Xares, A Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xares
Igrexa de Santa María de Xares.
ConcelloA Veiga[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°14′36″N 6°55′53″O / 42.243338888889, -6.9314833333333Coordenadas: 42°14′36″N 6°55′53″O / 42.243338888889, -6.9314833333333
Poboación55 hab. (2014)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela[2]. A principios da guerra civil española converteuse na última aldea en resistir o avance dos fascistas ao recibiren nela aos que fuxían da Veiga dun ataque de falanxistas e gardas civís, reunidos aquí preparáronse fronte ao envite nesta poboación amiga, pero vendo que seguían en condicións inferiores decidiron botarse ao monte, mais produciuse a represión cando chegaron aquí os falanxistas e civís conservadores destruíndo as casas daqueles que votaran a candidaturas progresistas[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XI, en 1010, sendo reformada no século XVI. Ten planta de cruz patriarcal, propia do románico, e fachada neoclásica. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscricións nun deles. Hai unha cruz de 1624, doada por Alonso Ponce de León, familiar do Santo Oficio. No templo consérvanse libros de rexistro de 1583.[2] A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais[4]: O Campo, A Eirexa, As Olgas, O Valadal, A Peneda e Corzos.

Turismo[editar | editar a fonte]

Ademais de diversas casas de turismo rural,[5] en Xares había un hotel de 3 estrelas que contaba con heliporto.[6][7] Entre os atractivos, pódese practicar o sendeirismo,[8], a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Xares, saen camiños para diversos puntos de interese como Morteira (alt. 1.299 m; dist. 7,26 km),[9] as lagoas e o pico de Ocelo (alt. 1.759 m; dist. 16,52 km)[10] e Pena Trevinca por Ponte (2.127 m; 31 km).[11] Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight,[12] por tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo.

A festa parroquial é a Natividade da Virxe, o 8 de setembro. Desde 1977, celébrase o 18 de agosto.[13]

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Barrios[editar | editar a fonte]

Os barrios da aldea de Xares son: A Currelada, A Carreira, Cales, O Caneiro, O Couso, O Apartadeiro, A Corredoira, A Pedreira, As Olgas e Balteiro.[14]

Camiños[editar | editar a fonte]

A rede de camiños sae para os lugares de: Morteira, O Valadal, A Ribeira de Ponte, As Murias, Lamazais, A Algara, A Escrita, e A Lama de Enfranco.[15]

Lugares singulares[editar | editar a fonte]

Algúns lugares singulares de Xares: O Pozo dos Mouros, O Porto do Río, O Campo de Xogo de Birlos, Picotes, A Fraga, O Pico do Ocelo, As Portas do Ocelo, As Lagoas e A Fervenza.[15]

Estradas[editar | editar a fonte]

  • A Veiga e Ponte: OU-0803
  • Seoane: OU-0855

Toponimia[editar | editar a fonte]

Os principais topónimos de Xares son: Acevedos, Aguzadoira, A Algara, Areeiro, A Bardanca, As Barreiras, A Barronca, O Bidual, A Brolla, Bruñeiros, Os Cabrillos, As Calerillas, Cales, O Campo, A Cancela, Os Carballos, Carreiras, O Cevral Negro, Os Chairos, Chao Dardonas, Os Chaos dos Biduis, Clavillas, Cobarcas, Colmear, Corga do Prado, Covallán, A Cruz de Hedreira, As Cuncas, A Eireixa, Encrucillada, Entrambos Ríos, A Escrita, Espiñeiro, A Fervenza, As Fervenzadas, A Fonte da Uceira, A Fonte Fría, O Fontenlo, As Forcadas, Os Foxos, A Fraga, Freitoso, A Frieira, A Granxa, As Ladeiras, A Lama da Loba, A Lama da Ribeira, A Lama da Veiga, A Lama de Abedul, A Lama de en Franco, Lamazais, Lameiros de Veiga, A Mallada de Adán, Os Malladais, Manga Dazor, O Mazairo, Miforcos, O Mioto, A Misarela, Morteira, Morteiroá, Mourinallo, Mourinolla, As Murias, O Navío, O Ocelo, As Pedras, A Pena de Barreiro, O Pendón, Picotes, Piñeiros, A Pinguela, O Pombar, As Pombeiras, A Portela, O Porto do Río, A Porvida, A Poula, Os Poulos da Pala, As Pozas, Preidone, Raposeira, O Rebolo, Reconcos, Os Reconcos, A Ribeira de Ponte, Rozadas, O Salar, Salgueiro, Santiago, A Tapada, O Teso, A Touza Longa, As Tres Marras, Val de Migoboi, O Valadal, Valbón, A Valigota, A Veiga de Fula, A Veiga do Corgo, As Vincelas, Vindancais e Zalamagal.[15][16]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xares[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xares no concello da Veiga (Ourense)

Xares

Parroquias da Veiga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Veiga

Baños (San Fiz) | Candeda (San Miguel) | Carracedo (San Miguel) | Casdenodres (San Salvador) | Castromao (Santa María) | Castromarigo (San Miguel) | Corexido (Santo Estevo) | Corzos (Santiago) | Curra (San Miguel) | Espiño (San Vicenzo) | Hedreira (Santa Comba) | Lamalonga (Santa María) | Meda (Santa María) | Meixide (Santa María) | A Ponte (Santa María Madanela) | Prada (Santo André) | Prado (Santo Estevo) | Pradolongo (San Pedro) | Requeixo (Santo André) | Riomao (San Tomé) | San Fiz (Santa Catalina) | San Lourenzo (San Lourenzo) | Santa Cristina (San Tirso) | Seoane (San Xoán) | Valdín (Santa María) | A Veiga (Santa María) | Vilaboa (Santa Lucía) | Vilanova (San Pedro) | Xares (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. 2,0 2,1 Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-04-27). "Igrexa de Santa Maria de Xares na Veiga (Ourense)". Turgalicia. Consultado o 2022-08-19. 
  3. "Alfonso Ortega Prada. Memorias". Fundación Luis Tilve (en castelán). 2007-05-25. Consultado o 2022-08-19. 
  4. "Molinos Hidráulicos". www.xares.es (en castelán, galego, inglés, e francés). Consultado o 2022-08-19. 
  5. "Xares". EscapadaRural.com (en castelán). Consultado o 2022-08-19. 
  6. "El Ciervo de Xares en A Veiga". Ruralzoom (en castelán). Consultado o 2022-08-20. 
  7. "BOE.es - BOE-A-2021-14881 Resolución de 9 de septiembre de 2021, del Departamento de Gestión Tributaria de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se publica la revocación de números de identificación fiscal.". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2022-08-20. 
  8. Redacción (2017-01-29). "Las rutas del Xares - revistaiberica.com Viajes y Turismo". revistaiberica.com Viajes y turismo por España y Portugal (en castelán). Consultado o 2022-08-19. 
  9. "Xares-Morteira". Wikiloc - Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-08-18. 
  10. "Xares-Lagos e Pico de Ocelo". Wikiloc - Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-08-18. 
  11. "Ponte - Peña Trevinca (Circular)". Wikiloc - Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-08-18. 
  12. Company, The Geco. "Listado de Destinos Turísticos Starlight". Starlight Fundación (en castelán). Consultado o 2022-08-18. 
  13. "Fiestas populares". xares.es (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  14. "Recorrido en vídeo por Xares". www.xares.es (en castelán, gal, francés, e inglés). Consultado o 2022-08-20. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "Sede Electrónica del Catastro". sedecatastro.gob (en castelán). Consultado o 20/08/2022. 
  16. Algúns topónimos non están ben rexistrados no catastro como o caso do Porto do Rmo (en lugar de Río) ou Iglesia por Eirexa, e outros poden estar desprazados respecto do uso habitual, mais coinciden na súa esencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]