Juvénal Habyarimana
Juvénal Habyarimana | |
---|---|
![]() | |
![]() 3º Presidente de Ruanda | |
Período | 5 de xullo de 1973 – 6 de abril de 1994 |
Antecesor | Grégoire Kayibanda |
Sucesor | Théodore Sindikubwabo |
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de marzo de 1937 |
Guisseni (província) | |
Falecemento | 6 de abril de 1994 |
Kigali | |
Organización | Movemento Republicano Nacional pola Democracia e o Desenvolvemento |
Cónxuxe | Agathe Habyarimana |
Alma máter | Universidade Lovanium |
Relixión | Cristianismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Juvénal Habyarimana, nado o 8 de marzo de 1937 e finado o 6 de abril de 1994, foi o terceiro Presidente da República de Ruanda dende 1973 ata 1994. Tiña por alcume "Kinani", unha verba ruanda que significa "invencible".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Habyarimana foi un líder ditatorial, sospeitoso de fraude electoral polas súas reeleccións sen oposición: 98,99% dos votos o 24 de decembro de 1978, 99,97% dos votos o 19 de decembro de 1983, e 99,98% dos votos o 19 de decembro de 1988.[1] Durante o seu mandato, Ruanda tivo un réxime totalitario no que as forzas do partido MRND instaban á xente a cantar e bailar para louvar ó Presidente en desfiles de masas de "animación" política.[1] Se ben o país no seu conxunto foi un pouco menos pobre durante o mandato de Habyarimana, a meirande parte dos ruandeses vivían en circunstancias de extrema pobreza.[1]
O 6 de abril de 1994 foi asasinado cando o seu avión, que tamén levaba ó Presidente de Burundi, Cyprien Ntaryamira, foi derribado preto do Aeroporto Internacional de Kigali. O seu asasinato foi a faísca que prendeu a violencia étnica e motivou o Xenocidio de Ruanda.
Predecesor: Grégoire Kayibanda |
![]() Presidente de Ruanda 1973 - 1994 |
Sucesor: Théodore Sindikubwabo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Philip Gourevitch (1998). We Wish to Inform You That Tomorrow We Will Be Killed With Our Families.