Selección de fútbol de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Hungary.svg
Hungría
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na casa
Fóra
Asociación Magyar Labdarúgó Szövetség
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA HUN
Alcume Aranycsapat
(anos 1950)
Clasificación FIFA 62 (14 de xullo de 2010)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Flag of the Netherlands.svg Erwin Koeman
Máis partidos József Bozsik (101)
Máximo goleador Ferenc Puskás (84)
Estrea internacional
Austria Austria 5 - 0 Hungría Hungría

Viena, Austria; 12 de outubro de 1902

Maior vitoria
Rusia Flag of Russia.svg 0 - 12 Hungría Hungría
Moscova, Rusia; 14 de xullo de 1912

Hungría Hungría 13 - 1 Francia Francia
Budapest, Hungría; 12 de xuño de 1927
Hungría Hungría 12 - 0 Albania AlbaniaFlag of Hungary.svg
Tirana, Albania; 12 de setembro de 1950

Maior derrota
Hungría Hungría 0 - 7 Inglaterra Inglaterra

Budapest, Hungría; 10 de xuño de 1908
Inglaterra de afeccionados Inglaterra 7 - 0 Hungría Hungría
Solna, Suecia; 30 de xuño de 1912
Alemaña Alemaña 7 - 0 Hungría Hungría
Colonia, Alemaña; 6 de abril de 1941

Campionato do Mundo
Participacións 9 (Italia 1934)
Mellor resultado 2º (2) (1938, 1954)
Eurocopa
Participacións 2 (España 1964)
Mellor resultado 3º (1964)

A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro"

O equipo de Ouro[editar | editar a fonte]

Hungría é recoñecida por ser un dos equipos de máis calidade e que máis influencia tiveron na historia do fútbol. Talvez esta escuadra sexa a inventora de moitos aspectos do xogo tal como se desenrola hoxe en día. O "Aranycsapat" (Equipo de Ouro, en húngaro) estaba baseado na súa dianteira formada por Ferenc Puskás, Sándor Kocsis, József Bozsik, Nándor Hidegkuti e Zoltán Czibor. O propio Rinus Michels ten comentado que o Equipo de Ouro foi o primeiro en practicar o "Fútbol Total" que fixo popular Holanda nos anos 70. O adestrador húngaro, Gusztáv Sebes chamaba ao seu estilo de xogo Futbol socialista. Entre o 4 de xuño de 1950 e a final do mundial de 1954 conseguiron o record de 43 vitorias e 7 empates, con memorables partidos coma o que os enfrontou á selección inglesa no estado de Wembley onde gañaron por 3-6, sendo a vez primeira que Inglaterra era derrotada na súa propia casa. Así mesmo ten a máxima distinción da clasificación ELO de Fútbol con 2173 puntos en xuño de 1954 e o segundo posto con 2153 no ano 1956. Superan a equipos coma o Brasil, Inglaterra, Alemaña ou Italia.

Hungría foi dúas veces finalista nos mundiais, en 1938, perdendo coa Italia por 4-2 e no ano 1954 coa Alemaña por 3-2. A este encontro se lle chama O milagre de Berna xa que na primeira fase os húngaros derrotaran aos alemáns por 8-3. Houbo moita polémica debido a un gol anulado a Puskas no minuto 89 por un máis que discutible fóra de xogo. No tempo de lecer Sándor Kocsis foi derrubado dentro da área xermana e o árbitro non sinalou nada. Ao remata-lo encontro houbo sospeitas de dopaxe sobre o equipo alemán, debido á incrible forma física que mostraron ao longo do partido. Nunca se puido probar nada, só quedaron as sospeitas que se incrementaron cando despois da final moitos xogadores xermanos tiveron que ser enviados a casas de repouso.

Por outra banda Hungría gañou o ouro olímpico en tres ocasións 1952, 1964 e 1968. Tamén o equipo Sub-23 gañou o Campionato Europeo en 1974.

Récords[editar | editar a fonte]

O encontro entre Austria e Hungría en Viena en 1902 foi o primeiro encontro internacional xogado entre dous países non británicos.

Hungría foi o primeiro equipo en vencer a Inglaterra na casa, coa famosa vitoria por 3-6 no estadio de Wembley o 25 de novembro de 1953. Una ano despois, en Budapest os húngaros gañarían de novo, esta vez por 7-1. Segue a ser a peor derrota sufrida pola selección inglesa.

Ostentan o récord de encontros internacionais imbatidos (33), entre o 14 de maio e o 4 de xullo de 1954.

Na actualidade[editar | editar a fonte]

Hoxe, Hungría é un equipo menor no panorama internacional, non entrando nun mundial dende 1986 e nunha eurocopa dende 1972.

Nos Mundiais[editar | editar a fonte]

  • 1930 - Non participou.
  • 1934 - Cuartos de final.
  • 1938 - Subcampións.
  • 1950 - Non participou.
  • 1954 - Subcampións.
  • 1958 - Primeira rolda.
  • 1962 - Cuartos de final.
  • 1966 - Cuartos de final.
  • 1970 - Non se clasificou.
  • 1974 - Non se clasificou.
  • 1978 - Primeira rolda.
  • 1982 - Primeira rolda.
  • 1986 - Primeira rolda.
  • 1990 a 2010 - Non se clasificou.

Nas Eurocopas[editar | editar a fonte]

  • 1960 - Non se clasificou.
  • 1964 - 3º posto.
  • 1968 - Non se clasificou.
  • 1972 - 4º posto.
  • 1976 a 2012 - Non se clasificou.

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Actualizado o 6 de febreiro de 2013

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]