Filoloxía galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

A filoloxía galega é a rama da filoloxía que se ocupa do estudo da lingua galega. Esta titulación fornece un ensino literario e lingüístico relacionada co contexto galego. Impártese en Galiza (Na Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo). Ademais existe oferta de lingua galega, minors e graos de estudos galegos en universidades de ámbito estatal e internacional. Está moi relacionada coa filoloxía portuguesa.

Ensino en Galiza[editar | editar a fonte]

Ata a década dos anos 1980, os estudos de filoloxía galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a filoloxía galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías están centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.

A distribución das Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte:

Universidade de Santiago de Compostela Campus de Santiago Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica[1]
Campus de Lugo Filoloxía hispánica[2]
Universidade da Coruña Campus da Coruña Filoloxía galega, hispánica e inglesa[3]
Campus de Ferrol non hai filoloxías
Universidade de Vigo Campus de Vigo Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)[4]
Campus de Pontevedra non hai filoloxías
Campus de Ourense non hai filoloxías

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]