Federación de Guerrillas de León-Galicia
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A Federación de Guerrillas de Galicia-León foi unha organización guerrilleira antifranquista, con carácter pluripartidista, aínda que con predominio de socialistas leoneses e asturianos, que agrupou a guerrilleiros anarquistas, comunistas e socialistas que operou na inmediata posguerra española.
A pesar de que grupos de guerrilleiros antifranquistas operaban na zona desde a caída da fronte norte en 1937, a Federación de Guerrillas de León-Galicia non se creou ata o 17 de xullo de 1942 con grupos de León, Ourense e Lugo, mediante unha reunión nos montes de Ferradillo (Montes Aquilanos), preto de Ponferrada, que fixou como obxectivos canalizar a loita contra o franquismo, non facer proselitismo de partido dentro da guerrilla, manter a democracia interna pero con obediencia aos superiores, e buscar o apoio da poboación. Elixiuse un comité director presidido polo socialista Marcelino Fernández Villanueva, co cenetista Marcelino de la Parra e o socialista César Ríos como axudantes. O obxectivo da Federación non era derrubar o franquismo mediante a loita armada, senón manter viva a chama da resistencia ata que se producise a intervención das potencias aliadas que todos daban por segura.
En abril de 1943 editaron o primeiro número de El Guerrillero, órgano de expresión da Federación, impreso clandestinamente en Santalla ([[O Bierzo ]]).
Ata 1944 a Federación de Guerrillas de León-Galicia mantívose illada dos partidos e sindicatos antifranquistas, tanto do interior como do exterior, creando a súa propia liña política. Deuse o paradoxo de que os principais dirixentes eran socialistas, a pesar de que o PSOE como tal non apoiaba a loita guerrilleira.
A Federación actuaba no oeste de León (O Bierzo, Laciana, Cabrera, Maragatería), norte de Zamora (Seabra), este de Ourense (Viana do Bolo, A Pobra de Trives, O Barco de Valdeorras) e sueste de Lugo (A Fonsagrada, Becerreá e Quiroga).
Desvinculados dos partidos e sen axuda externa, os guerrilleiros vivían do que lles daban os seus enlaces e, sobre todo, dos golpes económicos, executados sempre contra persoas afíns ao réxime franquista, e cuxo resultado destinábase normalmente á compra de armamento no mercado negro de Portugal. A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nas aldeas, e facía abundantes sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Juliá (coord.), Víctimas de la Guerra Civil, capítulo 4º, La escalada hacia el «trienio del terror» (1947-1949), Biblioteca Guerra Civil. Barcelona, 2005. ISBN 84-674-1746-3.
- Eduard Pons Prades. Guerrillas Españolas 1936-1960 . Editorial Planeta. Barcelona, 1977. ISBN 84-320-5634-0
- Santiago Macías, El monte o la muerte. Madrid: Temas de Hoy 2005 ISBN 84-8460-454-3
- Carlos G. Reigosa, La agonía del león. Alianza Editorial. 1995 ISBN 84-206-9435-5
- Carlos G. Reigosa, El regreso de los maquis. Ediciones Júcar. 1992 ISBN 84-334-8108-8
- Secundino Serrano, Maquis - Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy 2001 ISBN 84-8460-103-X
- Secundino Serrano, Crónica de los últimos guerrilleros leoneses 1947-1951. Ámbito 1989 ISBN 84-86770-13-0
- Secundino Serrano, La guerrilla antifranquista en León 1936-1951. Siglo XXI 1986 ISBN 84-323-0627-4
- Gabriel Ferreras Estrada, Memorias del Sargento Ferreras. D. Prov. de León 2002 ISBN 84-95702-15-0