Mundial de Fútbol de 1938

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Copa do Mundo de Fútbol 1938
Coupe du Monde 1938
Coupe du monde de football 1938, le président Albert Lebrun remet la Coupe Jules Rimet à Giuseppe Meazza.jpg
Detalles do torneo
Organizador Francia Francia
Datas 419 de xuño de 1938
Equipos 15 (de 37 participantes)
Sedes 10 (de 10 cidades)
Resultado
Campión Italia (1861-1946) Italia
Subcampión Hungría (1915-1918) Hungría
Terceiro Brasil (1889-1960) Brasil
Cuarto Suecia Suecia
Estatísticas
Partidos 18
Goles 84 (4,67 por partido)
Asistencia 483.000 (26.833 por partido)
Goleador Brasil Leônidas (7)
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Italia 1934
1950 Brasil ►►

O Mundial de Fútbol de 1938 (en francés: Coupe du Monde 1938) foi a terceira edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Francia entre o 4 e o 19 de xuño de 1938. O formato do torneo foi igual ao da anterior edición de 1934 en Italia, cunha fase de eliminatorias a partido único. En caso de empate, xogábase unha prórroga de 30 minutos, e se o resultado seguía igual, celebrábase un encontro de desempate ao día seguinte.

O clima prebélico que se vivía antes da Segunda Guerra Mundial marcou o torneo, onde só participaron quince países pola renuncia de Austria. O país centroeuropeo, clasificado para a fase final, fora ocupada pola Alemaña nazi tres meses antes do torneo, tendo os seus xogadores que competir coa selección alemá. Ao igual que no anterior mundial, a grande maioría dos equipos eran do continente europeo (12 de 15). Os países de América do Sur negáronse a participar no torneo en protesta pola elección de novo dun país europeo para albergar o campionato. Os únicos representantes americanos foron o Brasil e debutante Cuba. O outro equipo non europeo do torneo foron as Indias Orientales Neerlandesas (actual Indonesia), que ademais foi o primeiro equipo asiático en participar.[1]

O equipo italiano, vencedor catro anos antes, de novo adxudicouse o título de campión no Stade de Colombes após gañar na final a Hungría por 4 a 2. Entre os italianos destacou Giuseppe Meazza como a grande estrela do equipo. Por outra banda, o seleccionador Vittorio Pozzo foi o primeiro adestrador en gañar a Copa do Mundo en dúas ocasións.[2] O máximo goleador do torneo foi o brasileiro Leônidas. Ao ano despois da finalización do torneo estourou a Segunda Guerra Mundial, o cal produciu que o torneo non se retomase até a edición de 1950 no Brasil.[3][4]

Antecedentes e elección[editar | editar a fonte]

A elección da sede para o Mundial de 1938 tivo lugar en Berlín (Alemaña) o 13 de agosto de 1936 en plenos Xogos Olímpicos. Coas candidaturas de Francia, Alemaña e a Arxentina sobre a mesa, os membros da FIFA elixiron por maioría absoluta aos franceses. Era a segunda vez que un país europeo albergaría este evento, despois de que a anterior edición tivese lugar en Italia.[5] Os arxentinos daban por seguro que serían os organizadores despois de que o presidente da FIFA e fundador da Copa, Jules Rimet, o insinuase aos dirixentes da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) nunha visita oficial. Segundo a súa versión, interpretaban que habería alternancia entre os continentes de Europa e América para cada edición. Con todo, Rimet quedou convencido co proxecto francés e o resto dos membros decantáronse a favor dos europeos polo número de estadios e por cuestións de transporte.[5]

Resultados da votación
País Votos
Francia Francia 19
Flag of Argentina.svg Arxentina 3
Alemaña Alemaña 1

Ao non haber alternancia, case todos os países de América renunciaron á fase clasificatoria. O Uruguai seguía molesta co peso de Europa na FIFA e a súa ausencia maioritaria no Mundial de 1930, así que a Asociación Uruguaia de Fútbol non se inscribiu. Do mesmo xeito actuou Colombia. A AFA só quería participar se non xogaban eliminatorias, e aínda que a FIFA o plantexou, os clubs da Primeira División presionaron á AFA porque non querían ceder aos seus futbolistas.[6] Por esta razón, a Arxentina ausentouse da Copa Mundial por vez primeira na súa historia. O Brasil, interesado en organizar a edición de 1942, si asistiu e foi o único representante suramericano.[7]

O Mundial de 1938 celebrouse nun contexto de crise política a finais da década de 1930. España estaba inmersa nunha Guerra Civil desde facía dous anos, e o auxe do totalitarísmo en Italia e Alemaña supuña unha ameaza para a liberdade de Europa.[8] Tres meses antes da Copa Mundial, o réxime de Adolf Hitler se anexionara o estado de Austria como unha provincia do III Reich, dentro da súa política expansionista. Isto afectou á organización porque Austria, que estaba clasificada para a fase final, deixou unha praza vacante.[9] En resposta, o público francés foi moi hostil contra italianos e xermanos nos seus encontros. En Asia a situación tamén era complicada debido á segunda guerra sino-xaponesa.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Por primeira vez nunha Copa Mundial a selección anfitrioa, Francia, e a vixente campioa, Italia, tiñan a praza asegurada. O resto de aspirantes debía competir nunha fase clasificatoria marcada polas retiradas e a situación política mundial. A fase de Europa tivo dificultades para configurar as eliminatorias. Un exemplo foi o Suíza contra Portugal: os suízos non querían ir a Lisboa para non cruzar unha España en guerra, así que se acordou un partido único en Milán que terminou en vitoria helvética. Ademais Exipto e Palestina, únicos representantes de África e Asia Occidental respectivamente, acabaron nos grupos europeos porque non tiñan rivais máis próximos nos seus continentes. Os palestinos caeron ante Grecia, mentres que a Exipto expulsóuselle por negarse a xogar contra Romanía en ramadán. As catro selecciones británicas tamén quedaron fóra porque non formaban parte da FIFA. Os únicos debutantes do vello continente foron Noruega e Polonia. Por outra banda, a pesar de ser ter clasificado, Austria tivo que renunciar debido á anexión do país por parte de Alemaña tres meses antes da inauguración.

En América do Sur case todas as seleccións renunciaron en desconformidade coa elección de sede. Así, o Brasil foi o único representante do continente.[6] A cota norteamericana quedou cuberta con Cuba, debutante na Copa Mundial grazas á renuncia de todos os seus rivais. Inicialmente estaba prevista unha eliminatoria directa entre varios países, mais a renuncia de varios deles levou á celebración dun triangular na Habana entre Cuba, Costa Rica e Güiana Neerlandesa. O gañador viaxaría a Francia para enfrontarse a un país suramericano. Porén, a retirada de costarriqueños e güianeses por razóns económicas deu aos cubanos unha pasaxe directa á fase final.[10]

De igual modo produciuse a clasificación das Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), primeiro representante de Asia nos mundiais.[1] En xaneiro de 1938 estaba previsto que disputase un partido contra a selección do Xapón en Saigón (Indochina). Os nipóns renunciaron pola guerra sino-xaponesa e as Indias, sen praza garantida, debían viaxar en maio até Róterdam (Países Baixos) para enfrontarse a Estados Unidos, único rival norteamericano. Os estadounidenses non quixeron facer un desprazamento tan longo e, aínda que a Güiana Neerlandesa pediu substituílos, pois ao ser colonia neerlandesa non tiñan problemas para a viaxe, a FIFA non o permitiu.[10]

Lista de participantes[editar | editar a fonte]

As seguintes 15 seleccións disputaron a fase final.

Sedes[editar | editar a fonte]

O torneo estaba programado para celebrarse en once estadios en dez cidades distintas. Con todo, finalmente o estadio Stade de Gerland de Lión non albergou ningún pola renuncia de Austria.

Colombes (área de París) Marsella París Bordeos
Stade Olympique Stade Vélodrome Parc des Princes Parc Lescure
Capacidade: 60.000 Capacidade: 48.000 Capacidade: 40.000 Capacidade: 34.694
StadeolympiqueColombesJO1924.jpg Le Stade vélodrome de Marseille, le 13 juin 1937.jpg 1932 Le parc des princes v1.jpg Le Stade municipal de Bordeaux en 1938.jpg
Estrasburgo Le Havre
Stade de la Meinau Stade Municipal
Capacidade: 30.000 Capacidade: 22.000
RC Strasbourg-FC Mulhouse, 4.11.1934, Stade de la Meinau.png Stade municipal du Havre - Wedstrijd Nederland-Tsjechoslowakije, WK 1938.jpg
Reims Tolosa Lille Antibes
Vélodrome Municipal Stade du T.O.E.C. Stade Victor Boucquey Stade du Fort Carré
Capacidade: 21.684 Capacidade: 15.000 Capacidade: 15.000 Capacidade: 7.000
Stade Auguste-Delaune 2 Tribünen.JPG LilleOM-1937.jpg Suède-Cuba de la Coupe du monde 1938 à Antibes (France).jpg

Cadro do torneo[editar | editar a fonte]

Por segunda e última vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente fora utilizado na Copa de Mundo de 1934.

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
5 de xuño - Marsella            
 Italia (1861-1946) Italia  2
12 de xuño - París (C.)
 Noruega Noruega  1  
 Italia (1861-1946) Italia  3
5 de xuño - París (C.)
   Francia (1830-1958) Francia  1  
 Francia (1830-1958) Francia  3
16 de xuño - Marsella
 Bélxica Bélxica  1  
 Italia (1861-1946) Italia  2
5 de xuño - Estrasburgo
   Brasil Brasil  1  
 Brasil (1889-1960) Brasil  6
12 de xuño - Bordeos (14 de x.)
 Polonia Polonia  5  
 Brasil Brasil  1(2)
5 de xuño - Le Havre
   Flag of the Czech Republic.svg Checoslovaquia  1(1)  
 Checoslovaquia Checoslovaquia  3
19 de xuño - Paris (C.)
 Países Baixos Países Baixos  0  
 Italia (1861-1946) Italia  4
5 de xuño - Reims
   Hungría (1915-1918) Hungría  2
 Hungría (1915-1918) Hungría  6
12 de xuño - Lille
 Países Baixos Indias Neerlandesas  0  
 Hungría (1915-1918) Hungría  2
4 de xuño - París (P.) (9 de x.)
   Suíza Suíza  0  
 Suíza Suíza  1(4)
16 de xuño - Paris (P.)
 Alemaña (1935-1945) Alemaña  1(2)  
 Hungría (1915-1918) Hungría  5
5 de xuño - Lión
   Suecia Suecia  1   Terceiro posto
 Suecia Suecia  w/o
12 de xuño - Antibes 19 de xuño - Bordeos
 Austria Austria  -  
 Suecia Suecia  8  Brasil Brasil  4
5 de xuño - Tolosa (9 de x.)
   Cuba Cuba  0    Suecia Suecia  2
 Cuba Cuba  3(2)
 Romanía Romanía  3(1)  


Encontros[editar | editar a fonte]

Os horarios corresponden ao horario de verán de Europa occidental (UTC+1).

Oitavos de final[editar | editar a fonte]

Suíza 1 - 1 Alemaña 4 de xuño de 1938, 17:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 27.152
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Abegglen Anotado no 43º minuto 43' Informe Gauchel Anotado no 29º minuto 29'
 
Hungría 6 - 0 Indias Orientais Neerlandesas 5 de xuño de 1938, 17:00 – Vélodrome Municipal, Reims
Asistencia: 9.000
Árbitro: Roger Conrié (Francia)
Kohut Anotado no 13º minuto 13'
Toldi Anotado no 15º minuto 15'
Sárosi Anotado no 28º minuto 28' Anotado no 89º minuto 89'
Zsengellér Anotado no 35º minuto 35' Anotado no 76º minuto 76'
Informe
 


Suecia n/d Austria 5 de xuño de 1938Stade Gerland, Lión
 
Cuba 3 - 3 Romanía 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa
Asistencia: 7.000
Árbitro: Giuseppe Scarpi (Italia)
Socorro Anotado no 44º minuto 44' Anotado no 103º minuto 103'
Magriñá Anotado no 69º minuto 69'
Informe Bindea Anotado no 35º minuto 35'
Baratky Anotado no 88º minuto 88'
Dobay Anotado no 105º minuto 105'
 


Italia 2 - 1 Noruega 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Vélodrome, Marsella
Asistencia: 19.000
Árbitro: Alois Beranek (Alemaña)[11]
Ferraris Anotado no 2º minuto 2'
Piola Anotado no 94º minuto 94'
Informe Brustad Anotado no 83º minuto 83'
 
Francia 3 - 1 Bélxica 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 30.454
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Veinante Anotado no 1º minuto 1'
Nicolas Anotado no 16º minuto 16' Anotado no 69º minuto 69'
Informe Isemborghs Anotado no 38º minuto 38'
 


Brasil 6 - 5 Polonia 5 de xuño de 1938, 17:30 – Stade de la Meinau, Estrasburgo
Asistencia: 13.452
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Leônidas Anotado no 18º minuto 18' Anotado no 93º minuto 93' Anotado no 104º minuto 104'
Romeu Anotado no 25º minuto 25'
Perácio Anotado no 44º minuto 44' Anotado no 71º minuto 71'
Informe Scherfke Anotado no 23º minuto 23' (pen.)
Wilimowski Anotado no 53º minuto 53' Anotado no 59º minuto 59' Anotado no 89º minuto 89' Anotado no 118º minuto 118'
 
Checoslovaquia 3 - 0 Países Baixos 5 de xuño de 1938, 18:30 – Stade Municipal, Le Havre
Asistencia: 11.000
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Košťálek Anotado no 93º minuto 93'
Zeman Anotado no 111º minuto 111'
Nejedlý Anotado no 118º minuto 118'
Informe
 

Desempates[editar | editar a fonte]

Suíza 4 - 2 Alemaña 9 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 20.025
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Walaschek Anotado no 42º minuto 42'
Bickel Anotado no 64º minuto 64'
Abegglen Anotado no 75º minuto 75' Anotado no 78º minuto 78'
Informe Hahnemann Anotado no 8º minuto 8'
Lörtscher Anotado no 22º minuto 22' (p.m.)
 
Cuba 2 - 1 Romanía 9 de xuño de 1938, 18:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa
Asistencia: 8.000
Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña)
Socorro Anotado no 51º minuto 51'
Fernández Anotado no 57º minuto 57'
Informe Dobay Anotado no 35º minuto 35'
 

Cuartos de final[editar | editar a fonte]

Italia 3 - 1 Francia 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 58.455
Árbitro: Louis Baert (Bélxica)
Colaussi Anotado no 9º minuto 9'
Piola Anotado no 51º minuto 51' Anotado no 72º minuto 72'
Informe Heisserer Anotado no 10º minuto 10'
 
Brasil 1 - 1 Checoslovaquia 12 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 22.021
Árbitro: Pál von Hertzka (Hungría)
Leônidas Anotado no 30º minuto 30' Informe Nejedlý Anotado no 65º minuto 65' (pen.)
 


Hungría 2 - 0 Suíza 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Victor Boucquey, Lille
Asistencia: 15.000
Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia)
Sárosi Anotado no 40º minuto 40'
Zsengellér Anotado no 89º minuto 89'
Informe
 
Suecia 8 - 0 Cuba 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du Fort Carré, Antibes
Asistencia: 7.000
Árbitro: Augustin Krist (Checoslovaquia)
H. Andersson Anotado no 9º minuto 9' Anotado no 81º minuto 81' Anotado no 89º minuto 89'
Wetterström Anotado no 22º minuto 22' Anotado no 37º minuto 37' Anotado no 44º minuto 44'
Keller Anotado no 80º minuto 80'
Nyberg Anotado no 84º minuto 84'
Informe
 

Desempate[editar | editar a fonte]

Brasil 2 - 1 Checoslovaquia 14 de xuño de 1938, 18:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 18.141
Árbitro: Georges Capdeville (Francia)
Leônidas Anotado no 57º minuto 57'
Roberto Anotado no 62º minuto 62'
Informe Kopecký Anotado no 25º minuto 25'
 

Semifinais[editar | editar a fonte]

Italia 2 - 1 Brasil 16 de xuño de 1938, 18:00 – Stade Vélodrome, Marsella
Asistencia: 33.000
Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza)
Colaussi Anotado no 51º minuto 51'
Meazza Anotado no 60º minuto 60' (pen.)
Informe Romeu Anotado no 87º minuto 87'
 
Hungría 5 - 1 Suecia 16 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París
Asistencia: 20.000
Árbitro: Lucien Leclerq (Francia)
Jacobsson Anotado no 19º minuto 19' (p.m.)
Titkos Anotado no 37º minuto 37'
Zsengellér Anotado no 39º minuto 39' Anotado no 85º minuto 85'
Sárosi Anotado no 65º minuto 65'
Informe Nyberg Anotado no 1º minuto 1'
 

Terceiro posto[editar | editar a fonte]

Brasil 4 - 2 Suecia 19 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos
Asistencia: 12.000
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Romeu Anotado no 44º minuto 44'
Leônidas Anotado no 63º minuto 63' Anotado no 74º minuto 74'
Perácio Anotado no 80º minuto 80'
Informe Jonasson Anotado no 28º minuto 28'
Nyberg Anotado no 38º minuto 38'
 

Final[editar | editar a fonte]

Italia 4 - 2 Hungría 19 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes
Asistencia: 45.000
Árbitro: Georges Capdeville (Francia)
Colaussi Anotado no 6º minuto 6' Anotado no 35º minuto 35'
Piola Anotado no 16º minuto 16' Anotado no 82º minuto 82'
Informe Titkos Anotado no 8º minuto 8'
Sárosi Anotado no 70º minuto 70'
 


Campión do Mundo
Italia
Italia
Segundo título

Goleadores[editar | editar a fonte]

Con sete goles, Leônidas foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 84 goles por 42 xogadores, dos cales dous foron considerados en propia meta.

7 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva[editar | editar a fonte]

Un balón do torneo.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[12] A clasificación de 1938 foi a seguinte:

P Selección X V E D GF GC DF Pts.
1 Italia (1861-1946) Italia 4 4 0 0 11 5 +6 8
2 Hungría (1919-1946) Hungría 4 3 0 1 15 5 +10 6
3 Brasil (1889-1960) Brasil 5 3 1 1 14 11 +3 7
4 Suecia Suecia 3 1 0 2 11 9 +2 2
Eliminados en cuartos de final
5 Checoslovaquia Checoslovaquia 3 1 1 1 5 3 +2 3
6 Suíza Suíza 3 1 1 1 5 5 0 3
7 Cuba Cuba 3 1 1 1 5 12 −7 3
8 Francia (1830-1958) Francia 2 1 0 1 4 4 0 2
Eliminados en oitavos de final
9 Romanía Romanía 2 0 1 1 4 5 -1 1
10 Alemaña (1935-1945) Alemaña 2 0 1 1 3 5 -2 1
11 Polonia (1928-1980) Polonia 1 0 0 1 5 6 −1 0
12 Noruega Noruega 1 0 0 1 1 2 −1 0
13 Bélxica Bélxica 1 0 0 1 1 3 −2 0
14 Países Baixos Países Baixos 1 0 0 1 0 3 −3 0
15 Países Baixos Indias Neerlandesas 1 0 0 1 0 6 −6 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "FIFA World Cup history: France, 1938" [Historia da Copa do Mundo da FIFA: Francia, 1938]. Australian Broadcasting Corporation (en inglés). 15 de maio de 2014. 
  2. "Entrenador clásico: Vittorio Pozzo" [Adestrador clásico, Vittorio Pozzo]. FIFA.com (en castelán). 
  3. "1942: el mito del Mundial Olvidado" [1942: O mito do Mundial Esquecido]. Vavel (en castelán). 
  4. "How Brazil Saved The World Cup In The Aftermath Of World War II" [Como o Brasil salvou a Copa do Mundo a raíz da Segunda Guerra Mundial]. National Public Radio (en inglés). 11 de xuño de 2014. 
  5. 5,0 5,1 "Argentina no disputará el Mundial" [A Arxentina non xogorá o Mundial]. ESPN Deportes (en castelán). 30 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Cantaro, E. (9 de febreiro de 2014). "Un mundo sin cracks criollos". Télam (en castelán). 
  7. Aceves, A. (26 de marzo de 2014). "Viva Brasil: Francia 1938, Mundial de pocos países" [Forza Brasil: Francia 1938, Mundial de poucos países]. Excelsior. 
  8. Jurado, J. e Estepa J. "Francia 1938". Marca. 
  9. "La guerra a la vuelta de la esquina" [A guerra ao virar a esquina]. ESPN Deportes (en castelán). 16 de xullo de 2013. 
  10. 10,0 10,1 "World Cup 1938 Qualifying" [Clasificación para a Copa do Mundo de 1938]. RSSSF (en inglés). 
  11. Austríaco, mais finalmente representou á Federación Alemá de Fútbol polo Anschluss.
  12. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 May 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]