Saltar ao contido

Mundial de Fútbol de 1930

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1930
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes13 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Pocitos (Montevideo)
Estadio Centenario (Montevideo)
Estadio Gran Parque Central (Montevideo) Editar o valor en Wikidata
PaísUruguai Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo13 de xullo de 1930 – 30 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Número de edición1  (1930) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoUruguai Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos18 Editar o valor en Wikidata
Goles70 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosGuillermo StábileArxentina (8)
Xogador máis valiosoJosé Nasazzi (pt) TraducirUruguai Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores590.549 Editar o valor en Wikidata

O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo.[1] A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam.[2] Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.[3]

Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e ao custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e os Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.

As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.[4]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Dende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos. En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para afeccionados», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.

Tras o paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á do Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país suramericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da primeira guerra mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización no Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.

Países participantes no torneo, coloreados de acordo ao seus resultados no torneo.

Trala adxudicación do torneo ao Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.

Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]
Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4
Arxentina Arxentina
Chile Chile
Francia (1830-1958) Francia
México (1916-1934) México
Bolivia Bolivia
Brasil (1889-1960) Brasil
Reino de Iugoslavia (1918–1943) Iugoslavia
Perú (1825-1950) Perú
Romanía Romanía
Uruguai Uruguai
Bélxica Bélxica
Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos
Paraguai (1842-1954) Paraguai
O Estadio Centenario foi a sede da maioría dos partidos do torneo.
O Gran Parque Central foi onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais, entre Estados Unidos e Bélxica
Cidade Estadio Capacidade
Montevideo Estadio Centenario 65.000
Estadio Gran Parque Central 20.000
Estadio Pocitos 10.000

Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentro destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.

Resultados

[editar | editar a fonte]

Os horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)

Primeira fase

[editar | editar a fonte]
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
Arxentina Arxentina 6 3 3 0 0 10 4 6
Chile Chile 4 3 2 0 1 5 3 2
Francia (1830-1958) Francia 2 3 1 0 2 4 3 1
México (1916-1934) México 0 3 0 0 3 4 13 -9


Francia 4 - 1 México 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai)
Laurent Anotado no 19º minuto 19'
Langiller Anotado no 40º minuto 40'
Maschinot Anotado no 43º minuto 43' Anotado no 87º minuto 87'
Informe
Carreño Anotado no 70º minuto 70'
 
Arxentina 1 - 0 Francia 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 3.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Monti Anotado no 81º minuto 81' Informe
 


Chile 3 - 0 México 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 500
Árbitro: Henry Christophe (Bélxica)
Subiabre Anotado no 3º minuto 3' Anotado no 52º minuto 52'
Vidal Anotado no 65º minuto 65'
Informe
 
Chile 1 - 0 Francia 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 2.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Subiabre Anotado no 65º minuto 65' Informe
 


Arxentina 6 - 3 México 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia)
Stábile Anotado no 8º minuto 8' Anotado no 17º minuto 17' Anotado no 80º minuto 80'
Zumelzú Anotado no 12º minuto 12' Anotado no 55º minuto 55'
Varallo Anotado no 53º minuto 53'
Informe
Rosas Anotado no 42º minuto 42' (pen.) Anotado no 65º minuto 65'
Gayón Anotado no 75º minuto 75'
 
Arxentina 3 - 1 Chile 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Stábile Anotado no 12º minuto 12' Anotado no 13º minuto 13'
Evaristo Anotado no 51º minuto 51'
Informe
Subiabre Anotado no 15º minuto 15'
 
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
Reino de Iugoslavia (1918–1943) Iugoslavia 4 2 2 0 0 6 1 5
Brasil (1889-1960) Brasil 2 2 1 0 1 5 2 3
Bolivia Bolivia 0 2 0 0 2 0 8 -8


Iugoslavia 2 - 1 Brasil Brasil 14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Tirnanić Anotado no 21º minuto 21'
Bek Anotado no 30º minuto 30'
Informe
Preguinho Anotado no 62º minuto 62'
 
Iugoslavia 4 - 0 Bolivia 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai)
Bek Anotado no 60º minuto 60' Anotado no 67º minuto 67'
Marjanović Anotado no 65º minuto 65'
Vujadinović Anotado no 85º minuto 85'
Informe
 
Brasil 4 - 0 Bolivia 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.200
Árbitro: John Balway (Francia)
Moderato Anotado no 37º minuto 37' Anotado no 73º minuto 73'
Preguinho Anotado no 57º minuto 57' Anotado no 83º minuto 83'
Informe
 
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 4 2 2 0 0 5 0
Romanía Romanía 2 2 1 0 1 3 5
Perú (1825-1950) Perú 0 2 0 0 2 1 4


Romanía 3 - 1 Perú 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 300¹
Árbitro: Alberto Warnken (Chile)
Deşu Anotado no 1º minuto 1'
Barbu Anotado no 85º minuto 85'
Stanciu Anotado no 85º minuto 85'
Informe
Souza Anotado no 75º minuto 75'
 
Uruguai 1 - 0 Perú 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 70.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Castro Anotado no 65º minuto 65' Informe
 
Uruguai 4 - 0 Romanía 21 de xullo de 1930Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Dorado Anotado no 7º minuto 7'
Scarone Anotado no 26º minuto 26'
Anselmo Anotado no 31º minuto 31'
Cea Anotado no 35º minuto 35'
Informe
 
¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos 4 2 2 0 0 6 0
Paraguai (1842-1954) Paraguai 2 2 1 0 1 1 3
Bélxica Bélxica 0 2 0 0 2 0 4


Estados Unidos 3 - 0 Bélxica 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 10.000
Árbitro: José Macías (Arxentina)
McGhee Anotado no 41º minuto 41' Anotado no 45º minuto 45'
Patenaude Anotado no 88º minuto 88'
Informe
 
Estados Unidos 3 - 0 Paraguai 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: José Macías (Arxentina)
Patenaude Anotado no 10º minuto 10' Anotado no 15º minuto 15' Anotado no 50º minuto 50' Informe
 
Paraguai 1 - 0 Bélxica 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 900
Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai)
Vargas Peña Anotado no 40º minuto 40' Informe
 

Segunda fase

[editar | editar a fonte]
  Semifinais Final
             

Montevideo, 26 de xullo

 Uruguai Uruguai 6  
 Reino de Iugoslavia (1918–1943) Iugoslavia 1  
 

Montevideo, 30 de xullo

     Uruguai Uruguai 4
   Arxentina Arxentina 2

Montevideo, 27 de xullo

 Arxentina Arxentina 6
 Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos 1  

Semifinais

[editar | editar a fonte]
Arxentina 6 - 1 Estados Unidos 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Monti Anotado no 20º minuto 20'
ScopelliAnotado no 56º minuto 56'
Stábile Anotado no 69º minuto 69' Anotado no 87º minuto 87'
Peucelle Anotado no 80º minuto 80' Anotado no 85º minuto 85'
Informe
Brown Anotado no 89º minuto 89'
 


Uruguai 6 - 1 Iugoslavia 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Cea Anotado no 18º minuto 18' Anotado no 67º minuto 67' Anotado no 72º minuto 72'
Anselmo Anotado no 20º minuto 20' Anotado no 31º minuto 31'
Iriarte Anotado no 61º minuto 61'
Informe
Sekulić Anotado no 4º minuto 4'
 

Terceiro posto

[editar | editar a fonte]

Iugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, os Estados Unidos obtiveron o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.[5]

Uruguai 4 - 2 Arxentina 30 de xullo de 1930, 14:15 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Dorado Anotado no 12º minuto 12'
Cea Anotado no 57º minuto 57'
Iriarte Anotado no 68º minuto 68'
Castro Anotado no 89º minuto 89'
Informe
Peucelle Anotado no 20º minuto 20'
Stábile Anotado no 37º minuto 37'
 


Campión do Mundo
Uruguai
Uruguai
Primeiro título

Goleadores

[editar | editar a fonte]

Con oito goles, o arxentino Guillermo Stábile foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 70 goles por 36 xogadores, dos cales un foi considerado en propia meta.

8 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva

[editar | editar a fonte]
O redondelán Pedro Cea, segundo máximo goleador do Mundial.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[6] A clasificación de 1930 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1 Uruguai Uruguai 3 4 4 0 0 15 3 +12 8
2 Arxentina Arxentina 1 5 4 0 1 18 9 +9 8
3 Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos 4 3 2 0 1 7 6 +1 4
4 Reino de Iugoslavia (1918–1943) Iugoslavia 2 3 2 0 1 7 7 0 4
Eliminados na fase de grupos
5 Chile Chile 1 3 2 0 1 5 3 +2 4
6 Brasil (1889-1960) Brasil 2 2 1 0 1 5 2 +3 2
7 Francia (1830-1958) Francia 1 3 1 0 2 4 3 +1 2
8 Romanía Romanía 3 2 1 0 1 3 5 −2 2
9 Paraguai (1842-1954) Paraguai 4 2 1 0 1 1 3 −2 2
10 Perú (1825-1950) Perú 3 2 0 0 2 1 4 −3 0
11 Bélxica Bélxica 4 2 0 0 2 0 4 −4 0
12 Bolivia Bolivia 2 2 0 0 2 0 8 −8 0
13 México (1916-1934) México 1 3 0 0 3 4 13 −9 0
  1. "1930 FIFA World Cup Uruguay". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  2. Combe, Eduardo (4 de xaneiro de 2018). "¿Qué país organizó el primer Mundial de la historia, en 1930?" [Que país organizou o primeiro Mundial da historia en 1930?]. depor.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  3. "Estadio Centenario". Stadium Guide (en inglés). 
  4. "World Cup 1930 Uruguay. Top Scorer". World Football (en inglés). 
  5. "Historia dos Mundiais". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2010. 
  6. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]