Wilhelm von Humboldt
Wilhelm von Humboldt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand von Humboldt |
Nacemento | 22 de xuño de 1767 e 1767 |
Lugar de nacemento | Potsdam e Kabinetthaus |
Falecemento | 8 de abril de 1835 (67 anos) |
Lugar de falecemento | Berlín |
Soterrado | Schloss Tegel |
Nacionalidade | Reino de Prusia |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Alma Mater Viadrina e Universidade de Gotinga |
Ocupación | lingüista, diplomático, antropólogo, mestre, político, filósofo, escritor e historiador |
Pai | Alexander Georg von Humboldt |
Nai | Marie-Elisabeth von Humboldt |
Cónxuxe | Caroline von Humboldt |
Fillos | Gabriele von Bülow, Adelheid von Hedemann, Caroline von Humboldt e Theodor von Humboldt |
Irmáns | Alexander von Humboldt |
Premios | Orde da Aguia Negra, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand Freiherr von Humboldt, nado o 22 de xuño de 1767 en Potsdam e finado o 8 de abril de 1835 en Tegel, foi un lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán. Despois de realizar estudos científicos, así como de grego e de francés, recibiu unha introdución á filosofía e á administración. Durante tres semestres estudou filoloxía e ciencias en Gotinga con Lichtenberg, onde leu a Kant.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É irmán de Alexander von Humboldt. En calidade de Ministro prusiano de Educación (1809-1810), reformou profundamente o sistema escolar, baseándose nas ideas de Johann Heinrich Pestalozzi — enviou aos profesores prusianos a estudar os seus métodos a Suíza. Como un dos grandes reformistas liberais xunto con Stein e Hardenberg, tivo unha acción determinante no seo do goberno ata 1819, ano no que se retira debido á súa oposición ás ideas reaccionarias que predominaban.
Como funcionario, estará ata 1819 ao servizo do Estado Prusiano, especialmente como diplomático en Francia, o que lle dará a oportunidade de estudar a lingua vasca, e con tal motivo descobre con cento cincuenta anos de adianto os principios da descrición lingüística moderna: o estudo das linguas en sincronía, o estudo descritivo e non prescriptivo, a importancia do corpus e dos informadores así como a importancia de categorías gramaticais que describen precisamente os fenómenos propios á lingua estudada, o que o leva a rexeitar a pertinencia da gramática latina para unha lingua como o vasco.
O interese de Humboldt céntrase principalmente na tipoloxía, de onde a vontade de describir o maior número de linguas posibles, a fin de descubrir os universais lingüísticos. El sérvese da categorización en linguas con flexión (ruso, alemán, latín), linguas aglutinantes (turco, húngaro) e linguas illantes (chinés). Dos seus traballos presérvanse especialmente a súa filosofía da lingua, destacada por Ernst Cassirer na súa filosofía das formas simbólicas, pero tamén máis xeralmente e máis vagamente, o que se deu en chamar hipótese humboldtiana, que se une á hipótese Sapir-Whorf, que pretende que as categorías da lingua falada predeterminan as nosas categorías de pensamento.
En 1834, bautiza a familia das linguas austronesias, que se estenden pola Illa de Pascua, malaio-polinesia en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-39, publicación póstuma). O kavi é unha lingua literaria antiga falada en Xava. Esta obra é considerada desde entón como exemplar en materia lingüística.
Introduciu en 1836, o concepto de lingua aglutinante.
Fundou a Universidade Humboldt de Berlín — o que fai del un visionario en materia de investigación e de pedagoxía, capaz de comprender por que é necesario confrontar as disciplinas para facer avanzar o saber sen prexuízos. Era amigo de Goethe e de Friedrich von Schiller.
Castelo de Tegel[editar | editar a fonte]
En posesión da familia Humboldt desde o fin do século XVIII, o castelo de Tegel, onde morreu, é tamén chamado Humboldt Schlösschen, tanto máis canto que aínda está habitado polos seus descendentes.
Antigo pavillón de caza dos Grandes Electores, o castelo foi restaurado por Schinkel para as necesidades de Wilhelm von Humboldt. De inspiración clásica, o edificio presenta catro torres angulares adornadas de releves de Rauch inspirados nas oito divindades da Torre dos Ventos de Atenas.
Schinkel concibiu tamén os apartamentos do castelo preservando a harmonía clásica do conxunto: a maior parte do mobiliario da época eran pezas de colección que Wilhelm von Humbolt trouxo da súa estancia en Roma.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Trabant, L'introduction à l'œuvre sur le Kavi.