Parte do seu termo municipal atópase situado no Parque Natural do Lago de Seabra, un espazo natural protexido de grande atractivo turístico que conta co maior lago de orixe glaciar de España.
Está situado ao noroeste da provincia de Zamora, a 180km da capital. Está situado a 1.205 m de altitude, sendo o concello de maior altitude da provincia.
Atópase nun profundo val entre os cumios de La Cuesta e Tanxilde, ao norte do río Bibei, accidentada polas serras da Porpasa e Currais (na Serra Calva ou de Porto) e A Segundeira.
Porto posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,25% da poboación (5 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
O 26 de agosto de 2018, coincidindo coa maior feira de gando do ano, celebrouse unha consulta informal sobre a hipotética separación de Castela e León, coa intención de pasar a Galicia. Os veciños quéixanse do afastados que se atopan da capital zamorana, o uso da lingua galega pola maioría dos moradores e o abandono que, din, teñen dende a administración castelá. O resultado foi de 202 votos a prol da escisión, 19 en contra e 6 en branco. A consulta non se limitou ao censo senón que puido votar calquera que se achase nese momento na localidade[2][3].