Celoriu, Llanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Celorio")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celoriu
Iglesia de San Salvador de Celorio.jpg
Igrexa de San Salvador
ConcelloLlanes
ProvinciaAsturias
Área8,9 km²
Poboación406 hab. (2010)
Densidade45,62 hab./km²
Entidades de poboación1
editar datos en Wikidata ]

Celoriu[1] é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. En 2006 tiña unha poboación de 406 habitantes (segundo o INE) en 8,9 km². A localidade atópase situada entre a costa, ao norte, e a estrada AS-263 e a liña de Feve, ao sur. Dista 4,5 quilómetros da capital do concello, situada ao leste.

Localización[editar | editar a fonte]

Celoriu limita ao leste coas parroquias de Po e Porrúa, ao oeste con Barru, Posada e Caldueñu, e ao sur co concello de Cabrales.

Lugares de interese turístico[editar | editar a fonte]

Cara de Cristo.

Unha das características de Celoriu é o seu gran número de praias, como Palombina, Las Cámaras, Samartín, Portiellu e Borizu.[2][3] sendo as dúas primeiras urbanas.[4]

Tamén de interese turístico é unha conxunción rochosa que se produce en certo punto da marea xunto á praia de Troenzo, e que se coñece como a "Cara de Cristo". Desde un punto dunha península adxunta pódese observar unha figura que se asemella ao perfil dun rostro.

Destaca na vila a igrexa e o mosteiro de San Salvador (patrón de Celoriu), fundados segundo algunhas tradicións en 1017, pero de cuxas construcións orixinais só queda en pé unha torre e o arco dunha portada, obras do século XIII en estilo románico tardío,[5] así como unha cruz de pedra próxima á igrexa e cuxa representación está incluída no escudo da vila que existe no adro da igrexa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  2. José Francisco Mallada. "Celoriu". Llanesnet.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  3. Xosé Firmu García Cosío; Javier Rodríguez Muñoz (2000). "CELORIO/CELORIU". En Editorial Prensa Asturiana. Diccionario Geográfico de Asturias. Ciudades, Villas y Pueblos. pp. 277–279. ISBN 978-84-87730-94-8. 
  4. "Playa de Palombina". Portal oficial de turismo del Ayuntamiento de Llanes. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  5. Yzquierdo Perrín, Ramón (2003). Los caminos a Compostela. El arte de la peregrinación. Madrid. Encuentro. p. 57. ISBN 84-7490-693-8. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.