Éver Banega
Éver Banega | |||
---|---|---|---|
![]() Banega xogando coa Arxentina | |||
Información persoal | |||
Nome | Éver Maximiliano David Banega | ||
Nacemento | 29 de xuño de 1988 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Rosario | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Sevilla | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
Nuevo Horizonte | |||
Alianza Sport | |||
2000–2007 | Boca Juniors | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007 | Boca Juniors | 28 | (0) |
2008–2014 | Valencia | 136 | (9) |
2008–2009 | → Atlético (cedido) | 24 | (1) |
2014 | → Newell's Old Boys (cedido) | 14 | (1) |
2014– | Sevilla | 14 | (1) |
Selección nacional | |||
2007 | Arxentina sub-20 | 14 | (0) |
2008 | Arxentina sub-23 | 6 | (0) |
2008– | Arxentina | 26 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de decembro de 2014. Selección: actualizado a 12 de novembro de 2014.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Éver Maximiliano David Banega, nado o 29 de xuño de 1988 en Rosario, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Boca Juniors[editar | editar a fonte]
Banega deu os seus primeiros pasos coma xogador no Boca Juniors, chegando ao primeiro equipo aos 18 anos, e gañando recoñecemento inmediatamente debido ás súas actuacións e en especial ás súas asistencias na Primeira División. Tras a fichaxe do seu compañeiro Fernando Gago polos Real Madrid en xaneiro de 2007, foi nomeado coma o seu sucesor, malia a súa curta idade.[1] Banega fixo o seu debut coma profesional na vitoria por 4-0 contra o Club Atlético Banfield o 10 de febreiro de 2007.
Valencia[editar | editar a fonte]
O 5 de xaneiro de 2008, Banega fichou polo Valencia CF por cinco anos e medio, a cambio de 18 millóns de euros.[2] Fixo o seu debut no Valencia en xaneiro de 2008, saíndo ao campo tras o descanso na derrota por 0-1 contra o Atlético de Madrid.
Banega foi cedido ao Atlético de Madrid para a tempada 2008-09.[3] Fixo o seu debut oficial na vitoria por 3-0 contra o PSV Eindhoven na primeira fase da UEFA Champions League desa mesma tempada.[4] Porén, non se asentou no once titular do equipo, e mesmo quedou fóra da convocatoria en varias ocasións.
Na seguinte tempada volveu ao Valencia, e fíxose cun posto no once titular, e cun papel moi importante dentro do equipo, ata que o 19 de febreiro de 2012, foi operado da súa perna esquerda tras ser atropelado polo seu propio coche.[5]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Club | Tempada | Liga | Copa | Europa | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | ||
Valencia | 2007–08 | 12 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 14 | 0 |
Total | 12 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 14 | 0 | |
Atlético Madrid | 2008–09 | 12 | 1 | 0 | 0 | 5 | 0 | 17 | 1 |
Total | 24 | 1 | 4 | 0 | 3 | 0 | 31 | 1 | |
Valencia | 2009–10 | 36 | 2 | 2 | 0 | 7 | 0 | 45 | 2 |
2010–11 | 27 | 2 | 2 | 1 | 4 | 0 | 33 | 3 | |
2011–12 | 13 | 0 | 8 | 1 | 4 | 0 | 25 | 1 | |
Total | 88 | 4 | 12 | 2 | 20 | 0 | 122 | 6 | |
Carreira | 112 | 5 | 17 | 2 | 23 | 0 | 148 | 7 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Boca Juniors
- Copa Libertadores: 2007
- Valencia
Selección[editar | editar a fonte]
- Copa Mundial de fútbol sub-20: 2007
- Xogos Olímpicos: 2008
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gago me dijo que nunca me olvide de jugar" ("Gago told me to never forget to play") Arquivado 28/12/2007, en Wayback Machine.; Olé (en castelán)
- ↑ "Valencia agree to sign Argentine midfielder Banega". Reuters. 5 January 2008. Consultado o 8 de xaneiro de 2008.
- ↑ Banega swaps Valencia for Atlético; UEFA.com, 28 de agosto de 2008
- ↑ Aguero brace sinks Eindhoven Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.; ESPN Soccernet, 16 de setembro de 2008
- ↑ Valencia and Argentina star Ever Banega run over by own car after failing to set handbrake; Fox Sports, 20 de febreiro de 2012
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Rosario
- Nados en 1988
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Sevilla FC
- Futbolistas olímpicos da Arxentina
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008