Asociación do Fútbol Arxentino
| Asociación do Fútbol Arxentino | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Deporte
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Matriz
| |||||
|
Presidente/a
Claudio Tapia 30 de marzo de 2017 | |||||
|
Membro de
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) (en castelán: Asociación del Fútbol Argentino) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol da Arxentina. Tamén organiza o Campionato de Futsal AFA e os torneos de fútbol praia dese país. Foi fundada por Alejandro Watson Hutton en Buenos Aires o 21 de febreiro de 1893 (132 anos) co nome de Argentine Association Football League, sendo a máis antiga do continente. Tras un proceso de cambio de nomes, castelanización e fusións, adoptou en 1934 a denominación Asociación del Football Argentino e posteriormente en 1946 a súa denominación definitiva de Asociación del Fútbol Argentino. Está afiliada á FIFA dende 1912 e á Conmebol dende 1916 (foi un dos seus membros fundadores). Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.