Cidade de Ribeira CF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade de Ribeira CF
NomeCidade de Ribeira Club de Fútbol
Alcume(s)albicelestes
Fundación2020
EstadioEstadio Municipal da Fieiteira,
Ribeira
PresidenteGalicia Juan Manuel Fungueiriño Trasbach
AdestradorGalicia Manuel "Manu" Angel Pena
LigaPreferente – Grupo Norte
Grupo Costa/Santiago1.º
PatrocinadorConcello de Ribeira
Na rede
https://cidadederibeira.es/
Twitter: CidadeRibeira Instagram: cidadederibeira Editar o valor em Wikidata

O Cidade de Ribeira Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2020 no concello barbanzán de Ribeira despois da fusión do Atlético de Riveira e o Sálvora CF. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.

Disputan os seus encontros coma locais no Estadio Municipal da Fieiteira de herba natural, antigo campo do Atlético de Riveira.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a devandita fusión entre os conxuntos ribeirenses, o Cidade de Ribeira comezaría a competir na 1° Galicia tomando a praza do Atlético de Riveira, o cal militaba nunha categoría máis alta có Sálvora CF que xogaba na 2° Galicia. Na tempada 2021-2022 o equipo acadou a clasificación á segunda fase da Primeira Galicia -reestruturada por mor da pandemia de Covid-19- xunto co Club Deportivo Unión de Asados, rematando na 4ª posición do grupo 3.

Na tempada 2023-2023, baixo o liderado de Manuel "Manu" Ángel Pena, proclamouse campión do Grupo 2 con nove puntos sobre o seu perseguidor, a SD Negreira. A maioría dos xogadores do club eran de orixe barbanzá, o que amosou que a fusión ampliou a base da canteira.[1][2] O ascenso supuxo o primeiro gran logro da nova entidade.[3]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2021/22 1ª Galicia|Grupo 3 4.º
2022/23 1ª Galicia|Grupo 2 1.º
2022/23 Preferente|Grupo Norte

Notas[editar | editar a fonte]