Selección de fútbol do Canadá
Aparencia
|
| |||
| |||
| Asociación | Canadian Soccer Association | ||
| Confederación | CONCACAF (Norteamérica) | ||
| Código FIFA | CAN | ||
| Alcume | Canucks, Rouges (vermellos) | ||
| Clasificación FIFA | 73 (11 de xuño de 2020) | ||
| Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
| Seleccionador | |||
| Máis encontros | Julián de Guzmán (89) | ||
| Máximo goleador | Dwayne De Rosario (22) | ||
| Estrea internacional Estados Unidos Newark, Estados Unidos; 28 de novembro de 1885 | |||
| Maior vitoria Illas Virxes Est. Bradenton, Estados Unidos; 9 de setembro de 2018 | |||
| Maior derrota México Cidade de México, México; 18 de xullo de 1993 | |||
| Copa do Mundo | |||
| Participacións | 1 (primeira en 1986) | ||
| Mellor resultado | Fase de grupos (1986) | ||
| Copa Ouro | |||
| Participacións | 17 (primeira en 1977) | ||
| Mellor resultado | Campións (1985, 2000) | ||
A selección de fútbol do Canadá (en francés: Équipe du Canada de soccer, en inglés: Canada national soccer team) é o equipo representativo do Canadá nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación Canadense de Fútbol (Association canadienne de soccer, Canadian Soccer Association), pertencente á CONCACAF e á FIFA. Alcumados os Canucks, os seus maiores éxitos son unha participación na fase final da Copa do Mundo (1986), onde caeron na fase de grupos, e dúas Copas de Ouro da CONCACAF (1985, 2000). O Canadá é o único equipo da CONCACAF en gañar a Copa de Ouro, fóra de México e os Estados Unidos.
