José Lago Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Lago
Información persoal
Nome José Lago Millán
Nacemento 1954 (69 anos)
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento século XX
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Pontevedra Sporting Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Pontevedra Sporting Club
Adestrador
1927-1928 Selección Arxentina
1932 CA Boca Juniors
1936-1937 Selección Arxentina Asistente
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

José Lago Millán, nado en 1893 ou 1894 en Pontevedra, foi un deportista polifacético e adestrador de fútbol de principios do século XX e persoa fundamental no desenvolvemento do deporte na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa Pontevedra natal comezou a práctica deportiva, tanto xogando no Pontevedra Sporting Club coma ciclismo. Emigrou moi novo á Arxentina, onde se graduou en Educación Física e exerceu de profesor de Cultura Física na YMCA (Asociación Cristiana de Jóvenes) e no colexio Mariano Moreno, diversificando a súa activida con calistenia, atletismo, natación, baloncesto e incluso psicoloxía do deporte.

Entre os anos 1923 e 1926 dirixiu o equipo de atletismo do país americano. No ano 1927 fíxose cargo da dirección da Selección de fútbol da Arxentina para mellorar a súa condición física. Debutou oficialmente o 14 de xullo de 1927 gañando 1-0 ante o Uruguai na Copa Newton. Este primeiro ano dirixiu o equipo no Campionato Suramericano do Perú 1927 do que se proclamou campión derrotando na final por 5-1 á anfitrioa.

Ao ano seguinte dirixiu ao equipo nos Xogos Olímpicos de Ámsterdam 1928, primeira vez que a Arxentina enviaba representación para competir en fútbol, perdendo a final contra o Uruguai no encontro de desempate tras o empate a un tanto no primeiro encontro.[1]

En 1932, foi nomeado adestrador do CA Boca Juniors para substituír a Mario Fortunato, dirixindo ao equipo en dous encontros.[2]

No ano 1937 regresara á selección coma axudante do adestrador Manuel Seoane, tamén de orixe galega.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]