Adamantios Koraís
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de abril de 1748 Esmirna (Imperio Otomán) |
| Morte | 6 de abril de 1833 París (Monarquía de Xullo) |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Educación | Evangelical School of Smyrna (en) Universidade de Montpellier |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Greek philology (en) |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | lexicógrafo, crítico literario, médico, humanista, escritor, lingüista, filósofo, filólogo |
| Membro de | |
| Movemento | Ilustración grega |
| Alumnos | Ambroise Firmin Didot |
| Pseudónimo literario | Adamance Coray |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Pais | Joannis Korais |
| Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Coraïs Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Adamantios Koraís ou Coraís, nado o 27 de abril de 1748 en Esmirna, Anatolia e finado o 6 de abril de 1833 en París, foi un académico e humanista grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina en Francia e foi en París onde se empeñou en realizar unha carreira literaria. Dedicouse a concienciar sobre as aspiracións nacionais dos seus compatriotas e a incrementar a comprensión do legado cultural heleno. O seu apoio ao clasicismo tivo unha grande influencia sobre o idioma grego e a súa cultura.
Entre as súas antoloxías atópanse os dezasete volumes da Biblioteca de Literatura Grega, escrita de 1805 a 1826 e a obra Parerga, de nove tomos, que fixo entre 1809 e 1827. Mediante o seu lexicón Atakta que redactou de 1828 a 1835 e que representa o primeiro dicionario de grego moderno, Korais creou unha nova linguaxe literaria no seu idioma ao combinar elementos do grego vernáculo (dimotikí) co grego antigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adamantios Koraís |