Javier Mascherano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Javier Mascherano
JMascherano.JPG
Información persoal
Nome completoJavier Alejandro Mascherano
Nacemento8 de xuño de 1984 (34 anos)
LugarSan Lorenzo, Arxentina
Altura1,74 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualBarcelona
Número14
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2003–2005River Plate46(1)
2005–2006Corinthians26(0)
2006–2007West Ham United5(0)
2007–2010Liverpool94(3)
2010–Barcelona28(0)
Selección nacional
2003Arxentina sub-2022(1)
2004-2008Arxentina sub-2318(0)
2003-Arxentina73(2)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de setembro de 2011.
† Aparicións (Goles)

Javier Alejandro Mascherano, nado en San Lorenzo o 8 de xuño de 1984, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista defensivo e o seu actual equipo é o FC Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en San Lorenzo (Arxentina). xogou desde mozo nas categorías inferiores do River Plate. En 2003 Mascherano empeza a xogar co primeiro persoal. Debuta na Primeira división da liga arxentina de fútbol o 3 de agosto de 2003 no partido River Plate 2-1 Nueva Chicago. Con River Plate proclamouse campión do Torneo Clausura en 2004.

Na Copa Libertadores 2005 marcou o seu primeiro gol oficial coa camiseta de River Plate nunha apilada fenomenal contra Olmedo de Ecuador facendo un dos mellores goles desa copa.

Durante ese ano, varios clubs europeos mostraron interese en fichar a Mascherano, pero finalmente faio Corinthians en 2005. Con este equipo gañou unha Liga brasileira.

Novamente cambia de club o 30 de agosto do ano 2006, é traspasado (xunto co tamén arxentino e xogador do Corinthians Carlos Tévez) ao West Ham United inglés, pola suma de 35 millóns de dólares. No club inglés non lle foi moi ben xa que o técnico non o convocaba a case ningún partido, de xeito inexplicable, provocando o desexo extremo do Jefecito a abandonar devandita entidade.

A fins do 2006, o Liverpool manifestou a súa intención de contratar a Mascherano, pero debido a que a regulamentación da FIFA prohibe a participación dun xogador en tres equipos nunha mesma tempada e Mascherano xa xogara no Corinthians e o West Ham United, o equipo de Anfield realizou un pedido ante a FIFA para poder dispor de Mascherano. O 31 de xaneiro do 2007, a FIFA outorgou o permiso logo de considerar as coincidencias nas tempadas do fútbol suramericano e europeo. Con todo, o Liverpool debeu esperar o visto e prace por parte da Premier League[1], que finalmente foi outorgado. Para rematar, debutou oficialmente no Liverpool ante o Sheffield United, o 24 de febreiro de 2007.

A finais de febreiro de 2008, asinou un contrato permanente con Liverpool FC ata 2012 pola cifra de 18 millóns de libras ($ 35 700 000), con todo, sendo un titular indiscutido, o 27 de agosto do 2010 o Liverpool FC asinou un acordo para o traspaso do xogador ao FC Barcelona de España pola cantidade de 24 de millóns de euros[2] para as 4 próximas tempadas, cobrando o xogador 5,5 millóns de euros ao ano máis incentivos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

River Plate
Corinthians
Barcelona

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]