Robert Mugabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Mugabe
Robert Mugabe May 2015 (cropped).jpg
Nome completoRobert Gabriel Mugabe
Nacemento21 de febreiro de 1924
Lugar de nacementoKutama
Falecemento6 de setembro de 2019
Lugar de falecementoGleneagles Hospital
Causacancro
SoterradoKutama
NacionalidadeCimbabue
RelixiónIgrexa católica
Alma máterAchimota School, Universidade de Fort Hare, London School of Economics, Universidade de Oxford, Kutama College, Universidade de Suráfrica e University of London Worldwide
Ocupaciónpolítico
PaiGabriel Mugabe Matibiri
NaiAmai Bona Mugabe
CónxuxeGrace Mugabe e Sally Mugabe
FillosBona Mugabe, Chatunga Bellarmine Mugabe, Michael Nhamodzenyika Mugabe e Robert Peter Mugabe Jr.
IrmánsSabina Mugabe
PremiosPrêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Orde de José Martí, Order of Augusto César Sandino, U Thant Peace Award, Grand Cross of the Order of Good Hope, Ordre Agostinho Neto, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Ordem da Jamaica, Ordem da República da Sérvia, Order of Good Hope e Confucius Peace Prize
Na rede
WikiTree: Mugabe-1
Signature of Robert Mugabe clear.svg
editar datos en Wikidata ]

Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Cimbabue que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Cimbabue dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia ser reelixido para o cargo en varias ocasións, a oposición ten denunciado a existencia dunha violenta represión e múltiples fraudes electorais, as mais recentes en 2002 e 2008. Moitos medios de comunicación internacionais consideran a Mugabe un ditador no sentido contemporáneo do termo, e o principal responsable da profunda crise económica e humanitaria que padece Cimbabue, así como do masacre étnico que tivo lugar nos anos 80 sobre o pobo matabele e na que perderon a vida mais de 20.000 persoas.

En novembro de 2017 destituíu o seu vicepresidente, Emmerson Mnangagwa, que fuxiu a Suráfrica.[1][2] Pouco despois, o xeneral Constantino Chiwenga, apoiado por elementos das Forzas de Defensa de Cimbabue e membros da facción de Mnangagwa, coñecida como Lacoste, deu un golpe. Despois de perder o apoio do ZANU-PF, Mugabe dimitiu,[3] e Mnangagwa regresou a Cimbabue para asumir a presidencia.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zimbabwe's Ousted Vice President Flees After Death Threats". 8 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  2. "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.. 
  3. "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?" (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  4. "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.