Sociedade Deportiva Pol
S.D. Pol | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedade Deportiva Pol | ||
Alcume(s) | Polenses | ||
Fundación | 2 de xaneiro de 1979 | ||
Estadio | Manuel Luna | ||
Inauguración | 19 de agosto de 1979 | ||
Capacidade | 300 persoas | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | primeira Autonómica de Galicia tempada = Temp. 2019/2020 | ||
Vestimenta | adidas | ||
Patrocinador | Piensos Biona | ||
Na rede | |||
http://www.sdpol.org | |||
| |||
A Sociedade Deportiva Pol é un equipo de fútbol da parroquia de Mosteiro, no concello de Pol. Actualmente xoga na segunda división autonómica.
Historia[editar | editar a fonte]
A SD Pol naceu o 2 de xaneiro de 1979 no bar Abuíde de Mosteiro, onde se reuniron os primeiros responsables do club.
O primeiro presidente foi Manuel Luna. Con el procedeuse á construción do estadio sobre un terreo veciñal, que recibiu o nome do Aturuxo e que foi rebautizado posteriormente de forma oficial como estadio Manuel Luna. No seu primeiro ano de existencia, o club rematou sétimo clasificado da extinta Liga das Rías Altas (nome do grupo norte lucense da antiga Segunda Rexional, hoxe Segunda Autonómica).
A SD Pol ascendeu a Primeira División Autonómica en 3 ocasións:
- A primeira, na tempada 1986/87, cando logrou a súa maior vitoria, 18-0 contra o Rodeiro.
- Na tempada 1989/90 recuperará a categoría e logrará ademais a mellor clasificación da súa historia, sexto de Primeira Rexional.
- Na tempada 1999/2000 volverá subir por última vez a Primeira Autonómica, ó gañar unha liguiña contra o Celta Barreiros e contra o Sober.
Actualmente milita como equipo de Terceira Autonómica tras dencender na tempada 2010/11.
Títulos[editar | editar a fonte]
Os logros máis importantes do club son a Copa Deputación da tempada 1985/86 (acadada contra o Roupar) e varios subcampionatos desta competición.
Outros equipos[editar | editar a fonte]
A SD Pol contou tamén con diferentes formacións de cadetes, xuvenís e veteranos. Na tempada 2006/07 creou un equipo de baloncesto júnior, que continuou cun equipo afeccionado que xoga en Segunda Provincial. O club conta con 49 licenzas federativas e 186 socios.
Estadio[editar | editar a fonte]
As medidas do campo Manuel Luna son 105 x 62 m. O complexo do estadio conta, á parte de co campo, cun muro que rodea o recinto, vestiarios, almacén de material e bar. Está prevista unha reforma do campo para dotalo de bancada e de novas instalacións auxiliares en 2010.
O complexo foi inaugurado cun partido amigable entre o CD Lugo e o RC Deportivo da Coruña.