Jan Swammerdam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Swammerdam
Jan Swammerdam.jpg
Nacemento12 de febreiro de 1637
Lugar de nacementoÁmsterdam
Falecemento17 de febreiro de 1680
Lugar de falecementoÁmsterdam
Causamalaria
NacionalidadePaíses Baixos
Alma máterUniversidade de Leiden
Ocupaciónapicultor, entomólogo, médico, anatomista, naturalista e biólogo
editar datos en Wikidata ]

Jan Swammerdam, nado o 12 de febreiro de 1637 e morto o 17 de febreiro de 1680, foi un científico dos Países Baixos, un dos pioneiros no uso do microscopio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jan era fillo dun farmacéutico de Ámsterdam que era coñecido pola súa colección de historia natural. Apoiou as ideas de Descartes en relación á maneira como a natureza debe ser abordada. Estudou anatomía cun coñecido profesor de Leiden da altura, Franciscus de le Boë Sylvius, e foi un espírito creativo no que respecta aos posíbeis usos do microscópio no estudo do corpo humano. Descubriu os glóbulos vermellos e describiu as estruturas do cerebro, pulmóns e medula espiñal humanos.