Alfio Basile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfio Basile
Basile masterclass 2013.jpg
Información persoal
Nome completo Alfio Basile
Nacemento 1 de novembro de 1943 (74 anos)
Lugar Bahía Blanca, Arxentina
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1964 Flag of Argentina.svg Club Bella Vista
1964–1970 Flag of Argentina.svg Racing Club 186
1971–1975 Flag of Argentina.svg CA Huracán
Adestrador
1975–1976 Flag of Argentina.svg CA Chacaritas Junior
1976 Flag of Argentina.svg CA Rosario Central
1977 Flag of Argentina.svg Racing Club
1977 Flag of Argentina.svg CA Racing
1978 Flag of Argentina.svg Instituto
1980 Flag of Argentina.svg CA Racing
1981 Flag of Argentina.svg Instituto
1982 Flag of Argentina.svg CA Huracán
1983 Flag of Argentina.svg CA Racing
1983 Flag of Argentina.svg Club Atlético Talleres
1984-1985 Flag of Argentina.svg CA Vélez Sársfield
1985-1989 Flag of Argentina.svg Racing Club
1989-1990 Flag of Argentina.svg CA Vélez Sársfield
1990-1991 Flag of Uruguay.svg Club Nacional
1991-1994 Flag of Argentina.svg Arxentina
1994-1995 España Atlético de Madrid
1996-1997 Flag of Argentina.svg Racing Club
1998 Flag of Argentina.svg CA San Lorenzo
2000-2001 Flag of Mexico.svg Club América
2004 Flag of Argentina.svg CA Colón
2005-2006 Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors
2006-2008 Flag of Argentina.svg Flag of Argentina.svg Arxentina
2009-2010 Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors
2012 Flag of Argentina.svg Racing Club
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Alfio Basile máis coñecido como Coco Basile, nado o 1 de novembro de 1943 en Bahía Blanca (Provincia de Buenos Aires) é un futbolista e adestrador arxentino retirado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coma xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional no modesto Club Bella Vista, da súa cidade natal. En 1964 fichou polo Racing Club, onde permaneceu ata 1970 participando nunha gran época do equipo, que gañou o título de liga en 1966 e a Copa Libertadores e Copa Intercontinental en 1967.

En 1971 fichou polo CA Huracán, equipo que tivo que abandonar en 1975 por problemas no xeonllo.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Unha vez se retirou coma xogador profesional comezou a súa carreira de adestrador de fútbol. Pasou por gran número de equipos arxentinos, coma CA Huracán ou CA Rosario Central. Desta primeira época destaca Racing Club, co que gañou a Supercopa Suramericana e Supercopa Interamericana en 1988.

En 1991 substituíu Carlos Bilardo na dirección da Selección de fútbol da Arxentina de cara o Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, equipo no que adestrou a Gabriel Batistuta, Diego Armando Maradona ou Claudio Caniggia. Con este equipo gañou a Copa América en dúas ocasións (1991 e 1993) e a Copa Confederacións da FIFA (1992). A fase de clasificación para o Mundial tivo os seus claroscuros tendo que xogar unha fase de repesca ante o gañador do grupo de Oceanía, Australia, partidos para os que Maradona volveu ao equipo. O Mundial seguiu está tónica, comezou cunha goleada por catro a cero ante Grecia e rematou co equipo eliminado en oitavos de final ante Romanía trala expulsión de Maradona tras dar positivo nun control antidopaxe. Tras esta sorprendente eliminación Basile deixou o equipo, a pesar deste fracaso baixo a súa dirección o equipo marcou a maior racha de encontros sen perder da historia da selección arxentina, 33 encontros.

Nos seguintes anos Basile dirixiu a diversos equipos tanto arxentinos coma estranxeiros, coma o Club América de México, Club Nacional de Football de Uruguai ou Atlético de Madrid español. Porén non obtivo bos resultados con ningún destes equipos.

No ano 2000 recibiu o Premio Konex, coma un dos cinco mellores adestradores arxentinos da década.

En xullo de 2005 fichou polo CA Boca Juniors co que colleitaria varios títulos, tanto nacionais coma internacionais coa Recopa Suramericana en dúas ocasións, Torneo Apertura, Torneo Clausura e Copa Suramericana. O 15 de setembro foi substituído por Ricardo La Volpe para facerse cargo outra vez da Selección da Arxentina susbtituíndo a José Pekerman. Permaneceu no posto ata outubro de 2008 cando renunciou ao cargo tras a derrota ante a Selección de fútbol de Chile, o seu posto ocupouno Diego Armando Maradona.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Torneo Apertura Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors Flag of Argentina.svg Arxentina 2005
Torneo Clausura Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors Flag of Argentina.svg Arxentina 2006

Títulos internacionales[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Supercopa Suramericana Flag of Argentina.svg Racing Club Flag of Brazil.svg Brasil 1988
Copa Xigantes da Concacaf Flag of Mexico.svg Club América Flag of the United States.svg Estados Unidos 2001
Recopa Suramericana Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors Flag of Colombia.svg Colombia 2005
Copa Suramericana Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors Flag of Argentina.svg Arxentina 2005
Recopa Suramericana Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors Flag of Brazil.svg Brasil 2006

Coa selección da Arxentina[editar | editar a fonte]

Título Equipo (*) Sede Ano
Copa América Flag of Argentina.svg Selección de fútbol da Arxentina Flag of Chile.svg Chile 1991
Copa Kirin Flag of Argentina.svg Selección de fútbol da Arxentina Flag of Japan.svg Xapón 1992
Copa Confederacións da FIFA Flag of Argentina.svg Selección de fútbol da Arxentina Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita 1992
Copa América Flag of Argentina.svg Selección de fútbol da Arxentina Flag of Ecuador.svg Ecuador 1993