Alfredo Yáñez Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Yáñez Domínguez
Biografía
NacementoXares, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Sernande, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAguirre
Quinito Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Alfredo Yáñez Domínguez, coñecido como Aguirre ou Quinito, nado en Xares (A Veiga) e finado en Felgueiras o 5 de novembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obreiro do ferrocarril, veciño de Corzos e afiliado á Sociedad Obrera y Campesina de Xares da UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte no outono de 1936 con Manuel Álvarez Arias. De seguida formou un grupo independente que tivo actividade na Cabreira, Ponferrada, Viana do Bolo, O Barco de Valdeorras e A Gudiña. O seu grupo foi acusado de cometer tres asasinatos entre 1936 e 1943. Un dos seus membros, Panarra, entregouse á Garda Civil na Gudiña en xuño de 1939 e outro, Serio, foi morto o 29 de setembro de 1941 durante un choque coa Garda Civil en Zamora. Foi xulgado en Ourense por asasinato e declarado en rebeldía. Despois formou parte do grupo de Domingo Rodríguez Rodríguez na serra dos Corzos, aínda que nunca gustou de adaptarse ás organizacións guerrilleiras. Morreu nun enfrontamento con axentes españois e portugueses en Sermande (Portugal) o 5 de novembro de 1947.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 142. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]