Eurocopa de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurocopa
Fundación1960
RexiónEuropa (UEFA)
Equipos24
Actual campiónItalia Italia
(2º título)
Máis laureadoAlemaña Alemaña
España España
(3 títulos)
Sitio webwww.uefa.com

O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.

A competición[editar | editar a fonte]

Ata 1976, só catro equipos se clasificaban para o torneo final, número que aumentou a oito en 1980, a dezaseis en 1996, e aos actuais 24 equipos dende 2016. O equipo do país que alberga o campionato clasifícase automaticamente, namentres que os demais, incluído o campión, teñen que xogar unha fase previa.

Trofeo[editar | editar a fonte]

O Trofeo Henri Delaunay, é chamado así en honra a Henri Delaunay, o primeiro secretario xeral da UEFA e ademais o creador da competición. Nunca puido chegar a presenzala xa que faleceu cinco anos antes de disputarse o primeiro torneo en 1960.

Historia[editar | editar a fonte]

Henri Delaunay comezou as súas tentativas de organizar este torneo ao redor de 1927, pero non foi ata 1958 cando se celebrou a primeira edición. Tendo en conta os grandes esforzos que puxo na disputa do mesmo, a UEFA decidiu que o primeiro campionato se disputase en Francia, e a copa aínda hoxe recibe o seu nome. En 1956 o traballo de base para a celebración do evento xa estaba en marcha. Así, dous anos despois, en 1958 comezou a primeira Eurocopa de Fútbol. O formato orixinal da competición consistía en varias roldas eliminatorias nas que as seleccións se enfrontaban en dous encontros, un na casa e o outro fóra. Esta era a norma excepto nas semifinais e final que se xogaban a partido único no país que era a sede do torneo. A primeira final foi en París onde a URSS derrotou na prórroga á escuadra de Iugoslavia. Esta primeira edición foi tamén a primeira en verse afectada por asuntos políticos, xa que nos cuartos de final España retirouse da competición, ao negarse a viaxar á Unión Soviética para xogar a súa eliminatoria.

Na Eurocopa de 1964 repetíronse os problemas políticos cando Grecia rexeitou xogar contra Albania, pois estes dous países estaban a vivir unha guerra non declarada. A fase final disputouse en España, e a selección deste país acadou a súa primeira final, onde o seu rival foi a Unión Soviética, anterior campioa. Chus Pereda anotou para os españois nos primeiros minutos pero Khusainov empatou case inmediatamente. Xa no minuto 84, o galego Marcelino superou cunha cabezada a Lev Iashin, dándolle a España o primeiro título da súa historia.

En 1968 trocou o formato da competición. Oito grupos de oito equipos xogaron uns contra os outros dúas veces, e os primeiros disputaron uns cuartos de final a dobre volta. As semifinais e a final xogáronse no país sede (Italia). Na final, a selección italiana venceu a Iugoslavia na repetición do encontro por 2-0, despois de que o primeiro partido rematara 1-1. Riva e Anastasi foron os goleadores italianos no partido de desempate. En 1972 seguiuse a emprega-lo mesmo formato, sendo Bélxica a sede do torneo. A selección de Alemaña Occidental gañou a final á URSS por 3-0. A final de 1976 disputouse en Iugoslavia. Na final, Checoslovaquia fíxose coa vitoria nos penaltis fronte á Alemaña. O lanzamento decisivo realizouno Antonín Panenka disparando suavemente polo medio da portería, un xeito de lanzamento que acabou recibindo o nome do xogador checoslavco.

No ano 1980 a UEFA trocou de novo o formato, clasificándose oito equipos para as finais. Estes dividíronse en dous grupos de catro, que se enfrontaron entre si unha soa vez. Os campións de cada grupo foron os finalistas. Alemaña enfrontouse a Bélxica na final, a quen venceu 2-1 con dous goles de Horst Hrubesch. En 1984 empregouse o mesmo sistema, mais esta vez os dous primeiros de cada un dos grupos pasaron a semifinais. Francia venceu a España por 2-0 con goles de Michel Platini e Bruno Bellone. O gardametas vasco Luis Miguel Arconada foi nomeado mellor porteiro do torneo, a pesar de que un erro seu lle custou un gol a España na final.

A Eurocopa de 1988 celebrouse en Alemaña Occidental, e seguiuse a emprega-lo modelo da Eurocopa anterior. Países Baixos fíxose co título vencendo na final á URSS por 2-0.

A Eurocopa de Fútbol 1992 disputouse en Suecia nun tempo de trocos políticos no panorama europeo. Alemaña unida disputa por vez primeira unha eurocopa, e tamén o fai a Comunidade de Estados Independentes, resultado da ruptura da URSS. Iugoslavia clasificouse para as finais, pero foron excluídos pola Guerra dos Balcáns. Dinamarca xogou no seu lugar e sorprendentemente quedaron campións, vencendo á Alemaña por 2-0 na final, con goles de Gullit e Van Basten.

Coa ruptura da URSS formáronse novos países, polo que o número de seleccións en Europa aumentou considerablemente. A Eurocopa tamén se adaptou e o número de equipos participantes pasou a ser dezaseis, divididos en catro grupos de catro, pasando os dous primeiros a cuartos de final. Así, na Eurocopa de 1996 disputada en Inglaterra presentáronse 16 equipos. Alemaña venceu por 2-1 á República Checa grazas a un gol de ouro de Oliver Bierhoff.

Bélxica e Países Baixos foron os primeiros países en comparti-la organización do evento no ano 2000. Francia alzouse coa vitoria cun gol de ouro de David Trézéguet. Na Eurocopa de Fútbol 2004 empregouse por vez primeira o gol de prata, substituíndo ao gol de ouro anterior. Desta volta Grecia venceu a Portugal na final cun solitario gol de Charisteas.

Nas edicións de 2008 en Austria-Suíza e 2012 en Ucraína-Polonia resultou vencedora a selección española, derrotando na final da primeira delas a Alemaña por 1-0; e na segunda final a Italia por 4-0, sendo esta última final a do resultado máis avultado de todas as disputadas. Con estes dous títulos, a selección española converteuse na primeira en acadar dous triunfos consecutivos, amais de permitirlle igualar á selección alemá en ser as seleccións con máis títulos (3).

Na edición de 2016 o número de equipos volveu aumentar, acadando as 24 seleccións. O torneo celebrouse por terceira vez en Francia, e a selección anfitrioa caeu na final contra Portugal, grazas a un gol na prórroga de Éder. Para a edición de 2020 cambiouse o formato das sedes, pasando a disputarse en diferentes cidades de varios países europeos, con semifinais e finais no estadio londiniense de Wembley. A pandemia de COVID-19 provocou o adiamento do torneo, que se disputou finalmente en 2021, con medidas de prevención como a limitación de público. A campioa foi Italia, que acadou o seu segundo título despois de vencer na quenda de penaltis a Inglaterra.

Formato[editar | editar a fonte]

Roldas Clasificatorias[editar | editar a fonte]

Para chegar á fase final da Eurocopa unha escuadra ten que rematar coma campión ou subcampión do seu respectivo grupo de clasificación, coa excepción dos países sedes do torneo que se clasifican automaticamente. Estes encontros comezan en outono xusto despois de disputarse o Mundial.

Os grupos son elixidos pola UEFA nun sorteo con cabezas de serie, de tal xeito que as escuadras consideradas máis fortes non se enfronten entre si nesta fase. Á hora de facer a lista de equipos máis poderosos tense en conta:

  1. O coeficiente dos encontros xogados na última fase de clasificación.
  2. A diferenza de goles anotados e encaixados.
  3. Maior número de goles anotados.
  4. Maior número de goles anotados fóra de casa.

O resultado final son sete grupos nos que se disputa unha liga a dobre volta, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. En caso de empate entre dous ou máis equipos séguese este criterio:

  1. Maior número de puntos nos encontros entre os equipos en cuestión.
  2. Maior diferenza de goles nos encontros entre os equipos en cuestión.
  3. Máis goles anotados nos encontros contra os equipos en cuestión.
  4. Máis goles anotados xogando fóra da casa nos encontros entre os equipos en cuestión.
  5. Resultados dos encontros de tódolos grupos:
    1. Maior diferenza de goles.
    2. Máis goles anotados.
    3. Máis goles anotados fóra de casa.
    4. Mellor conduta deportiva.

Fase Final[editar | editar a fonte]

Dezaseis escuadras chegan ata a fase final, para o torneo do 2008 serán os campións e subcampións dos sete grupos de clasificación. A estes engádense os dous organizadores, Austria e Suíza. Estes dezaseis equipos son divididos en catro grupos, (A,B,C,D). Estes escólleos a UEFA mediante un sorteo preparado para que non se xunten os cabezas de serie.

Os catro grupos xogan unha liguiña onde cada escuadra se enfronta a cada rival unha soa vez. A vitoria vale 3 puntos, o empate 1 e a derrota 0. O campión e subcampión de cada grupo pasa a cuartos de final. A partir de aí xógase a eliminatoria a partido único. Se ao remate dalgún encontro hai empate, xogarase un tempo extra de trinta minutos. Se aínda persiste, disputarase unha quenda de penaltis.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Lugar Final 3º e 4º posto
Campión Resultado Subcampión 3º Posto Resultado 4º Posto
1960
Detalles
Francia Unión Soviética
URSS
2 - 1
Prórroga
Iugoslavia
Iugoslavia
Checoslovaquia
Checoslovaquia
2 - 0 Francia
Francia
1964
Detalles
España España
España
2 - 1 Unión Soviética
URSS
Hungría
Hungría
3 - 1
Prórroga
Dinamarca
Dinamarca
1968
Detalles
Italia Italia
Italia
1 - 1
2 - 0 desempate
Iugoslavia
Iugoslavia
Inglaterra
Inglaterra
2 - 0 Unión Soviética
URSS
1972
Detalles
Bélxica Alemaña
Alemaña Occidental
3 - 0 Unión Soviética
URSS
Bélxica
Bélxica
2 - 1 Hungría
Hungría
1976
Detalles
Iugoslavia Checoslovaquia
Checoslovaquia
2 - 2
(5 - 3) Penaltis
Alemaña
Alemaña
Países Baixos
Países Baixos
3 - 2
Prórroga
Iugoslavia
Iugoslavia
1980
Detalles
Italia Alemaña
Alemaña Occidental
2 - 1 Bélxica
Bélxica
Checoslovaquia
Checoslovaquia
1 - 1
(9 - 8) Penaltis
Italia
Italia
Ano Sede Campión Resultado Subcampión Semifinalistas (Non se disputa encontro de 3º e 4º posto dende 1980)
1984
Detalles
Francia Francia
Francia
2 - 0 España
España
Dinamarca
Dinamarca
e Portugal
Portugal
1988
Detalles
Alemaña Occidental Países Baixos
Países Baixos
2 - 0 Unión Soviética
URSS
Italia
Italia
e Alemaña
Alemaña occidental
1992
Detalles
Suecia Dinamarca
Dinamarca
2 - 0 Alemaña
Alemaña
Países Baixos
Países Baixos
e
Suecia
1996
Detalles
Inglaterra Alemaña
Alemaña
2 - 1
Gol de ouro
República Checa
República Checa
Inglaterra
Inglaterra
e Francia
Francia
2000
Detalles
Bélxica e
Países Baixos
Francia
Francia
2 - 1
Gol de ouro
Italia
Italia
Países Baixos
Países Baixos
e Portugal
Portugal
2004
Detalles
Portugal Grecia
Grecia
1 - 0 Portugal
Portugal
República Checa
República Checa
e Países Baixos
Países Baixos
2008
Detalles
Austria e
Suíza
España
España
1 - 0 Alemaña
Alemaña

Rusia
e
Turquía
2012
Detalles
Polonia e
Ucraína
España
España
4 - 0 Italia
Italia
Alemaña
Alemaña
e Portugal
Portugal
2016
Detalles
Francia Portugal
Portugal
1 - 0 Francia
Francia
Alemaña
Alemaña
e Gales
Gales
2020

Detalles

Europa Italia
Italia
1 - 1
(3 - 2) Penaltis
Inglaterra
Inglaterra
Dinamarca
Dinamarca
e España
España

Vitorias totais[editar | editar a fonte]

Dende que a Unión Soviética inagurara o palmarés do torneo, só Alemaña e España con 3 títulos, e Francia e Italia con 2, venceron en máis dunha ocasión.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Subcampións 3º Posto Semifinalistas 4º Posto
Alemaña Alemaña1 3 (1972, 1980, 1996) 3 (1976, 1992, 2008) - 3 (1988, 2012, 2016) -
España España 3 (1964, 2008, 2012) 1 (1984) - 1 (2020) -
Italia Italia 2 (1968, 2020) 2 (2000, 2012) - 1 (1988) 1 (1980)
Francia Francia 2 (1984, 2000) 1 (2016) - 1 (1996) 1 (1972)
Rusia Rusia2 1 (1960) 3 (1964, 1972, 1988) - 1 (2008) 1 (1968)
Portugal Portugal 1 (2016) 1 (2004) - 3 (1984, 2000, 2012) -
República Checa República Checa3 1 (1976) 1 (1996) 2 (1960, 1980) 1 (2004) -
Países Baixos Países Baixos 1 (1988) - 1 (1976) 3 (1992, 2000, 2004) -
Dinamarca Dinamarca 1 (1992) - - 2 (1984, 2020) 1 (1964)
Grecia Grecia 1 (2004) - - - -
Serbia Serbia4 - 2 (1960, 1968) - - 1 (1976)
Inglaterra Inglaterra - 1 (2020) 1 (1968) 1 (1996) -
Bélxica Bélxica - 1 (1980) 1 (1972) - -
Hungría Hungría - - 1 (1964) - 1 (1972)
Suecia Suecia - - - 1 (1992) -
Turquía Turquía - - - 1 (2008) -
Gales Gales - - - 1 (2016) -
Inclúe os datos da selección de: 1. Alemaña Federal, 2. Unión Soviética e CEI, 3. Checoslovaquia, 4. Iugoslavia e Serbia e Montenegro.

Sedes[editar | editar a fonte]

Sede País Ano(s)
3 veces Francia Francia 1960, 1984, 2016
2 veces Bélxica Bélxica 1972, 2000
2 veces Italia Italia 1968, 1980
1 vez Alemaña Alemaña Federal 1988
1 vez Austria Austria 2008
1 vez España España 1964
1 vez Inglaterra Inglaterra 1996
1 vez Iugoslavia Iugoslavia 1976
1 vez Países Baixos Países Baixos 2000
1 vez Polonia Polonia 2012
1 vez Portugal Portugal 2004
1 vez Suecia 1992
1 vez Suíza Suíza 2008
1 vez Ucraína Ucraína 2012
  • Bélxica e os Países Baixos compartiron a organización da Eurocopa 2000
  • Austria e Suíza compartiron a organización da Eurocopa 2008
  • Polonia e Ucraína compartiron a organización da Eurocopa 2012

Aparicións nas Fases Finais[editar | editar a fonte]

Aparicións País
13 Alemaña Alemaña[1]
12 Rusia Rusia[2]
11 España España
10 Italia Italia
Francia Francia

Chequia República Checa[3]

Países Baixos Países Baixos
Inglaterra Inglaterra

9 Dinamarca Dinamarca
8 Portugal Portugal
7 Suecia Suecia
6 Bélxica Bélxica
Croacia Croacia
5 Serbia Serbia[4]

Turquía Turquía

Romanía Romanía
Suíza Suíza

4 Grecia Grecia
Hungría Hungría

Polonia Polonia

3 Ucraína Ucraína

Irlanda Irlanda

Austria Austria

Escocia Escocia

2 Gales Gales

Eslovaquia Eslovaquia

Bulgaria Bulgaria

1 Islandia Islandia

Irlanda do Norte Irlanda do Norte

Noruega Noruega

Finlandia Finlandia

Eslovenia Eslovenia

Letonia Letonia

Albania Albania

Macedonia Macedonia do Norte

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Incluíndo cinco aparicións coma Alemaña Occidental.
  2. Incluíndo cinco aparcións como Unión Soviética e unha como CEI.
  3. Incluíndo tres aparicións como Checoslovaquia
  4. Inclúe catro aparicións como Iugoslavia e unha como a RF de Iugoslavia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

OUtros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]