Ciencias sociais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ciencias Sociais")

As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos da humanidade non estudados nas ciencias naturais. Dedícanse ao estudo das manifestacións materiais e inmateriais das sociedades.

Tamén se emprega a distinción entre ciencias da natureza e ciencias do espírito. Nestas últimas ciencias estarían situadas as ciencias sociais.

A maioría das ciencias sociais non busca descubrir leis de alcance universal, senón interpretar o sentido da acción humana. Isto realízase principalmente por medio da comprensión das intencións subxectivas das persoas. As ciencias sociais foron recoñecidas como tales no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o home.

As principais ciencias sociais son: Política, antropoloxía, socioloxía, psicoloxía, dereito, xeografía historia, economía e filosofía.

A Ciencia Social[editar | editar a fonte]

Para podermos falar dunha Ciencia social é preciso que a disciplina á que nos refiramos teña como obxecto de estudo as accións humanas que impliquen unha interacción social que sexa relevante dentro da comunidade ou do hábitat.

A denominación concreta que presentan as ciencias sociais non sempre procede de que o obxecto de estudo sexa realmente diferente, senón da perspectiva coa cal se afronta a actividade humana e da metodoloxía de investigación empregada para acadar explicacións válidas.

Grupos de ciencias sociais[editar | editar a fonte]

O principal grupo de ciencias sociais esta formado por:

Á cal se agregan:

Outras disciplinas, que son situadas ás veces como parte das humanidades, son:

Moitas das disciplinas científicas que integran este grupo tiveron discusións epistemolóxicas respecto de que é unha ciencia. Nos seus inicios tomouse como modelo dunha ciencia social á física e demais ciencias naturais. Así a todo co tempo identificouse a particularidade do obxecto de estudo, que é a sociedade, a cal non se encadra dentro dos métodos e supostos que estudan as ciencias naturais.

Na actualidade existen críticas á crecente especialización e escasa intercomunicación entre as ciencias sociais. Isto iría en menoscabo dunha análise global da sociedade (ver Wallerstein 1996).

A Encyclopedia of Sociology (Borgata e Mantgomery 2000), estuda este tema: A Socioloxía é a materia máis aberta a achegas do resto das Ciencias sociais e isto dedúcese das compilacións de índices de citacións en artigos e libros. A interrelación entre as ciencias sociais permite que nas zonas fronteirizas das mesmas se vaian creando híbridos que, ó final, proporcionan coherencia ós estudos das ciencias en cuestión.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borgatta, Edgar F. e Rhonda J. V. Montgomery. (1992) 2ª edición 2000. Encyclopedia of Sociology . 5 volumes. Macmillan. ISBN 0-02-864853-6
  • Wallerstein, Immanuel. 1996. Abrir las Ciencias Sociales. Século XXI, México. ISBN 968-23-2012-7.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Raecpedia, Unha enciclopedia en ciencias sociais desde unha visión latinoamericana baixo licenza GFDL".