Sapere aude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sapere aude é unha locución latina que significa "atrévete a saber". Tamén adoita interpretarse como "ten o valor de usar a túa propia razón".

Orixe e divulgación[editar | editar a fonte]

A frase foi cuñada por Horacio no século I a. C. nunha epístola ao seu amigo Lolius, a Epístola II do Epistularum liber primus:[1]

Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe ("Quen comezou, xa fixo a metade: atrévete a saber, empeza")
Horacio: "Epistularum liber primus" II, 40

A súa divulgación débese ao filósofo alemán Immanuel Kant no seu ensaio Resposta á pregunta: Que é Ilustración?.

Traducións e usos[editar | editar a fonte]

A frase ten moitas traducións, pero no contexto da carta (que trata sobre os múltiples procedementos que Ulises usou no seu regreso de Troia para superar as probas ás que se enfrontou) pódese entender como «ten o valor de usar a túa habilidade para pensar». Outros tradúcena como «atreverse a pensar».

Desde entón, utilízase con frecuencia como tópico literario e tamén como lema de varias universidades,[2] e mesmo aparece no escudo de armas de varios condados ingleses e cidades.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Epistularum liber primus" II, 40 en The Latin Library
  2. Aparece no escudo da Universidade de Huelva; é lema da Universidade Europea Miguel de Cervantes e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, é usada polo Claustro Universitario de Chihuahua (http://www.claustro.edu.mx).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]