A escola das areas
A escola das areas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Tomás Conde Rodríguez |
Produtor | Virginia Curiá Martínez, Tomás Conde Rodríguez, José María Suárez Rodríguez |
Guión | Puri Seixido |
Fotografía | Virginia Curiá Martínez |
Estrea | 2002 |
Duración | 11 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | comedia |
Orzamento | 72 000 € |
A escola das areas é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde Rodríguez, rodada en 2002 en formato Betacam.
Trama
[editar | editar a fonte]Martín Sarmiento achégase a Pontevedra para coñecer ao doutor Morte, na procura da vacina contra a varíola. Na praza da Leña, a carón do consultorio do doutor, recibe aulas o fillo do médico, canda a outros nenos. O profesor é diglósico, e intenta falar e facer falar aos nenos lingua castelá, malia utilizar moitos galeguismos. O Padre Sarmiento, que tampouco gosta do uso da violencia, defende o uso do galego para aprender, e chega a un trato co doutor: se en tres días lle aprende a ler ao fillo, o doutor diralle o segredo da vacina.
Co seu propio método pedagóxico, o Padre Sarmiento vai facendo que Alfonso se interese pola lectura, léndolle as aventuras de Ulises e as sereas. Finalmente logra que Alfonso lea unha frase en latín (nemo repente fit sapiens, "ninguén se fai sabio de repente"), dándolle nos fociños ao profesor, que prometera facerse frade se o rapaz aprendía a ler en tres días.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor curtametraxe de animación | Lúa Films | Gañador |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A escola das areas". canletv. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016.
- Ficha na páxina da AVG