuvenil de Ponteareas
NomeSociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas
Fundación1970
EstadioPardellas, Ponteareas
PresidenteGalicia Pedro Alfaro
AdestradorGalicia Lino Estévez
LigaPreferente Galicia
2021/2215º

A Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas é un club de fútbol galego con sede en Ponteareas, que milita na Preferente Galicia. Fundado en 1970, viste camiseta con raias verticais vermellas e brancas e pantalón negro.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira SD Xuvenil foi fundada o 17 de maio de 1950 por cinco mozos que decidiron montar un club deportivo con varias disciplinas, entre as que destacaban o fútbol, o atletismo e o hóckey a patíns. A palabra "Xuvenil" do nome débese á idade dos fundadores do club, todos menores de 20 anos.[1] O club militou principalmente na Serie A e disputou catro tempadas consecutivas da Terceira División entre 1956 e 1959.[2] Disolveuse en 1964.

O actual club fundouse en 1970, co nome de Club Puenteareas, recuperando o nome do club orixinal ao ano seguinte. Foi ascendendo polas diferentes categorías do fútbol galego e na tempada 1987/88 conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División. Na súa primeira campaña na categoría estivo preto de lograr o ascenso a Segunda B, acabando subcampión do Grupo I, só por detrás do Xuventude de Cambados.

Campo[editar | editar a fonte]

O equipo xoga os seus partidos na casa no Campo de Fútbol Municipal de Pardellas.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial en liga[editar | editar a fonte]

Tempada Nivel Categoría Posto
1970/71 6 2ª Comarcal
1971/72 6 2ª Comarcal
1972/73 6 2ª Comarcal
1973/74 6 2ª Comarcal
1974/75 6 2ª Comarcal
1975/76 6 2ª Comarcal
1976/77 6 2ª Comarcal
1977/78 6 1ª Comarcal 13º
1978/79 7 2ª Comarcal ??
1979/80 7 2ª Rexional
1980/81 7 2ª Rexional
1981/82 6 1ª Rexional
1982/83 6 1ª Rexional
1983/84 6 1ª Rexional
1984/85 6 1ª Rexional
1985/86 5 Preferente
1986/87 5 Preferente 12º
1987/88 5 Preferente
Tempada Nivel Categoría Posto
1988/89 4
1989/90 4 19º
1990/91 5 Preferente
1991/92 5 Preferente 15º
1992/93 5 Preferente 18º
1993/94 6 1ª Rexional
1994/95 5 Preferente 12º
1995/96 5 Preferente 18º
1996/97 6 1ª Rexional 15º
1997/98 6 1ª Rexional
1998/99 6 1ª Rexional
1999/00 6 1ª Rexional 12º
2000/01 6 1ª Rexional 17º
2001/02 7 2ª Rexional 10º
2002/03 7 2ª Rexional
2003/04 6 1ª Rexional
2004/05 6 1ª Rexional
2005/06 6 1ª Rexional
Tempada Nivel Categoría Posto
2006/07 6 1ª Autonómica
2007/08 6 1ª Autonómica 18º
2008/09 7 2ª Autonómica
2009/10 6 1ª Autonómica 17º
2010/11 7 2ª Autonómica 16º
2011/12 8 3ª Autonómica
2012/13 7 2ª Autonómica 16º
2013/14 8 3ª Autonómica
2014/15 7 2ª Autonómica
2015/16 6 1ª Autonómica
2016/17 6 1ª Galicia 12º
2017/18 6 1ª Galicia
2018/19 5 Preferente 10º
2019/20 5 Preferente 11º
2020/21 5 Preferente
2021/22 5 3ª RFEF 15º
2022/23 6 Preferente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "S.D. Juvenil de Ponteareas, una historia de éxito". Atlántico Diario (en castelán). 1 de febreiro de 2009. p. 43. 
  2. "Sociedad Deportiva Juvenil de Puenteareas". futbol-regional.es (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]