Omar Sívori
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 2 de outubro de 1935 San Nicolás de los Arroyos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 17 de febreiro de 2005 San Nicolás de los Arroyos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Causa da morte | cancro de páncreas | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Lugar de sepultura | Celestial Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 163 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 59 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Lateralidade | manicho | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista (–1968), adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Arxentina Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1960 | Serie A 2010-2011 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Enrique Omar Sívori, nado en San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Buenos Aires, o 2 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 2005), foi un futbolista e adestrador ítalo-arxentino.
Biografía
[editar | editar a fonte]Debutou en River Plate no 1954, ós 17 anos de idade, onde gañou a Liga arxentina en 1955 e 1956. Xogou 63 encontros e anotou 28 goles.
En 1957 fichou pola Juventus da Serie A italiana pola cifra récord de 10 millóns de pesos arxentinos. Alí gañou tres títulos de Liga (1958, 1960 e 1961), dúas Copas de Italia (1959 e 1960) e foi o máximo anotador da Liga italiana (1960). Xogou 215 partidos e anotou 135 goles.
Ao obte-la dobre nacionalidade ítalo-arxentina puido gaña-lo Balón de Ouro coma mellor xogador europeo en 1961.
En 1965 foise ao SSC Napoli, no que ficou catro tempadas. Despois de retirarse dirixiu, entre outros, a Rosario Central, River Plate e á Selección arxentina.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas Selecciones arxentina e italiana. Pola escuadra arxentina xogou 18 encontros e anotou 9 goles, e tamén gañou a Copa América 1957. Pola selección italiana xogou 9 encontros, anotando 8 goles.
Clubs
[editar | editar a fonte]Títulos
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]- Selección nacional de fútbol da Arxentina - (Arxentina) - 1957 (Copa América)
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]- Máximo goleador da Liga italiana - 1959
- Balón de Ouro - 1961
- Galardoado coma un dos FIFA 100 - 2004
Participacións nos Mundiais
[editar | editar a fonte]- Mundial de Fútbol Chile 1962 - (Italia) - 1962
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obituario y semblanza del jugador, por UEFA.com (en castelán).
- Futbolistas da Arxentina
- Futbolistas de Italia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CA River Plate
- Balón de Ouro
- FIFA 100
- Nados na provincia de Buenos Aires
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA Rosario Central
- Adestradores do CA River Plate
- Adestradores da selección de fútbol da Arxentina
- Futbolistas gañadores da Copa América