Francisco Olazar
Francisco Olazar | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Olazar | ||
Nacemento | 11 de xullo de 1885 | ||
Lugar de nacemento | Quilmes | ||
Falecemento | 21 de setembro de 1958 | ||
Lugar de falecemento | Buenos Aires | ||
Altura | 165 centímetros | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1900–1910 | Racing Club | 225 | (38) |
Selección nacional | |||
Selección de fútbol da Arxentina | 18 | (1) | |
Adestrador | |||
1928–1930 | Selección de fútbol da Arxentina | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Olazar, nado o 11 de xullo de 1885 en Quilmes e finado o 21 de setembro de 1958 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coma xogador formouse no Racing Club de Avellaneda, único equipo co que xogaría e co que debutou na Primeira División arxentina en 1910. No equipo arxentino desenvolveu unha exitosa carreira coa consecución do título de liga en oito ocasións, sete delas de maneira consecutiva.
Como adestrador dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina en 11 ocasións entre 1929 e 1930, dirixindo ao equipo á consecución do título da Copa América, disputada en 1929 en Buenos Aires, e no Mundial de Fútbol Uruguai 1930 no que acadou o subcampionato.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Coma xogador, co Racing de Avellaneda: Ligas arxentina (8): 1913, 1914, 1915, 1916, 1917, 1918, 1919 e 1921.
Coma adestrador, coa selección de fútbol da Arxentina: Copa América 1929.