Victorio Spinetto
Victorio Spinetto | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Victorio Luis Spinetto | ||
Nacemento | 3 de xuño de 1911 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 28 de agosto de 1990 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1932 | CA Platense | 7 | (1) |
1932-1941 | Vélez Sársfield | 210 | (45) |
1938-1939 | CA Independiente | 16 | (3) |
Total | 233 | (49) | |
Selección nacional | |||
1934-1936 | Selección de fútbol da Arxentina | ||
Adestrador | |||
1942-1956 | Vélez Sársfield | ||
1956-1959 | CA Atlanta | ||
1959 | Selección de fútbol da Arxentina | ||
1960-1961 | Selección de fútbol da Arxentina | ||
1962-1963 | Argentinos Juniors | ||
1970 | Racing Club | ||
1971 | Racing Club | ||
1972-1973 | Argentinos Juniors | ||
1973-1976 | Ferro Carril Oeste | ||
1978 | Argentinos Juniors | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Victorio Luis Spinetto, nado o 3 de xuño de 1911 en Buenos Aires e finado o 28 de agosto de 1990 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coma xogador[editar | editar a fonte]
Debutou profesionalmente no Vélez Sársfield en 1932, onde xogou practicamente toda a súa carreira a excepción de case dous anos no CA Independiente. En 1941 vese obrigado a retirarse a causa dunha lesión grave tras o descenso ese mesmo ano de Vélez á Segunda División por primeira vez na súa historia.
Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1934 e 1936.
Pese a xogar en posicións atrasadas, defensa ou centrocampista defensivo, tiña unha gran capacidade goleadora, anotando 45 goles en Vélez, incluíndo catro nun só encontro, ante Chacaritas Juniors.
Coma adestrador[editar | editar a fonte]
Pouco despois de retirarse comezou a dirixir ao Vélez Sársfield, devolvendo o equipo á Primeira División en 1943 e dirixindoo durante catorce anos consecutivos. Estivo a piques de acadar o título de Liga en 1953.
Ademais doutros equipos tanto da máxima categoría do fútbol arxentino como doutras división tamén dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina, coa que acadou o título da Copa América en 1959 sen perder ningún encontro.
Nos últimos anos adicousa ás categorías inferiores do club da súa vida, Vélez Sársfield.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Co CA Independiente
- Campión da Liga arxentina (1): 1938.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Ca selección arxentina
- Campión da Copa América (1): 1959.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1910
- Finados en 1990
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Platense
- Xogadores do CA Vélez Sarsfield
- Xogadores do CA Independiente
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA Vélez Sársfield
- Adestradores do CA Atlanta
- Adestradores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Argentinos Juniors
- Adestradores do Racing Club de Avellaneda
- Adestradores do Ferro Carril Oeste